[go: up one dir, main page]

Cupresoideas

Dous cipreses (Cupressus sempervirens)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Cupressaceae
Subfamilia: Cupressoideae
Sweet, 1826
Xéneros
Véxase o texto

A das cupresoideas (Cupressoideae) é unha das sete subfamilias en que se divide a familia das cupresáceas (Cupressaceae).

Comprende once xéneros con numerosas especies, case todas nativas do hemisferio norte.

Distribución

editar

A subfamilia comprende once xéneros con numerosas especies propias do hemisferio norte, agás Juniperus procera, árbore que, aínda que orixinaria da península Arábiga (Arabia Saudita e o Iemen), a súa área de dispersión comprende o nordeste, leste, centro-oeste e sur da África tropical, encontrándose na República Democrática do Congo, Djibuti, Eritrea, Etiopía, Kenya, Malaui, Mozambique, Somalia, Sudán, Tanzania, Uganda, Zambia e Zimbabue.[1] sendo o único repesentante da subfamilia que se se encontra ao sur da liña ecuatorial.[2] [3] [4]

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A subfamilia foi descrita en 1826 polo botánico inglés Robert Sweet, na páxina 372 da súa obra Sweet’s Hortus Britannicus: or a catalogue of plants cultivated in the gardens of Great Britain, arranged in natural orders..., como Subordo Cupressinae (suborde das cupresinas), que posteriormente foi raclasificado como subfamilia.[5]

Xéneros

editar

A subfamilia das cupresoideas comprende once xéneros con especies actualmente viventes; destes, cinco son monotípicos (é dicir, inclúen a unha soa especie).[3]

Nota: Até hai pouco incluíase o xénero Callitropsis Oerst., 1864, actualmente reclasificado como Xanthocyparis Farjon & T. H. Nguyên, 2002.[11] Véxase Callitropsis e Xanthocyparis.

Galería de imaxes

editar
  1. Germplasm Resources Information Network (GRIN) (12 de agosto de 2010). "Juniperus procera, en Taxonomy for Plants". Beltsville, Maryland: United States Department of Agriculture (USDA), Agricultural Research Service (ARS), National Genetic Resources Program, National Germplasm Resources Laboratory. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2014. Consultado o 12 de decembro de 2017. 
  2. Farjon 2005.
  3. 3,0 3,1 Gadek et al. 2000.
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 Jagel & Dörken 2015.
  5. Taxaceae subfam. Cupressoideae Sweet no IPNI.
  6. Fokienia hodginsi na Lista vermella da UICN. Versión 2017-3.
  7. Fokienia hodginsii (Dunn) A. Henry & H. H. Thomas na GBIF.
  8. Microbiota decussata Komarov 1923 en The Gymnosperm Database.
  9. Platycladus orientalis <mall>(Linnaeus) Franco 1949</small en The Gymnosperm Database.
  10. Tetraclinis articulata (Vahl) Masters 1892 en The Gymnosperm Database.
  11. 11,0 11,1 Farjon et al. 2002.
  12. Little et al. 2004.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar