Triticale
Triticale. | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Espigas | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Triticum aestivum' L. |
O triticale[1] é un cereal sintético que procede do cruzamento entre trigo e centeo.[2]
Nome científico
[editar | editar a fonte]×Triticosecale Wittm. ex A.Camus (sinónimo : ×Triticale Tscherm.-Seys. ex Müntzing) , familia das Poáceas, subfamilia Pooideae, tribo Triticeae.
Orixe
[editar | editar a fonte]O triticale é un cereal sintético, é dicir, que foi fabricado polo ser humano. Procede do cruzamento entre trigo e centeo. Considérase triticale tanto o centeo cruzado co trigo fariñeiro (brando), como o obtido por cruzamento co trigo duro, sendo os triticales comercializados hoxe en día procedentes deste último cruzamento.
Foi creado en laboratorio, a finais do século XIX, e en 1876 obtívose por vez primeira, porén era estéril, r para 1888 xa se obtivo fértil. Cultivouse por primeira vez en Escocia e en Suecia.
O interese do triticale consiste na posibilidade de reunir nunha mesma especie as características favorábeis tanto do trigo como do centeo.
Os estudos da mellora do triticale comezaron en México en 1962 polo Doutor Norman Borlaung que albiscou o potencial competitivo co trigo en ambientes e solos marxinais malia os precarios recursos xenéticos desta época como precocidade, fertilidade da espiga, bo enchido do gran e estabilidade xenética grazas á mellora xenética realizada en México por parte de investigadores durante máis de 40 anos, o triticale primaveral deixou de ser unha curiosidade científica e tornouse unha cultura competitiva neste país.
Tipos
[editar | editar a fonte]- Primarios: Obtidos directamente do cruzamento entre o trigo e o centeo. Actualmente non se cultivan porque son agronomicamente bastante pobres en canto a propiedades.
- Secundarios. Obtidos tras cruzar triticales primarios con trigos ou con outros triticales a fin de mellorar as súas características, xa que se deriva da combinación dun primario [o pobre] cun trigo así se fai unha mellora.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]En moitos aspectos a planta de triticale ten unha aparencia intermedia entre a planta do trigo e a do centeo, porén, polo xeral, aseméllase máis ao primeiro. Normalmente é máis alto ca o trigo, posúe follas máis grosas e grandes e as súas espigas son de gran lonxitude. O triticale presenta un gran vigor e a presenza de ceras epicuticulares e o seu xeito de cristalización fan que as plantas amosen unha cor verde-azulada que se maximiza pouco antes do espigado.
Fisioloxía e requirimentos ambientais
[editar | editar a fonte]Segundo as súas necesidades de frío para a diferenciación floral (vernalización) os triticales (o mesmo que o resto de cereais de inverno) pódense dividir en:
- Variedades de inverno: Necesitan pasar uns 60 días con temperaturas inferiores a 6 ⁰C. Acostúmanse sementar a mediados do outono.
- Variedades de primavera: Non precisan vernalización. Adóitanse sementar a finais do inverno.
- Variedades alternativas: presentan necesidades de frío intermedias.
O ciclo de cultivo é bastante longo (semellante ao do trigo), sendo especialmente longo o seu período de maduración. Este feito fai que a planta estea submetida a un gran risco de asurado, especialmente en situacións de altas temperaturas e escasa reserva hídrica no solo.
Estados fenolóxicos
[editar | editar a fonte]Un exemplo de escala para a descrición fenolóxica do triticale (coma cereal que é) é a escala decimal de Zadoks (1974). A escala BBCH é a máis axeitada no caso de realizar estudos científicos.
Requirimentos ambientais
[editar | editar a fonte]- Temperatura óptima de xerminación: 20 ⁰C
- Temperatura mínima de xerminación: 4 ⁰C
- Temperatura óptima para o crecemento: entre 10 e 24 ⁰C
- Temperatura mínima e máxima soportada: -10 ⁰C e 33 ⁰C
- Necesidades de auga: A maior parte da superficie cultivada no mundo localízase entre 350 e 900 mm anuais.
- Solo
- Textura: é un cultivo polo xeral adaptábel a distintos tipos de solo, tendo unha sensibilidade media a problemas de asolagamento e asfixia radicular.
- pH: non é moi esixente en canto ao pH do solo, preferindo solos cun pH lixeiramente acedo.
- Salinidade: Presenta unha tolerancia moderada, aínda que a planta é especialmente sensíbel na xerminación e en estado de plántula.
- Fotoperíodo: polo xeral pódese considerar o triticale como unha planta de día neutro, é dicir, sen necesidades específicas en canto á lonxitude do fotoperíodo.
- Vernalización: as necesidades de vernalización varían segundo as variedades. Necesitando máis horas de frío as variedades de inverno cás de primavera.
Distribución
[editar | editar a fonte]Non é un cultivo frecuente en Galiza. Na Península Ibérica abunda máis no suroeste.
Produción en t. Cifras 2004 e 2005 | |||||
Polonia | 3 723 271 | 27 % | 3 747 929 | 28 % | |
Alemaña | 3 290 000 | 24 % | 2 676 000 | 20 % | |
Francia | 1 833 600 | 13 % | 1 793 974 | 13 % | |
China | 750 000 | 5 % | 1 350 000 | 10 % | |
Belarús | 1 216 000 | 9 % | 1 121 000 | 8 % | |
Australia | 615 000 | 4 % | 675 000 | 5 % | |
Hungría | 622 296 | 4 % | 566 000 | 4 % | |
Suecia | 270 200 | 2 % | 271 500 | 2 % | |
República Checa | 305 396 | 2 % | 255 186 | 2 % | |
Lituania | 263 400 | 2 % | 201 100 | 1 % | |
Austria | 235 685 | 2 % | 198 468 | 1 % | |
Dinamarca | 159 500 | 1 % | 151 600 | 1 % | |
Outros países | 592 950 | 4 % | 495 369 | 4 % | |
Total | 13 877 298 | 100 % | 13 503 126 | 100 % |
Interese forraxeiro
[editar | editar a fonte]O triticale pode utilizarse tanto para gran como para forraxe en función do seu manexo e das variedades utilizadas xa que, aínda que en xeral todas desenvolven unha gran cantidade de biomasa, non todas teñen aptitudes forraxeiras. En canto ao seu uso forraxeiro, os seus rendementos, tanto en verde como en ensilaxe, poden superar aos do trigo, centeo, orxo ou avea.
En principio as variedades de inverno son máis axeitadas para o seu aproveitamento forraxeiro, xa que desenvolven maior cantidade de biomasa.
O triticale pode utilizarse coma forraxe, só ou mesturado con leguminosas, a fin de mellorar o seu perfil de aminoácidos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, Lugo, 2004
- ↑ Informacion Tecnologica 1998 pax 76 en Google Books.
- Royo 1992. El triticale. Mundi-Prensa
- López-Bellido, L. 1991, Cereales. Mundi-Prensa.
- Pereira-Crespo, S.; et al. (2010). "Variación del valor nutritivo de variedades de Triticale para forraje en función de la fecha de corte" (PDF). Pastos: fuente natural de energía. Congreso SEEP y 4ª Reunión Ibérica de Pastos y Forrajes, 3-6 maio 2010: 229–234. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de setembro de 2019. Consultado o 11 de maio de 2019.