Cedro de California
Cedro de California | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Calocedrus decurrens' (Torr.) Florin, Taxon, 5: 192, 1956 |
O cedro de California[1] Calocedrus decurrens, é unha conífera da familia Cupressaceae, do xénero Calocedrus. De orixe norteamericana, atopáse en Galiza coma ornamental.
Etimoloxía
editar- Calocedrus: procede do grego: καλλος, "callos", fermoso e de χέδρος, "cedros", o cedro, significando logo "cedro fermoso".
- decurrens: epíteto latino que ten o mesmo significado que "decorrente" -do cal deriva- aludindo ás "escamas" das follas que se recobren unhas ás outras.
Nota: malia o seu nome, a árbore só ten un afastado parentesco co xénero Cedrus, pois é un membro da familia Cupressaceae, pertencendo os cedros a Pinaceae. O único en común, logo, é pertenceren á orde botánica Pinales.
Descrición
editarÉ unha grande árbore, que acada tipicamente alturas de 40–60 m e un toro cun diámetro de até 3 m (máximo, 69 m de alto e 4,5 m de diámetro[2]), estreitamente cónico, de ramallada mesta. A casca é dunha cor parda alaranxada que co tempo se torna agrisada, macía ao principio e despois vai formando fendas e exfoliándose en longas fitas na parte baixa do toro nos exemplares máis vellos. Os acios das follas son aplanados en forma de abano. A follaxe é persistente, composta de follas en pseudoverticilos de 4, escuamiformes, de ápice agudo e incurvado, longamente decorrentes na base, de cor verde escura brillante e que teñen un recendo resinoso intenso e peculiar. A árbore é monoica, con flores masculinas de preto de 3 mm en grupos nos extremos das franzas, globulares e douradas con 3-5 sacos polínicos e con estróbilos femininos de 6 escamas: 2 estériles, 2 reducidas e 2 seminíferas. Ditos conos son pequenos (15–25 mm), estreitos, rematados en punta, e ovoides. Dunha cor verde intensa ao principio, estes conos tórnanse pardos na madureza (logo dun ano), ceibando 4 (ou menos) sementes alíferas cando abren.[3]
Distribución
editarNativo do oeste de América do Norte, estando o groso da súa área de distribución nos Estados Unidos, dende o centro-oeste de Oregón a través da maior parte de California e o extremo oeste de Nevada, e tamén no noroeste de México, na parte norte da Baixa California.
Medra desde os 50 deica os 2900 m de altitude, sendo a especie máis estendida do xénero.[3][4][5]
Usos
editarA madeira lixeira da árbore utilízase para a elaboración de lapis, en particular nos Estados Unidos onde é a principal materia prima para a súa fabricación, por mor a que é macía e tende a se aguzar de xeito doado sen formar achas ou estelas, ou en marquetaría. Tamén é unha árbore ornamental popular, valiosa pola súa resistencia á seca. A madeira é moi aprezada polos escultores. A súa casca pode se queimar coma incenso.
Árbore senlleira en Galiza
editarO cedro de California do Pazo de Torrecedeira en Redondela, figura no catálogo de árbores senlleiras de Galiza elaborado pola Xunta de Galicia.
Sinónimos
editarGalería de imaxes
editar-
Vista xeral dun exemplar mediano.
-
Unha póla "aplanada".
-
Folla e conos masculinos.
-
Póla con conos masculinos e femininos.
-
Cono feminino en frutificación incipiente.
-
Sementes alíferas inmaturas.
-
Conos femininos abertos in situ.
-
Conos e sementens maduros.
-
Froito chegado aberto con sementes alíferas in situ.
-
Sementes alíferas soltas.
-
Calocedrus decurrens
Notas
editar- ↑ Nome vulgar galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
- ↑ Gymnosperm Database: Calocedrus decurrens
- ↑ 3,0 3,1 Calocedrus decurrens en Flora of North America
- ↑ U.S. Forest Service Silvics Manual: Libocedrus decurrens Arquivado 26 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Farjon, A. (2005). Monograph of Cupressaceae and Sciadopitys. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 1-84246-068-4
- ↑ "Calocedrus decurrens en The Plant List". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2015. Consultado o 30 de abril de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cedro de California |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cedro de California |