[go: up one dir, main page]

Aquilino Iglesia Alvariño

escritor galego


Aquilino Iglesia Alvariño, nado na Pedrosa (Seivane de Vilarente, Abadín) o 12 de xuño[1] de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1961,[2] foi un profesor e escritor galego, un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega.[3] No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas[4].

Modelo:BiografíaAquilino Iglesia Alvariño

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1909 Editar o valor en Wikidata
A Pedrosa, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xullo de 1961 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, tradutor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosAquilino Iglesia Ferreirós Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX931482 BUSC: iglesia-alvarino-aquilino-1909-1961

Traxectoria

editar

Formouse no Seminario de Mondoñedo, mais en 1931 abandonou a carreira eclesiástica ao non acadar unha bolsa para continuar estudos en Roma. Logo de facer o servizo militar en Ferrol, en 1933 instalouse en Santiago de Compostela, onde traballou como corrector de probas para a Editorial Nós e como director do semanario A Nosa Terra, voceiro do Partido Galeguista. No verán dese mesmo ano é contratado polo colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa como profesor de latín, en substitución de Xosé Crecente Vega. Nesta vila recibiu clases de inglés do enxeñeiro Charles Lessner.

O 10 de marzo de 1938 casou coa catoirá Dolores Ferreirós, mestra no Carril, a quen coñecera en 1932 na voda de Jesús Garrido Álvarez. Tiveron tres fillos: Jaime (n. 1939), Aquilino (1941) e Manuel (1945).

En 1944 rematou a licenciatura de Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, e en 1949 aprobou as oposicións como catedrático de latín de Ensino Medio[5] e responsábel desta materia en institutos de Lugo e Pontevedra e máis tarde no Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. En 1949 leu o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, sobre a lingua literaria nos poetas do norte da provincia de Lugo[6].

En setembro de 1929 recibiu o seu primeiro premio literario por "Ofrenda lírica a una santa", un poema en castelán sobre Tareixa de Lisieux. Traduciu ao galego textos de autores clásicos grecolatinos como Horacio, Teócrito e Tibulo. A súa poesía inscríbese dentro da corrente iniciada por Noriega Varela que deu en chamarse humanismo paisaxista ou neovirxilianismo, compartida con autores coma Xosé María Díaz Castro ou Crecente Vega.

Na súa obra percíbese a pegada da poesía clásica, do saudosismo portugués e, en menor medida, do imaxinismo herdado de Luís Amado Carballo e do vangardismo de Manuel Antonio. Os temas recorrentes na súa poesía son a dor existencial e a paisaxe. Antes da guerra publicou Señardá (1930), poemario formado por 50 sonetos no que o tema principal é a dor;[4] e Corazón ao vento (1933) onde hai unha maior abertura ao vangardismo, tamén foi colaborador de A Nosa Terra, fundador da Renacencia e militante do Partido Galeguista.

Cando estoupou a guerra civil, Iglesia Alvariño compuxo o poemario de signo fascista en castelán Contra el ángel y la noche.[4] En 1947 aparece Cómaros Verdes, considerado o primeiro libro de poesía de entidade publicado en lingua galega tras a guerra, no que abandona a rima empregando preferentemente o hendecasílabo branco e se mergulla nun paisaxismo no que a saudade é un tema fundamental, mesturando hilozoísmo, neotrobadorismo e clasicismo formal.

En 1951 participou no certame de tradución que organizou a editorial Bibliófilos Gallegos, cunha versión das Carmina de Horacio que traduciu como Canciós. Non gañou o certame, se ben os vencedores (Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega, cunha tradución de poemas gaélicos que escolmara Julius Pokorny) non cumpriron as bases ao non traducir directamente da lingua orixinal, senón do alemán[7].

En Día a Día (1960) domina a actitude existencial con continuas referencias ao pasado e nun ton grave e reflexivo. Con Lanza de Soledá (1961, Premio Marina 1960) volve ao soneto e a temática céntrase na angustia humana no medio dunha "noite" simbólica na que a contraposición luz/sombra ten grande importancia. Nese mesmo ano publica tamén Nenias, poemas homenaxe a autores galegos e foráneos, modernos e antigos que van dende Catulo ata Rosalía de Castro. Postumamente editouse Leva o seu cantare (1963), que recolle poemas inéditos ou espallados por diversas publicacións.

Vida persoal

editar

Casou con Dolores Ferreirós e foi pai do historiador Aquilino Iglesia Ferreirós.[8]

Recoñecementos

editar
  • Premio Marina 1960 por Lanza de Soledá[9]
 
Cómaros verdes esta incluído na BG120.

Poesía

editar

Traducións

editar
  • Horacio, Carmina (Madrid: CSIC, 1950).
  • Plauto, A comedia da oliña (Vigo: Galaxia, 1962).

Ensaios

editar

Galería de imaxes

editar
  1. "O mundo das letras lembra a Aquilino Iglesia Alvariño no seu centenario" Arquivado 19/06/2009, en Wayback Machine., Ramón Loureiro en La Voz de Galicia, 10 de xuño de 2009.
  2. Rey Alvite (31 de xullo de 1961). "Ha fallecido Aquilino Iglesia Alvariño". La Noche. p. 1. 
  3. Varela Jácome, Benito et al.: "Iglesia Alvariño, Aquilino" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). Grupo El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Letras 1986: Aquilino Iglesia Alvariño". Real Academia Galega. 
  5. "Xerais publica unha monografía sobre Aquilino Iglesia Alvariño", El Progreso, 11 de xuño de 2009.
  6. 6,0 6,1 Iglesia Alvariño, A. (1964). A lengua dos poetas do Norte de Lugo. Real Academia Galega. 
  7. Alonso Montero, X. (2001): "A tradución galega, por Aquilino Iglesia Alvariño, das Odas de Horacio", en Soto Vázquez, A.: Insights into translation. A Coruña: Tórculo.
  8. Petit, Carlos (2021). "Aquilino Iglesia Ferreirós". Diccionario de Catedráticos Españoles de Derecho (1847-1984). 
  9. "Iglesia Alvariño recibió el premio de poesía "Marina 1960"". La Noche. 6 de xullo de 1961. p. 1. 
  10. Despois incluído na Biblioteca Galega 120.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar