Wolfgang von Trips
(1957) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1928 Colonia, Alemaña |
Morte | 10 de setembro de 1961 (33 anos) Circuíto de Monza, Italia |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Outro | |
Título | sen valor |
Premios | |
| |
Wolfgang Alexander Albert Eduard Maximilian Reichsgraf[1] Berghe von Trips, nado en Colonia o 4 de maio de 1928 e finado en Monza o 10 de setembro de 1961, foi un piloto alemán de Fórmula 1. Era fillo dunha nobre familia renana[2].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Participou en 29 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, debutou o 2 de setembro de 1956. Gañou dúas carreiras, fixo unha pole position, logrou seis podios, e anotou un total de 56 puntos no campionato.
O Gran Premio de Italia de 1961 o 10 de setembro podería ser a culminación da carreira de Von Trips, un terceiro posto sería suficiente para asegurar o Campionato Mundial de Pilotos ese ano. No Gran Premio de Italia en Monza, o seu Ferrari chocou coLotus de Jim Clark. O seu coche voou polo aire e estrelouse contra unha barreira lateral, lanzou fatalmente a von Trips do coche, e matou a quince espectadores.[3]
Clark describiu o accidente, dicindo:
"Von Trips e eu corriamos ao longo da recta e achegabámonos a unha das curvas peraltadas, a que está no extremo sur. Estabamos a uns 100 metros do inicio da curva. Von Trips corría cerca do interior da pista. Seguíao de cerca. Nun momento dado Von Trips desprazouse cara a un lado e as miñas rodas dianteiras chocaron coas súas rodas traseiras. Foi o momento fatal. O coche de Von Trips trompeou dúas veces e entrou no gardarail ao longo do interior da pista. Logo recuperouse, golpeou o meu propio coche e rebotou contra a multitude."
Von Trips estaba en camiño de converterse no primeiro alemán en gañar o Campionato Mundial de Fórmula 1. En 1961 von Trips montou unha pista de carreiras de karts en Kerpen, Alemaña. A pista foi logo arrendada a Rolf Schumacher, cuxos fillos, Michael e Ralf, deron as súas primeiras voltas alí. Coincidentemente, a vitoria de Michael no Gran Premio de Bélxica de 1992 sería o primeiro Gran Premio gañado por un alemán desde a última vitoria en Aintree de von Trips en 1961.
Que Wolfgang von Trips non se libraría do seu destino, é unha lenda urbana, o avión no que logo tiña previsto viaxar aos Estados Unidos estrelouse en Escocia.[4] Con todo, parecía estar gafado no Autodromo Nazionale de Monza, onde se estrelou no Gran Premio de Italia de 1956 e no Gran Premio de Italia de 1958, e resultou ferido en ambos eventos.
Resultado completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 10 | 11 | Pos | Puntos | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1956 | Scuderia Ferrari | Lancia-Ferrari D50 | Ferrari V8 | ARX |
MON |
500 |
BEL |
FRA |
RU |
ALE |
ITA NTS |
NC | 0 | |||
1957 | Scuderia Ferrari | Lancia-Ferrari D50A | Ferrari V8 | ARX 6 * |
14º | 4 | ||||||||||
Ferrari 801 | MON Ret † |
500 |
FRA |
RU |
ALE |
PES |
ITA 3 |
|||||||||
1958 | Scuderia Ferrari | Ferrari Dino 246 | Ferrari V6 | ARX |
MON Ret |
NED |
500 |
BEL |
FRA 3 |
RU Ret |
ALE 4 |
POR 5 |
ITA Ret |
MAR |
11º | 9 |
1959 | Dr Ing hcf Porsche KG | Porsche 718 F2 | Porsche Flat-4 | MON Ret |
500 |
NED |
FRA |
RU |
ALE NTS |
POR |
ITA |
NC | 0 | |||
Scuderia Ferrari | Ferrari Dino 246 | Ferrari V6 | USA 6 |
|||||||||||||
1960 | Scuderia Ferrari | Ferrari Dino 246 | Ferrari V6 | ARX 5 |
MON 8 |
500 |
NED 5 |
BEL Ret |
FRA 11 |
RU 6 |
POR 4 |
7º | 10 | |||
Ferrari Dino 246P F2 |
ITA 5 |
|||||||||||||||
Scuderia Centro Sud | Cooper T51 | Maserati 4 en liña |
USA 9 |
|||||||||||||
1961 | Scuderia Ferrari | Ferrari 156 | Ferrari V6 | MON 4 |
NED 1 |
BEL 2 |
FRA Ret |
RU 1 |
ALE 2 |
ITA Ret |
USA |
2º | 33 |
- * Indican unidade compartida con Cesare Perdisa e Peter Collins
- † Indican unidade compartida con Mike Hawthorn
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Graf é un título alemán, traducido como Conde
- ↑ "Von Trips, 11 Monza Fans Killed; Hill Wins", Los Angeles Times, 11 de setembro de 1961, Page C1.
- ↑ "Motorsport Memorial".
- ↑ "TAFFY The Story of Count Graf Berghe von Trips". researchracing. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 8 April 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- https://web.archive.org/web/20060622203505/http://www.automobil-rennsport-museum.de/
- Film - Wolfgang Graf Berghe von Trips zwischen Rittergut und Rennstrecke [1]