[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pirita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pirita
Macla de pirita cúbica
Fórmula químicaFeS2
ClaseSulfuros
Sistema cristalinoCúbico
CorAmarela latón
BrilloMetálico
Dureza6-6,5
FracturaConcoidea ou irregular
ExfoliaciónMoi imperfecta
RaiaVerde escura, parda negrúzca ou gris escura
Densidade5,02 g/cm3

A pirita (do grego pyros que significa lume) é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é FeS2 (contén un 53,4% de xofre e un 46,6% de ferro).

A pirita tamén foi chamada "o ouro dos parvos" ou "ouro dos tolos"[1] pola confusión á que leva o seu parecido con este metal. Atópase frecuentemente maciza, granulada, radiada, estalactítica e globular. Non é raro atopala na súa forma cristalina co seu típico aspecto cúbico (coas caras ás veces estriadas perpendicularmente) ou tamén en octaedros ou piritoedros (poliedros de 12, 16, 18 ou 20 caras) e a miúdo maclada.

Usos da pirita

[editar | editar a fonte]

A pirita utilízase como fonte importante de xofre, para a produción de ácido sulfúrico e sulfato ferroso.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

É insoluble en auga e magnética por quentamento. O osíxeno e a auga poden atacar á pirita dando comezo desta forma a un proceso chamado limonitización da pirita, formándose como resultado pirita limonitizada (ou simplemente limonita).

Lugares onde se atopa

[editar | editar a fonte]
Pirita provinte de Navajún, na Rioxa. A aresta do cubo maior mide 31mm

Atópase en xacementos intramagmáticos, en filóns hidrotermais e en xacementos sedimentarios e metamórficos. Asóciase con frecuencia coa esfarelita, co cuarzo, coa calcita, coa galena e coa calcopirita.

Un dos máis importantes xacementos de pirita en España é o de Navajún (A Rioxa) do que se obteñen piritas dunha grandísima perfección estética.

Outros sulfuros

[editar | editar a fonte]

Outros minerais nos que a presenza de xofre é destacada son:

A marcasita, a arsenopirita, a calcopirita, a pirrotina, a galena e o cinabrio.

Notas

  1. "Minerais; pirita". pt.geologyscience.com. Consultado o 22 de marzo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]