[go: up one dir, main page]

Proxecto

conxunto de actividades interrelacionas e coordinadas

Un proxecto é unha tarefa planificada que consiste nun conxunto de actividades que se atopan interrelacionadas e coordinadas; a razón dun proxecto é acadar obxectivos específicos dentro dos límites que impoñen un orzamento e un lapso de tempo previamente definidos.

Terminoloxía

editar

O termo "proxecto" pode referirse tanto á idea de algo que se pensa realizar e de como se pensa realizar, como á primeira redacción dun texto, ou ao conxunto dos planos e as explicacións relativas a cálculos, orzamentos etc., dunha obra de arquitectura ou enxeñaría.[1]

A xestión de proxectos é a aplicación de coñecementos, habilidades, ferramentas e técnicas ás actividades dun proxecto para satisfacer os requisitos do proxecto. Pode referirse a ámbitos diversos como á ciencia (por exemplo Proxecto Xenoma Humano), á tecnoloxía (p. ex. Proxecto Apollo), á literatura (como o proxecto Gutemberg) ou calquera outro eido.

Un termo vinculado e derivado é anteproxecto, referido ao estudo provisional dun proxecto, que serve de orientación antes de realizar o definitivo.[2] Ese termo está caendo en desuso no eido da xestión de proxectos, pero segue a ser habitual en arquitectura e administración pública (por exemplo anteproxecto de lei).[3][4]

Notas

  1. "proxecto". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-06-28. 
  2. "anteproxecto". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-06-28. 
  3. "Glosario de termos parlamentarios - Portal Conselleria3 - Liferay". Portal Conselleria3. Consultado o 2024-06-28. 
  4. "Anteproxecto de lei da ordenacion do litoral de Galicia". transparencia.xunta.gal. 

Véxase tamén

editar