[go: up one dir, main page]

Biblioteca Básica da Cultura Galega

colección literaria de Editorial Galaxia
(Redirección desde «BBdCG»)
Algunhas das cubertas da colección.

A Biblioteca Básica da Cultura Galega é un produto editorial formado por unha colección de cincuenta libros, en lingua galega, publicados dende 1982 pola Editorial Galaxia, co patrocinio das deputacións de Galicia.

Descrición

editar

Inda que o proxecto xa estaba moi avanzado cando Carlos Casares chegou á Galaxia, a selección de títulos fixérona el e Ramón Piñeiro, pretendendo que un público amplo coñecese as obras literarias de cabeceira de Galicia, por iso aparecen autores do Rexurdimento, da Xeración Nós, e tamén escritores consagrados do momento. A selección enriquecíase con manuais de historia da literatura, lingua, cultura popular, economía, socioloxía, antoloxías, escolmas e vocabularios, coma a gramática de Álvarez, Monteagudo e Regueira.[1]

Orixinalmente de encadernación rústica, en tapa branda ilustrada, o deseño das cubertas foi obra de Francisco Mantecón Rodríguez e Manuel Janeiro Casal

As temáticas tratadas son: Galicia; Cultura Histórica; Cultura Popular; Economía e Socioloxía; Galeguismo e Literatura.

Unha biblioteca basada nos feitos históricos, nos datos económicos, nas manifestacións estéticas e nas creacións populares da comunidade galega. Unha cultura cimentada na claridade e ao servicio de todos.[2]

Números, títulos e autores

editar

1: A xeografía: Augusto Pérez Alberti
1b: Xeografía humana: Xosé Manuel Souto González
2: A historia: Ramón Villares Paz
4: A arte: María del Carmen Pena López
5: Historia da literatura: Francisco Fernández del Riego
6: Ensaio histórico sobre a cultura galega: Otero Pedrayo
7: O segredo do humor: Celestino Fernández de la Vega
8: Galicia románica: I. G. Bango Torviso; trad.: Pepe Carballude
9: As peregrinacións xacobeas: Francisco Fernández del Riego
11: A casa: Xaquín Lorenzo Fernández
12: A terra: Xaquín Lorenzo Fernández
13: O mar e os ríos: Xaquín Lorenzo Fernández
14: Os oficios: Xaquín Lorenzo Fernández
15: Cancioneiro popular galego: Ramón Cabanillas
16: Refraneiro galego básico: Xesús Ferro Ruibal
17: Lendas galegas de tradición oral: X. M. González Reboredo
18: Contos populares: Maruxa Barrio e Enrique Harguindey
19: Cántigas populares: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina
20: Romarías e santuarios: Antonio Fraguas Fraguas
21: A cociña galega: Álvaro Cunqueiro
22: A Galicia campesina: Benxamín Casal
23: A Galicia mariñeira: Uxío Labarta Fernández
25: A emigración: Carlos Sixirei Paredes
26: Pensamento galeguista do século XIX: comp.: Fernández del Riego
27: Pensamento galeguista do século XX: comp.: Fernández del Riego
29: Cantares gallegos: Rosalía de Castro
30: Follas novas: Rosalía de Castro
31: Queixumes dos pinos: Eduardo Pondal
32: Aires da miña terra: Manuel Curros Enríquez
33: Antoloxía poética: Cabanillas ; limiar, selección e notas de Dónega
34: Do ermo: Antonio Noriega Varela
35: De catro a catro e outros poemas: Manoel Antonio
36: Obra completa: Luis Amado Carballo
37: Escolma poética: Valentín Lamas Carvajal
38: Sombra do aire na herba: Luís Pimentel
39: Escolma de poesía: Aquilino Iglesia Alvariño
40: Vilardevós. Silvio Santiago García
41: Narracións e outras prosas:[3] Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
42: O porco de pé. Vicente Martínez Risco
43: O fidalgo e outras narracións: Ramón Otero Pedrayo
44: Prosas galegas: Florentino López Cuevillas
45: A esmorga: Eduardo Blanco-Amor
46: Dos arquivos do trasno: Rafael Dieste Gonçalves
47: Escola de menciñeiros: Cunqueiro; prólogo de García-Sabell
48: Vocabulario galego-castelán: X. L. Franco Grande
49: Longa noite de pedra: Celso Emilio Ferreiro
50: Gramática galega: R. Álvarez, H. Monteagudo e X. L. Regueira

