[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ralf Schumacher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRalf Schumacher

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Hürth, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCora Schumacher (2001–2015) Editar o valor en Wikidata
FillosDavid Schumacher Editar o valor en Wikidata
IrmánsMichael Schumacher Editar o valor en Wikidata

Páxina webralf-schumacher.de Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1788165 Instagram: ralfschumacher_rsc Editar o valor en Wikidata

Ralf Schumacher, nado en Hürth-Hermülheim o 30 de xuño de 1975, é un expiloto de Fórmula 1 alemán. É o irmán máis novo de Michael Schumacher, o sete veces campión do mundo deste deporte, son os únicos irmáns que gañaron carreiras de Fórmula Un.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Igual que Michael comezou a correr en kart dende moi pequeno á idade de tres anos en Kerpen, no kart-club onde o seu pai Rolf Schumacher traballaba no seu tempo libre e a súa nai Elisabeth estaba a cargo da cantina do kart-club, alcanzou o éxito cedo antes de pasar ás carreiras automobilísticas no campionato alemán da Fórmula tres e a serie da Fórmula Nippon. A súa primeira escudaría na Fórmula 1 foi Jordan Grand Prix na tempada 1997 de Fórmula Un. Schumacher cambiou ao equipo Williams F1 na tempada 1999 de Fórmula Un, terminando 6º no Campionato de Pilotos ese ano. Gañou o seu primeiro Gran Premio na Fórmula 1 en 2001, quedando no 4º lugar no Campionato de Pilotos, e posteriormente gañou cinco carreiras máis no transcurso de dous anos.

Schumacher deixou a Williams ao final da tempada de Fórmula 1 de 2004 e uniuse a Toyota Racing na tempada 2005 de Fórmula Un. Con todo, os seus resultados durante 2006 e 2007 fixeron que Schumacher abandonase a Fórmula Un como resultado da presión interna. Logo de deixar a Fórmula Un, Schumacher uniuse ao Deutsche Tourenwagen Masters en 2008, logrando un éxito menor, e retirouse das carreiras de motor a finais de 2012 para ter un papel de xerente dentro da DTM, como mentor de novos pilotos.

Inicios e carreira

[editar | editar a fonte]

Schumacher naceu o 30 de xuño de 1975 en Hürth, Renania do Norte-Westfalia, o segundo fillo de Rolf Schumacher, un albanel, e a súa esposa Elisabeth. Ten un irmán máis vello, Michael.[1] Schumacher comezou Karting á idade de tres anos conducindo na pista de karts dos seus pais en Kerpen. O seu primeiro grande éxito no karting produciuse cando logrou a Copa NRW e a Copa de Ouro en 1991. En 1992 gañou o Campionato Alemán de Kart Júnior. Logo trasladouse á categoría superior, terminando no segundo posto.

Con 17 anos Schumacher trasladouse ás carreiras de coches, terminando segundo no ADAC Júnior Fórmula Championship. Esta actuación permitiu a Schumacher probar un coche de Fórmula tres durante 1992, e máis tarde participou nunha carreira da Fórmula tres. As súas probas e única aparición na serie atraeron a atención de WTS Racing permitindo a Schumacher entrar no Campionato Alemán de Fórmula Tres en 1994, onde terminou terceiro. Terminou cuarto e trixésimo no Gran Premio de Macau de 1994 e no Masters de Fórmula 3 respectivamente.

As súas actuacións en 1995 melloraran con respecto ao ano anterior: Schumacher conseguiu a pole position e a vitoria en Macau e terminou segundo no Masters de Fórmula 3 de 1995. Na serie alemá da fórmula tres, Schumacher logrou tres vitorias e terminou en segundo lugar no campionato detrás de Norberto Fontana.[2]

En 1996, o representante de Schumacher, Willi Weber, aseguroulle un asento na tempada de 1996 da Fórmula Nippon, pilotando para o Team Le Mans xunto ao experimentado piloto Naoki Hattori. Schumacher gañou a serie no seu primeiro intento, converténdose no primeiro piloto novato en gañar o campionato.[1] No mesmo ano, Schumacher e Hattori entraron no Campionato de Grand Touring do Xapón, gañando catro carreiras e logrando o segundo lugar no Campionato GT500 detrás da parella David Brabham e John Nielsen.

Fórmula 1

[editar | editar a fonte]

O debut de Ralf na máxima categoría produciuse na tempada 1997 de Fórmula 1, con Jordan.[3] Xa na súa terceira carreira, en Arxentina, logrou acadar o podio e converteuse no piloto máis novo que o fixo ata entón. Na tempada 1999 partiu cara á escudaría Williams,[4] onde obtivo o sexto lugar no campionato de pilotos na súa primeira tempada.

A tempada 2000 considerouse por moitos como unha frustración importante na carreira de Ralf. O feito de utilizar motores BMW facía crer que se poderían acadar algunhas vitorias, pero os numerosos problemas mecánicos fixeron que apenas puidera igualar a súa marca de 3 podios da tempada anterior. Na tempada 2001, logrou tres vitorias en Imola, Montreal e Hockenheim.

Ralf Schumacher pilotando o Williams F1 no Gran Premio dos Estados Unidos do ano 2003.

Na tempada 2002 obtivo unha vitoria máis no Gran Premio de Malaisia, e na tempada 2003 acadou co Williams FW25 o máximo chanzo do podio en dúas ocasións (Nürburgring e Francia). Con estas últimas contribucións, colaborou para que Williams puidese alcanzar o segundo posto no campionato de construtores tanto en 2002 como en 2003.

O 20 de xuño de 2004, Ralf sufriu lesións ao accidentarse durante o Gran Premio dos Estados Unidos.[5] No accidente, o piloto viuse sometido a forzas da orde de 7,8 G, o cal fíxoo un dos máis intensos na historia do automobilismo. O piloto sufriu dúas fracturas menores na columna, e foi substituído polos pilotos Marc Gené primeiro, e Antônio Pizzonia despois. Volveu meses despois á competición para finalizar o seu contrato co equipo de Frank Williams.

En 2005, Ralf comezou unha nova era na súa carreira deportiva ao unirse ao equipo Toyota,[6] no que, ao longo dos seus tres anos de andaina na escudería xaponesa, obtivo tres podios como mellores resultados. Ao finalizar a tempada 2007, Ralf decidiu marchar de Toyota, aínda que non tiña moitas posibilidades de quedar no equipo.[7]

Rexistro de carreiras

[editar | editar a fonte]

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]
Tempada Series Equipo Carreiras Poles Gañados Puntos Pos. Final
1992 Fórmula BMW Júnior ? 10 ? ? 66
1993 Fórmula BMW Júnior ? ? ? ? ?
1994 German Formula Three Opel Team WTS 19 2 1 158
Gran Premio de Macau Mild Seven WTS Racing 1 0 0 N/A
Grand Premio de Mónaco de F3 Opel Team WTS 1 0 0 N/A 15º
Masters de Fórmula 3 WTS Motorsport 1 0 0 N/A 30º
1995 German Formula Three Opel Team Weber-Trella Stuttgart Racing 15 2 3 171
Gran Premio de Macau Mild Seven Opel Team WTS 1 1 1 N/A
Grand Premio de Mónaco de F3 Opel Team WTS 1 0 0 N/A
Masters de Fórmula 3 WTS Motorsport 1 1 0 N/A
1996 Formula Nippon X Japan Team Le Mans 10 2 3 40
All-Japan GT Championship Team Lark 6 4 3 60
1997 Fórmula 1 Benson & Hedges Jordan Peugeot 17 0 0 13 11º
FIA GT Championship AMG Mercedes 1 0 0 2 29º
1998 Fórmula 1 Benson & Hedges Jordan 16 0 0 14 10º
1999 Fórmula 1 Winfield Williams F1 Team 16 0 0 35
2000 Fórmula 1 BMW Williams F1 Team 17 0 0 24
2001 Fórmula 1 BMW Williams F1 Team 17 1 3 49
2002 Fórmula 1 BMW Williams F1 Team 17 0 1 42
2003 Fórmula 1 BMW Williams F1 Team 15 3 2 58
2004 Fórmula 1 BMW Williams F1 Team 12 1 0 24
2005 Fórmula 1 Panasonic Toyota Racing 18 1 0 45
2006 Fórmula 1 Panasonic Toyota Racing 18 0 0 20 10º
2007 Fórmula 1 Panasonic Toyota Racing 17 0 0 5 16º
2008 Deutsche Tourenwagen Masters Mücke Motorsport 11 0 0 3 14º
2009 Deutsche Tourenwagen Masters HWA Team 10 0 0 9 11º
2010 Deutsche Tourenwagen Masters HWA Team 11 1 0 3 14º
2011 Deutsche Tourenwagen Masters HWA Team 10 0 0 21
2012 Deutsche Tourenwagen Masters HWA Team 10 0 0 10 17º

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Pos. Puntos
1997 Benson & Hedges Total
Jordan Peugeot
Jordan 197 Peugeot A14 3.0 V10 AUS
Ret
BRA
Ret
ARX
3
SMR
Ret
MON
Ret
ESP
Ret
CAN
Ret
FRA
6
GBR
5
ALE
5
HUN
5
BEL
Ret
ITA
Ret
AUT
5
LUX
Ret
XPN
9
EUR
Ret
11º 13
1998 Benson & Hedges
Jordan
Jordan 198 Mugen-Honda MF-301
HC 3.0 V10
AUS
Ret
BRA
Ret
ARX
Ret
SMR
7
ESP
11
MON
Ret
CAN
Ret
FRA
16
GBR
6
AUT
5
ALE
6
HUN
9
BEL
2
ITA
3
LUX
Ret
XPN
Ret
10º 14
1999 Winfield Williams Williams FW21 Supertec FB01 3.0 V10 AUS
3
BRA
4
SMR
Ret
MON
Ret
ESP
5
CAN
4
FRA
4
GBR
3
AUT
Ret
ALE
4
HUN
9
BEL
5
ITA
2
EUR
4
MAL
Ret
XPN
5
35
2000 BMW WilliamsF1 Team Williams FW22 BMW E41 3.0 V10 AUS
3
BRA
5
SMR
Ret
GBR
4
ESP
4
EUR
Ret
MON
Ret
CAN
14
FRA
5
AUT
Ret
ALE
7
HUN
5
BEL
3
ITA
3
USA
Ret
XPN
Ret
MAL
Ret
24
2001 BMW WilliamsF1 Team Williams FW23 BMW P80 3.0 V10 AUS
Ret
MAL
5
BRA
Ret
SMR
1
ESP
Ret
AUT
Ret
MON
Ret
CAN
1
EUR
4
FRA
2
GBR
Ret
ALE
1
HUN
4
BEL
7
ITA
3
USA
Ret
XPN
6
49
2002 BMW WilliamsF1 Team Williams FW24 BMW P82 3.0 V10 AUS
Ret
MAL
1
BRA
2
SMR
3
ESP
11
AUT
4
MON
3
CAN
7
EUR
4
GBR
8
FRA
5
ALE
3
HUN
3
BEL
5
ITA
Ret
USA
16
XPN
11
42
2003 BMW WilliamsF1 Team Williams FW25 BMW P83 3.0 V10 AUS
8
MAL
4
BRA
7
SMR
4
ESP
5
AUT
6
MON
4
CAN
2
EUR
1
FRA
1
GBR
9
ALE
Ret
HUN
4
ITA
PO
USA
Ret
XPN
12
58
2004 BMW WilliamsF1 Team Williams FW26 BMW P84 3.0 V10 AUS
4
MAL
Ret
BHR
7
SMR
7
ESP
6
MON
10
EUR
Ret
CAN
DSC
USA
Ret
FRA GBR ALE HUN BEL ITA CHN
Ret
XPN
2
BRA
5
24
2005 Panasonic Toyota Racing Toyota TF105 Toyota RVX-05 3.0 V10 AUS
12
MAL
5
BHR
4
SMR
9
ESP
4
MON
6
EUR
Ret
CAN
6
USA
PO
FRA
7
GBR
8
ALE
6
HUN
3
TUR
12
ITA
6
BEL
7
BRA
8
45
Toyota TF105B XPN
8
CHN
3
2006 Panasonic Toyota Racing Toyota TF106 Toyota RVX-06 2.4 V8 BHR
14
MAL
8
AUS
3
SMR
9
EUR
Ret
ESP
Ret
10º 20
Toyota TF106B MON
8
GBR
Ret
CAN
Ret
USA
Ret
FRA
4
ALE
9
HUN
6
TUR
7
ITA
15
CHN
Ret
XPN
7
BRA
Ret
2007 Panasonic Toyota Racing Toyota TF107 Toyota RVX-07 2.4 V8 AUS
8
MAL
15
BHR
12
ESP
Ret
MON
16
CAN
8
USA
Ret
FRA
10
GBR
Ret
EUR
Ret
HUN
6
TUR
12
ITA
15
BEL
10
XPN
Ret
CHN
Ret
BRA
11
16 5
  1. 1,0 1,1 Wright, David (September 1999). "Ralf Schumacher: Coming Out of Michael's Shadow". Atlas F1. Haymarket Publications. Consultado o 28 de agosto de 2014. 
  2. "Ralf Schumacher". driverdb.com. Consultado o 31 de agosto de 2014. 
  3. "Schumacher, o máis rápido en Estoril" (PDF). Mundo Deportivo: 41. 21 de setembro de 1996. Jordan confirmou o fichaxe de Ralf Schumacher 
  4. "‘Schumi II’ vaise a Williams" (PDF). Mundo Deportivo: 35. 7 de setembro de 1998. 
  5. "Ralf crashes out, Montoya disqualified". Fórmula 1 (en inglés). 20 de xuño de 2004. 
  6. "Ralf Schumacher correrá con Toyota a próxima tempada". AS. 7 de xullo de 2004. 
  7. "Ralf Schumacher deixa Toyota sen ter destino". AS. 2 de outubro de 2007. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.