[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Menta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mentas (xénero Mentha)

Mentha spicata
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Lamiaceae
Subfamilia: Nepetoideae
Tribo: Mentheae
Xénero: Mentha
L.
Especies

Véxase no texto

Sinonimia

A menta[2] é calquera herba comestíbel pertencente ao xénero Mentha apreciada polo seu aroma refrescante e emprégase na cociña, na industria de produtos bucais e alimenticia en xeral. O consumo desta herba ou dos seus derivados produce unha sensación de frío na boca e as vías respiratorias. O seu aroma estimula o apetito.

A destilación da menta produce un aceite rico en menthol, substancia de valor comercial e moi utilizado na produción de alimentos (especialmente lambonadas), locións para afeitar, produtos bucais, perfumes etc.

Existe unha variedade de especies diferentes desta herba, como por exemplo:

Híbridos

[editar | editar a fonte]

Híbridos recoñecidos que se poden xerar polo cruzamento dalgunhas das especies:

  • Mentha × dalmatica (M. arvensis × M. longifolia)
  • Mentha × dumetorum (M. aquatica × M. longifolia)
  • Mentha × gracilis (M. arvensis × M. spicata) -
  • Mentha × maximilianea (M. aquatica × M. suaveolens)
  • Mentha × muelleriana (M. arvensis × M. suaveolens)
  • Mentha × piperita (M. aquatica × M. spicata)
  • Mentha × rotundifolia (M. longifolia × M. suaveolens)
  • Mentha x smithiana (M. aquatica × M. arvensis × M. spicata)
  • Mentha × verticillata (M. arvensis × M. aquatica)
  • Mentha × villosa (M. spicata × M. suaveolens; sin. M. cordifolia)
  • Mentha x villosonervata (M. longifolia × M. spicata).

Usos Culinarios

[editar | editar a fonte]

A menta emprégase principalmente en pratos doces e en repostaría, pero tamén se utiliza en pratos salgados. A parte utilizada desta planta é a folla, seca ou natural, que poden ser utilizadas directamente ou tras destilarse, en forma do aceite de menta.

Uso cosmético e medicinal

[editar | editar a fonte]

Efectiva en cosméticos cutáneos vigorizantes e tonificantes. Ten un efecto calmante en pernas e pés. Estimula a circulación e o sistema respiratorio. Baixa a febre, alivia mareos e náuseas. Debido ó seu alto contido en mentol alivia a fatiga mental, a tensión nerviosa e mellora a concentración. A infusión de menta é un potente diurético. Tamén axuda a facer a dixestión. Utilízase en produtos para despois de tomar o sol, enxaugaduras bucais, xampús anticaspa, locións e talco para pés.

Insecticida

[editar | editar a fonte]

É un repelente natural de insectos.

Etnografía

[editar | editar a fonte]

Eladio Rodríguez González, no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano[4], recolle o refrán a seguir, sobre as propiedades medicinais da menta:

Non sei que tèn a menta, que nunca mal senta.

  1. "Menta". Real Jardín Botánico de Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 6 de abril de 2010. 
  2. Nome vulgar galego recollido en varias fontes: Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009. Tamén en http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=hortel%E1&tipo_busca=lema
  3. Nome vulgar en galego en Guía de plantas medicinais de Galicia. Vigo, Galaxia, 1996 e "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991
  4. Diccionario enciclopédico gallego-castellano(1958-1961), Galaxia, Vigo