Edición de 1995

editar

En 1995, publicada conxuntamente por Galaxia e Ir Indo e patrocinada pola Compañía de Radio-Televisión de Galicia e Caixa Galicia, fíxose unha edición de luxo, encadernada en tapa dura, símil pel, co nome na portada de Biblioteca da Cultura Galega, na que o ordenamento e a selección de títulos variou levemente.[4]

  1. A xeografía: Augusto Pérez Alberti
  2. Xeografía humana: Xosé Manuel Souto González
  3. A historia: Ramón Villares Paz
  4. A arte: María del Carmen Pena López
  5. Historia da literatura: Francisco Fernández del Riego
  6. Ensaio histórico sobre a cultura galega: Otero Pedrayo
  7. O segredo do humor: Celestino Fernández de la Vega
  8. Filosofía da saudade: Ramón Piñeiro;
  9. A Galicia románica: Isidro. G. Bango Torviso; trad.: Pepe Carballude
  10. As peregrinacións xacobeas: Francisco Fernández del Riego
  11. A casa: Xaquín Lorenzo Fernández
  12. A terra: Xaquín Lorenzo Fernández
  13. O mar e os ríos: Xaquín Lorenzo Fernández
  14. Os oficios: Xaquín Lorenzo Fernández
  15. Cancioneiro popular galego: Ramón Cabanillas
  16. Refraneiro galego básico: Xesús Ferro Ruibal
  17. Lendas galegas de tradición oral: X. M. González Reboredo
  18. Contos populares: Maruxa Barrio e Enrique Harguindey
  19. Cántigas populares: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina
  20. Romarías e santuarios: Antonio Fraguas Fraguas
  21. A cociña galega: Álvaro Cunqueiro
  22. A Galicia campesina: Benxamín Casal
  23. A Galicia mariñeira: Uxío Labarta Fernández
  24. A Emigración: Carlos Sixirei Paredes
  25. Pensamento galeguista do século XIX: Fernández del Riego
  26. Pensamento galeguista do século XX: Fernández del Riego
  27. Antoloxía da poesía galega I: Landeira Yrago
  28. Antoloxía da poesía galega II : Fernandez del Riego
  29. Cantares gallegos: Rosalía de Castro
  30. Follas novas: Rosalía de Castro
  31. Queixumes dos pinos: Eduardo Pondal
  32. Aires da miña terra: Manuel Curros Enríquez
  33. Antoloxía poética: Ramón Cabanillas
  34. Do ermo: Antonio Noriega Varela
  35. De catro a catro e outros poemas: Manoel Antonio
  36. Obra completa: Luis Amado Carballo
  37. Escolma poética: Valentín Lamas Carvajal
  38. Sombra do aire na herba: Luís Pimentel
  39. Escolma de poesía: Aquilino Iglesia Alvariño
  40. Vilardevós: Silvio Santiago García
  41. Narracións e outras prosas:[3] Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
  42. O porco de pé. Vicente Martínez Risco
  43. O fidalgo e outras narracións: Ramón Otero Pedrayo
  44. Prosas galegas: Florentino López Cuevillas
  45. A esmorga: Eduardo Blanco-Amor
  46. Dos arquivos do trasno: Rafael Dieste Gonçalves
  47. Escola de menciñeiros: Cunqueiro; prólogo de García-Sabell
  48. A lus do candil: Anxel Fole
  49. Longa noite de pedra: Celso Emilio Ferreiro
  50. Gramática galega: R. Álvarez, H. Monteagudo e X. L. Regueira
  1. Villanueva Gesteira, María Dolores: "Casares e Galaxia, Casares en Galaxia" Arquivado 12 de xullo de 2016 en Wayback Machine., páxina 36 en Grial n.º 196, 2012.
  2. Contraportadas.
  3. 3,0 3,1 Narracións e outras prosas Inclúe: Un ollo de vidro, Retrincos, Os dous de sempre, Alba de gloria e outras prosas.
  4. Entrada "Biblioteca Básica da Cultura Galega" na EGU e no DEGU.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar