[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Yamoussoukro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaYamoussoukro
Imaxe

EpónimoReine Yamousso (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 6°48′58″N 5°16′27″O / 6.8161, -5.2742
EstadoCosta do Marfil
Distritos da Costa (pt) TraducirYamoussoukro Autonomous District (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación355.573 (2014) Editar o valor en Wikidata (101,59 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie3.500 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude214 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2CI-YM Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webyamoussoukro.district.ci Editar o valor en Wikidata

Yamoussoukro, é a capital administrativa de Costa do Marfil, que ten 100.000 habitantes. Está situada a 240 km ao norte de Abidjan, a antiga capital e a cidade máis importante do país.

Período colonial

[editar | editar a fonte]

A raíña Yamousso, protexida de Kouassi N'Go, gobernaba a aldea de N'Gokro durante a época da colonización francesa. Era un pequeno lugar de 475 habitantes e figuraba entre as 129 aldeas akué.

Foron acordadas relacións comerciais e diplomáticas cos franceses, mais en 1909, so a dirección do xefe de Djamlabo, os akué rebeláronse contra a administración colonial. O posto de Bonzi, a sete quilómetros de Yamoussoukro, na estrada Bouaflé, foi incendiado e o administrador francés, Simon Maurice, salvouse grazas á intervención de Kouassi N'Go. Este respectado ex-xefe persuadiu os akué para non desencadear unha guerra que podería acabar con desastrosas consecuencias.

Tras a volta á normalidade, Simon Maurice, xulgando que Bonzi se volvera insegura, decidiu trasladar o posto militar francés para N'Gokro, onde a administración colonial fixo construír unha pirámide en memoria de Kouassi N'Go, e, en homenaxe a Yamousso, N'Gokro foi rebautizada Yamoussoukro.

En 1919, Yamoussoukro estaba recuperada, e en 1939 Félix Houphouët-Boigny converteuse no xefe da localidade. Pasou, porén, un longo período no cal Yamoussoukro, apenas unha vila agrícola, permaneceu na sombra. Sería coa independencia do país cando Yamoussoukro comezou por fin a crecer.

Desde a independencia

[editar | editar a fonte]

Logo de 1964, o presidente Félix Houphouët-Boigny proxectou plans ambiciosos para a cidade que comezou a ampliar. En 1965, nun día posteriormente chamado a "Gran Lección de Yamoussoukro", visitou as plantacións cos líderes do país, convidándoos a concentrar na súa aldea os esforzos e os investimentos agrícolas da rexión. O 21 de xullo de 1977, Houphouët-Boigny ofreceu as súas plantacións ao Estado.

En marzo de 1983, Yamoussoukro converteuse na capital política e administrativa de Costa do Marfil, logo de que, no transcurso dun século, o foran Grand-Bassam (1893), Bingerville (1900) e mais Abidjan (1933). Porén a maior parte das actividades económicas seguen a desenvolverse aínda en Abidjan.

O 6 de novembro de 2004, o Aeroporto de Yamoussoukro foi atacado pola infantaría francesa, logo de que unha razzia aérea proveniente dese aeroporto bombardease os soldados da ONU, matando nove militares franceses e un civil estadounidense. No ataque francés ficou destruída a maior parte das forzas aéreas da nación. A multitude tentou logo, á súa vez, atacar as tropas francesas.

Sitios de interese

[editar | editar a fonte]

Yamoussoukro é sede do que vén sendo declarado como o lugar de culto cristián de maiores dimensións do planeta: a Basílica de Nosa Señora da Paz de Yamoussoukro, consagrada polo papa Xoán Paulo II o 10 de setembro de 1990.

Outros sitios de interese son a Diga Kossou, a Fundación Félix Houphouët-Boigny, a Casa del PDCI-GDR, as varias edificacións do Instituto Politécnico Félix Houphouët-Boigny, o aeroporto internacional (cunha media de 600 pasaxeiros e 36 voos en 1995, é o único aeroporto de África que podía recibir o Concorde), o Pazo Municipal, o Templo Protestante, a Mesquita e mais o Pazo dos Hóspedes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]