[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Necrose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A necrose é a morte celular traumática. Prodúcese cando os danos causados nunha célula son moi graves. Os primeiros indicios de lesión son alteracións no Retículo Endoplásmico, Mitocondria, Membrana plasmática e Núcleo. Cando se tinxen estas células aparece un citoplasma máis eosinófilo do habitual e alteracións xenómicas irreversibles. A cromatina pode condensarse (picnose), romper (cariorrexe) e disolverse (cariólise).

Existen varios tipos de necroses en función do tecido e axente causal:

  • Necrose coagulativa: é típica das lesións isquémicas, agás a isquemia cerebral.
  • Necrose licuefactiva: está producida ou ben por unha isquemia cerebral ou por unha infección por xermes pióxenos. A diferenza histolóxica entre ambos é que no segundo caso aparece un elevado número de neutrófilos. No caso da isquemia cerebral, pode haber unha reversión do absceso, quedando un pseudoquiste residual.
  • Necrose caseosa: deixa o tecido afecto cun aspecto cremoso, coma de queixo. É típica da tuberculose.
  • Necrose graxa: é un tipo de necrose no que se elimina moito tecido graxo, sobre o que se depositan despois sales de calcio. Aparece na pancreatite aguda.
  • Necrose gomosa: aparece un tecido degradado coma de caucho. Ocorre na sífilis.

Tras o proceso necrótico libéranse unha serie de substancias pro-inflamatorias, que xeran un proceso inflamatorio secundario á necrose. Os restos celulares son fagocitados polo sistema inmune. Tamén se incrementarán os niveis sanguíneos de GOT e LH, así como doutras substancias (TNF...)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Harrison, Principios de Medicina Interna
  • Alberts, Biología molecular de la célula