[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pierre Duhem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPierre Duhem

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1861 Editar o valor en Wikidata
2º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte14 de setembro de 1916 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Cabrespine, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio comunal de Cabrespine 43°21′38″N 2°27′41″L / 43.3605861, 2.461465 Editar o valor en Wikidata
Outros nomesCh. Clérice Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole Normale Supérieure
Collège Stanislas (París) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía da ciencia e epistemoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, matemático, filósofo da ciencia, químico, físico, profesor universitario, historiador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Bordeaux (pt) Traducir (1894–1916)
Universidade de Rennes (1893–1894)
Universidade de Lille (1887–1893) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
DoutorandoHenri Pélabon (en) Traducir, Albert Turpain e Paul Louis Saurel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosHélène Duhem Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.108) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX911645 Dialnet: 2615442

Pierre Maurice Marie Duhem (París, Francia, 10 de xuño de 1861 — Cabrespine, Francia, 14 de setembro de 1916) foi un físico e historiador e filósofo da ciencia francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pierre Duhem foi un dos fundadores da fisicoquímica, ademais de dedicarse á historia e á filosofía da ciencia. Exerceu como profesor de física teórica na Universidade de Bordeos.

Duhem foi o pioneiro dos estudos históricos acerca da ciencia medieval. Neste ámbito escribiu a súa monumental obra en 10 tomos O sistema do mundo, historia das doutrinas cosmolóxicas de Platón a Copérnico.

As teorías de Duhem estiveron influídas polo principio da economía de Ernst Mach, segundo o cal "a meta que se propuxo [a física] é a de ser a expresión dos feitos máis simple e económica" [1] en La théorie physique: son objet et sa structure.

A diferenza doutros historiadores (Voltaire e Condorcet, por exemplo), que desprezaban a Idade Media, tratou de demostrar que neda época a Igrexa Católica axudou á aparición da ciencia occidental e que foi un dos períodos máis frutíferos neste sentido.

O seu traballo neste campo foi impulsado orixinariamente polas súas investigacións nas orixes da estática, durante as que descubriu os traballos de matemáticos e filósofos medievais como Nicolao Oresme e Roger Bacon, cuxa sofisticación lle sorprendeu. A raíz destas investigacións considerounos como os fundadores da ciencia moderna, aducindo que anticiparon moitos descubrimentos de Galileo e outros pensadores posteriores. Duhem concluíu que "a mecánica e a física da que os tempos modernos están comprensibelmente orgullosos, proceden, mediante unha ininterrompida serie de melloras apenas perceptíbeis, das doutrinas que naceron no corazón das escolas medievais".[2]

En filosofía da ciencia coñécese sobre todo pola formulación da tese Duhem-Quine.

A primeira biografía ampla sobre Pierre Duhem é obra de Stanley Jaki. Foi publicada en 1984 pola Editorial Nijhoff da Haia.[3]

  • Les théories de la chaleur (1895)
  • Les théories électriques de J. Clerk Maxwell, París: Hermann, 1900.
  • Le mixte et la combinaison chimique. Essai sur l'évolution d'une idée (1902)
  • L'évolution de la mécanique (1902)
  • Les origines de la statique, 2 volumes, París, 1905, 1906.
  • Études sur Leonard de Vinci, ceux qu´il a lus et ceux qui l´ont lu, 3 volumes, París, 1906 a 1913.
  • Sozein ta phainomena. Essai sur la Notion de Théorie physique de Platon à Galilée (1908)
  • Traité de l'énergétique (1911)
  • Le système du monde. Histoire des doctrines cosmologiques de Platon à Copernic. 10 volumes (1913 a 1959)
  • Pierre Duhem (1987). Stanley L. Jaki, ed. Prémices Philosophiques. Brill. ISBN 9789004081178. 
  • Pierre Duhem (1994). Stanley L. Jaki, ed. Lettres de Pierre Duhem à sa fille Hélène. Editions Beauchesne. ISBN 9782701012971. 
  • Stanley L. Jaki (1991). Pierre Duhem: homme de science et de foi. Editions Beauchesne. ISBN 9782701012247. 
  1. Kockelmans, The Economical Nature of Physical Inquiry.
  2. Pierre Duhem, Les origines de la statique, vol. 1, páx. iv, Harvard University Press. páx. 38
  3. Jaki, S. L. (1984): Uneasy Genius. The Life and Work of Pierre Duhem. Nijhoff, Dordrecht.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Campos Gosálbez, Inma (1996): Metodología e historia en "La théorie physique" de Pierre Duhem. Valéncia: Universidade de Valencia. Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-370-5300-4
  • Jaki, Stanley L. (1996): La ciencia y la fe: Pierre Duhem. Encuentro Ediciones. ISBN 978-84-7490-401-7
  • Marcos, Alfredo (1988): Pierre Duhem: La Filosofía de la Ciencia en sus orígenes. Barcelona: Editorial P.P.U. (Universidad de Barcelona). ISBN 84-7665-223-2
  • Marcos, Alfredo (2007): "Pierre Duhem y el positivismo", en VV. AA. Foro de estudiantes sobre positivismo y ciencias sociales. Bogotá: Universidad Externado de Colombia ISBN 958-616-961-8, páxs. 65-84
  • VV. AA. (1991): Física y religión en perspectiva. Madrid: Ediciones Rialp. ISBN 978-84-321-2790-8

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]