Ranavirus
Ranavirus | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Imaxe de microscopio electrónico de transmisión dos ranavirus (hexágonos negros) acumulados na beira da célula e abandonando a célula por evaxinación. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
especies | |||||||||||
|
Ranavirus é un xénero de virus da familia Iridoviridae.[1] Hai ademais outros catro xéneros de virus nesa familia, pero Ranavirus é o único que inclúe virus que son infecciosos para anfibios e réptiles. Adicionalmente, é un dos tres xéneros desta familia que infecta peixes teleósteos, xunto con Lymphocystivirus e Megalocytivirus.[2] A familia Iridoviridae é unha das cinco familias de virus de ADN grande nucleocitoplasmáticos.
Os Ranavirus foron illados por primeira vez na década de 1960 da ra Lithobates pipiens.[3][4][5]
Impacto ecolóxico
[editar | editar a fonte]Os Ranavirus, como o Megalocytivirus, son un grupo emerxente de virus de ADN bicatenario estreitamente relacionados que causan infeccións sistémicas nunha ampla variedade de peixes de auga salgada e doce silvestres e criados en piscifactoría. Igual que os Megalocytivirus, os gromos de Ranavirus teñen unha considerable importancia económica en acuicultura, como epizoóticos poden orixinar unha perda moderada de peixes ou episodios de mortaldade en masa en peixes de acicultura. Porén, a diferenza dos Megalocytivirus, as infeccións por Ranavirus en anfibios foron consideradas un factor que contribúe ao declive das poboacións de anfibios global. O impacto dos Ranavirus sobre as poboacións de anfibios foi comparada coa do fungo quitridio Batrachochytrium dendrobatidis, o axente causante da quitridiomicose.[6][7][8]
Evolución
[editar | editar a fonte]Os Ranavirus parece que evolucionaron a partir de virus de peixes que despois pasaron a infectar anfibios e réptiles.[9]
Hóspedes reptilianos
[editar | editar a fonte]Ademais de peixes e anfibios, varias especies de réptiles son afectados por Ranavirus, como:
- Pitóns Chondropython viridis[10]
- Tartarugas Geochelone platynota
- Tartaruga Geochelone pardalis[11]
- Tartarugas Gopherus polyphemus
- Lagarto Lacerta monticola[12]
- Tartarugas Terrapene carolina carolina[13]
- Tartarugas Terrapene carolina bauri
- Tartarugas Terrapene ornata[14]
- Tartarugas Testudo graeca[15]
- Tartarugas Testudo hermanni
- Tartarugas Testudo kleinmanni
- Tartarugas Testudo horsfieldii
- Tartarugas Testudo marginata
- Tartaruga Trachemys scripta elegans[14]
- Tartarugas Trionyx sinensis[16]
- Xecónido Uroplatus fimbriatus[17]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Grupo: ADN bicatenario (dsDNA)
- Familia: Iridoviridae
- Xénero: Ranavirus
- Virus de Ambystoma tigrinum (Ambystoma tigrinum virus)
- Iridovirus Bohle (Bohle iridovirus)
- Virus do sapo parteiro común (Common midwife toad virus)
- Virus da necrose hematopoética epizoótica (Epizootic haematopoietic necrosis virus)
- Virus do siluro europeo (European catfish virus)
- Virus da ra 3 (Frog virus 3)
- Ranavirus Santee-Cooper (Santee-Cooper ranavirus)
- Iridovirus do mero Singapore (Singapore grouper iridovirus)
A familia Iridoviridae está dividida en cinco xéneros, que son Chloriridovirus, Iridovirus, Lymphocystivirus, Megalocytivirus, e Ranavirus.[1] O xénero Ranavirus está composto por 6 especies virais recoñecidas, 3 das cales infectan anfibios, que son: virus de Ambystoma tigrinum (Ambystoma tigrinum virus, ATV), iridovirus Bohle (Bohle iridovirus BIV) e o virus da ra 3 (frog virus 3).[18]
Estrutura
[editar | editar a fonte]Os Ranavirus son grandes virus de ADN icosaédricos que miden aproximadamente 150 nm de diámetro cun gran xenoma dunha soa molécula de ADN bicatenario linear duns 105 kbp,[19] que codifica uns 100 produtos xénicos.[20] O principal compoñente estrutural da cápside proteica é a proteína maior da cápside (MCP).
Xénero | Estrutura | Simetría | Cápsida | Disposición xenómica | Segmentación xenómica |
---|---|---|---|---|---|
Ranavirus | Poliédrico | T=133 ou 147 | Linear | Monopartito |
Replicación
[editar | editar a fonte]A replicación ranaviral foi ben estudada usando a especie tipo do xénero, o virus da ra 3 (Frog virus 3, FV3).[18][19] A replicación do FV3 ocorre entre 12 e 32 graos Celsius.[20] Os Ranavirus entran na célula hóspede por endocitose mediada por receptor.[21] As partículas virais perden a cuberta e seguidamente desprázanse ao núcleo celular, onde empeza a replicación do ADN viral por medio dunha ADN polimerase codificada polo virus.[22] O ADN viral abandona despois o núcleo da célula e empeza a segunda fase da replicación do ADN no citoplasma, formando finalmente concatémeros de ADN.[22] O ADN viral é despois empaquetado en virións infecciosos.[18] O xenoma do Ranavirus, igual que outros xenomas iridovirais está permutado circularmente e presenta un ADN redundante terminalmente.[22]
Xénero | Hóspede | Tropismo de tecidos | Entrada | Liberación | Sitio de replicación | Sitio de ensamblaxe | Transmisión |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Ranavirus | Ras; serpes | Ningún | Endocitose mediada por receptor celular | Lise; evaxinación | Núcleo | Citoplasma | Contacto |
Transmisión
[editar | editar a fonte]A transmisión dos Ranavirus crese que ocorre por moitas rutas, incluíndo o solo contaminado, o contacto directo, a exposición á auga e a inxestión de tecidos infectados durante a predación, necrofaxia ou canibalismo.[4] Os Ranavirus son relativamente estables en ambientes acuáticos, e poden persistir varias semanas ou máis fóra dun organismo hóspede.[4]
Epizooloxía
[editar | editar a fonte]Informouse de episodios de mortalidade en masa de anfibios debido a Ranavirus en Asia, Europa, Norteamérica e Suramérica.[4] Os Ranavirus foron illados de poboaciósn silvestres de anfibios en Australia, mais non foron asociados coa mortalidade en masa nese continente.[4][23][24]
Patoxénese
[editar | editar a fonte]A síntese de proteínas virais empeza en cuestión de poucas horas despois da entrada viral na célula[20] e a necrose ou apoptose ocorre só unhas poucas horas despois da infección.[19][25]
Patoloxías principais
[editar | editar a fonte]As principais lesións asociadas coas infeccións de Ranavirus son eritemas, inchamento xeneralizado, hemorraxias, inchamento das extremidades e fígados inchados e fráxiles.[4]
Fontes de información
[editar | editar a fonte]Pode atoparse máis información sobre Ranavirus e outros patóxenos que impactan as poboacións de anfibios, como sobre quitridios Batrachochytrium dendrobatidis e Batrachochytrium salamandrivorans na páxina web do Southeast Partners in Amphibian and Reptile Conservation disease task team. [1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Iridoviridae". ICTV Online (10th) Report (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2020. Consultado o 13 de abril de 2019.
- ↑ Whittington, RJ; Becker, JA; Dennis, MM (2010). "Iridovirus infections in finfish – critical review with emphasis on ranaviruses". Journal of Fish Diseases 33 (2): 95–122. PMID 20050967. doi:10.1111/j.1365-2761.2009.01110.x.
- ↑ Granoff, A; Came, PE; Rafferty, KA (1965). "The isolation and properties of viruses from Rana pipiens: their possible relationship to the renal adenocarcinoma of the leopard frog". Annals of the New York Academy of Sciences 126 (1): 237–255. Bibcode:1965NYASA.126..237G. PMID 5220161. doi:10.1111/j.1749-6632.1965.tb14278.x.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gray, MJ; Miller, DL; Hoverman, JT (2009). "Ecology and pathology of amphibian ranaviruses". Diseases of Aquatic Organisms 87 (3): 243–266. PMID 20099417. doi:10.3354/dao02138.
- ↑ Rafferty, KA (1965). "The cultivation of inclusion-associated viruses from Lucke tumor frogs". Annals of the New York Academy of Sciences 126 (1): 3–21. Bibcode:1965NYASA.126....3R. PMID 5220167. doi:10.1111/j.1749-6632.1965.tb14266.x.
- ↑ Jancovich, James K; Mao, Jinghe; Chinchar, V.Gregory; Wyatt, Christopher; Case, Steven T; Kumar, Sudhir; Valente, Graziela; Subramanian, Sankar; Davidson, Elizabeth W; Collins, James P; Jacobs, Bertram L (2003). "Genomic sequence of a ranavirus (family Iridoviridae) associated with salamander mortalities in North America". Virology 316 (1): 90–103. PMID 14599794. doi:10.1016/j.virol.2003.08.001.
- ↑ Brunner, Jesse L.; Schock, Danna M.; Davidson, Elizabeth W.; Collins, James P. (2004). "Intraspecific Reservoirs: Complex Life History and the Persistence of a Lethal Ranavirus". Ecology 85 (2): 560. doi:10.1890/02-0374.
- ↑ Pearman, Peter B.; Garner, Trenton W. J. (2005). "Susceptibility of Italian agile frog populations to an emerging strain of Ranavirus parallels population genetic diversity". Ecology Letters 8 (4): 401. doi:10.1111/j.1461-0248.2005.00735.x.
- ↑ Jancovich, JK; Bremont, M; Touchman, JW; Jacobs, BL (2010). "Evidence for multiple recent host species shifts among the Ranaviruses (family Iridoviridae)". J Virol 84 (6): 2636–2647. PMC 2826071. PMID 20042506. doi:10.1128/JVI.01991-09.
- ↑ First identification of a ranavirus from green pythons (Chondropython viridis); Williamson; Coupar; Middleton; Hengstberger; Gould; Selleck; Wise; Kattenbelt; Cunningham; Lee (2002). "First identification of a ranavirus from green pythons (Chondropython viridis)". Journal of Wildlife Diseases 38 (2): 239–52. PMID 12038121. doi:10.7589/0090-3558-38.2.239.
- ↑ Benetka V. (2007). "First report of an iridovirus (genus Ranavirus) infection in a leopard tortoise (Geochelone pardalis pardalis)" (PDF). Vet Med Austria 94: 243–248. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de agosto de 2017. Consultado o 13 de abril de 2019.
- ↑ De Matos, A. P.; Caeiro, M. F.; Papp, T; Matos, B. A.; Correia, A. C.; Marschang, R. E. (2011). "New viruses from Lacerta monticola (Serra da Estrela, Portugal): Further evidence for a new group of nucleo-cytoplasmic large deoxyriboviruses (NCLDVs)". Microscopy and Microanalysis : The Official Journal of Microscopy Society of America, Microbeam Analysis Society, Microscopical Society of Canada 17 (1): 101–8. Bibcode:2011MiMic..17..101A. PMID 21138619. doi:10.1017/S143192761009433X.
- ↑ Mao, J; Hedrick, RP; Chinchar, VG (1997). "Molecular characterization, sequence analysis, and taxonomic position of newly isolated fish iridoviruses". Virology 229 (1): 212–220. PMID 9123863. doi:10.1006/viro.1996.8435.
- ↑ 14,0 14,1 Johnson, A. J.; Pessier, A. P.; Jacobson, E. R. (2007). "Experimental transmission and induction of ranaviral disease in Western Ornate box turtles (Terrapene ornata ornata) and red-eared sliders (Trachemys scripta elegans)". Veterinary Pathology 44 (3): 285–97. PMID 17491069. doi:10.1354/vp.44-3-285.
- ↑ Blahak S., Uhlenbrok C. "Ranavirus infections in European terrestrial tortoises in Germany". Proceedings of the 1st International Conference on Reptile and Amphibian Medicine; Munich, Germany. 4–7 March 2010; pp. 17–23
- ↑ Chen, Z. X.; Zheng, J. C.; Jiang, Y. L. (1999). "A new iridovirus isolated from soft-shelled turtle". Virus Research 63 (1–2): 147–51. PMID 10509727. doi:10.1016/S0168-1702(99)00069-6.
- ↑ Marschang, R. E.; Braun, S; Becher, P (2005). "Isolation of a ranavirus from a gecko (Uroplatus fimbriatus)". Journal of Zoo and Wildlife Medicine : Official Publication of the American Association of Zoo Veterinarians 36 (2): 295–300. JSTOR 20096453. PMID 17323572. doi:10.1638/04-008.1.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 Chinchar VG, Essbauer S, He JG, Hyatt A, Miyazaki T, Seligy V, Williams T (2005). "Family Iridoviridae" pp. 145–162 in Fauquet CM, Mayo MA, Maniloff J, Desselburger U, Ball LA (eds). Virus Taxonomy, Eighth report of the International Committee on Taxonomy of Viruses. Academic Press, San Diego, USA.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 Williams T, Barbosa-Solomieu V, Chinchar GD (2005). "A decade of advances in iridovirus research" 173-148. In Maramorosch K, Shatkin A (eds). Advances in virus research, Vol. 65 Academic Press, New York, USA.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 Chinchar, VG (2002). "Ranaviruses (family Iridoviridae) emerging cold-blooded killers". Archives of Virology 147 (3): 447–470. PMID 11958449. doi:10.1007/s007050200000.
- ↑ Eaton, Heather E.; Ring, Brooke A.; Brunetti, Craig R. (2010). "The genomic diversity and phylogenetic relationship in the family Iridoviridae". Viruses 2 (7): 1458–75. PMC 3185713. PMID 21994690. doi:10.3390/v2071458.
- ↑ 22,0 22,1 22,2 Goorha, R (1982). "Frog virus 3 DNA replication occurs in two stages". Journal of Virology 43 (2): 519–28. PMC 256155. PMID 7109033.
- ↑ Speare, R; Smith, JR (1992). "An iridovirus-like agent isolated from the ornate burrowing frog Limnodynastes ornatus in northern Australia". Diseases of Aquatic Organisms 14: 51–57. doi:10.3354/dao014051.
- ↑ Cullen, BR; Owens, L (2002). "Experimental challenge and clinical cases of Bohle iridovirus (BIV) in native Australian anurans". Diseases of Aquatic Organisms 49 (2): 83–92. PMID 12078986. doi:10.3354/dao049083.
- ↑ Chinchar, VG; Bryan, L; Wang, J; Long, S; Chinchar, GD (2003). "Induction of apoptosis in frog virus 3-infected cells". Virology 306 (2): 303–312. PMID 12642103. doi:10.1016/S0042-6822(02)00039-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ranavirus |