Marcelino Calviño Pato
Marcelino Calviño Pato, nado en Santiago de Compostela cara a 1900 e finado na Coruña en 9 de marzo de 1938, foi un carpinteiro e sindicalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1900 Santiago de Compostela, España |
Morte | 9 de marzo de 1938 (37/38 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | carpinteiro, sindicalista |
Membro de | |
Traxectoria
editarInstalado na Coruña como carpinteiro. Membro da Sección de carpinteiros do ramo da construción da CNT e da FAI. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado e formou parte dunha rede clandestina de militantes confederais. Detido no verán de 1937, foi xulgado por rebelión militar o 30 de outubro xunto con José Brandariz Ramos, Jaime Baella Pérez, Ángel Fernández Fernández, Ricardo Martín González, Jesús López Casado, Felisardo Brandariz Souto, Manuel Lantes Fernández, Juan Aguiar Brandariz, Juan Couso Martín e Roberto Seoane Ferreiro,[1] e condenado a pena de morte. Foi fusilado o 9 de marzo de 1938 xunto con Cándido Sánchez Rodríguez, José Brandariz Ramos, Jaime Baella Pérez, Ángel Fernández Fernández, Ricardo Martín González, Jesús López Casado e Felisardo Brandariz Souto.[2][3]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández Prieto, Lourenzo; et al. (2011). A represión franquista na comarca da Coruña. Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. pp. 56–57. ISBN 978-84-8487-288-7.
- Grandío Seoane, Emilio (2001). Vixiancia e represión na Galicia da guerra civil: o "Informe Brandariz", (A Coruña, 1937). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-017-X.
- Lamela, Luis (2002). A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Do Castro. p. 144.