Pinales
Pinales | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Conos masculinos nunha póla de piñeiro | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Familias | |||||||||
Araucariaceae, familia das araucarias (41) |
A orde Pinales na división Pinophyta, clase Pinopsida comprende todas as coníferas actuais. Esta orde coñecíaee anteriormente coma Coniferales.[2]
A característica distintiva é a estrutura reprodutiva coñecida coma cono ou piña producido por todos os Pinales. Todas as coníferas actuais, coma os cedros, filocladus, alciprestes, abetos, xenebreiros, lárices, piñeiros, sequoias, piceas, e teixos inclúense aquí. Algunhas coníferas fósiles, porén, pertencen a ordes distintas dentro da división Pinophyta.
Os teixos separáranse anteriormente nunha orde propia diferente (Taxales), mais as probas xenéticas indicaron que estaban relacionados coas outras coníferas, polo que agora se inclúen en Pinales.
As familias incluídas son Araucariaceae, Cephalotaxaceae, Cupressaceae, Pinaceae, Podocarpaceae, Sciadopityaceae, e Taxaceae.[3]
Notas
editar- ↑ Christenhusz, Maarten J.M.; Reveal, James L.; Farjon, Aljos; Gardner, Martin F.; Mill, Robert R.; Chase, Mark W. (2011). "A new classification and linear sequence of extant gymnosperms" (PDF). Phytotaxa 19: 55–70.
- ↑ [1] Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine. Zip code Zoo
- ↑ [2] Wikispecies