[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Banjul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBanjul
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 13°27′11″N 16°34′39″O / 13.4531, -16.5775
EstadoGambia Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación31.356 (2013) Editar o valor en Wikidata (2.570,16 hab./km²)
Lingua usadaGambian Wolof (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie12,2 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Gambia e Océano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude0 m Editar o valor en Wikidata
Creación1816 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2GM-B Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Banjul (a antiga Bathurst) é a capital de Gambia. Ten unha poboación de 34 125 habitantes (2007), aínda que coas zonas periféricas supera o medio millón (523 589 habitantes en 2003). Está situada sobre a illa de Banjul (antes illa de Saint Mary), no lugar onde o río Gambia desauga no océano Atlántico.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Banjul está localizada sobre unha illa areosa construída, ao longo do tempo, polos depósitos arrastrados polo río Gambia até a súa foz. A vexetación maior, espontánea, está constituída por baobabs e bambús.

Climograma de Banjul

O clima da cidade é de subtropical, con só unha estación chuviosa anual; as temperaturas son cálidas e estábeis ao longo de todo o ano. As medias mensuais non baixan dos 25 °C. O seu cálido clima durante todo o ano é debido ao deserto do Sáhara. O mes máis frío é agosto e o máis cálido é marzo.

Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Media anual
Media de máximas (°C) 31 32 34 33 32 32 30 29 31 32 32 31 31,5
Media de mínimas (°C) 15 16 17 18 19 23 23 23 23 22 18 16 19,4

No 1816, os británicos fundaron Banjul como un posto commercial e como base para suprimir o comercio de escravos. O 18 de febreiro de 1965, a cidade converteuse en capital do país trala declaración de independencia da República de Gambia. Foi chamada Bathurst in honra de Henry Bathurst, secretario do Despacho Colonial. En 1973 o nome foi africanizado como Banjul, que en mandé significa "illa dos bambús".

O 22 de xullo de 1994, Banjul foi escenario dun golpe de Estado militar no que o Presidente Dawda Jawara foi derrocado, e mudado polo aínda actual Presidente do país, Yahya Jammeh.

Economía

[editar | editar a fonte]

Banjul é a principal área urbana de Gambia, á par que é o centro económico e administrativo da nación. O traballo dos cacahuetes é a principal industria do país, e xunto con cera de abellas, madeira, aceite de palmeira e coiros, son os principais produtos que son exportados polo porto da capital.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  • Museo Nacional (National Museum), en Gloucester Street, expón coleccións sobre o período colonial e a historia recente de Gambia.
  • Mercado de Albert.
  • Casa Estatal
  • Casa da Xustiza
  • Dúas catedrais e varias mesquitas.
  • Arco 22, construído como un portal de entrada á cidade. O arco é de 35 metros de altura e o centro dunha praza.

Cidadáns notábeis

[editar | editar a fonte]

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]