Phengaris arion
Phengaris arion | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Phengaris arion, anverso y reverso. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A Phengaris arion é unha especie de bolboreta da familia Lycaenidae.[1] A especie foi descrita en 1758, posteriormente avistada en Gran Bretaña en 1795.[2] En 1979 a especie críase extinta en Gran Bretaña pero foi exitosamente reintroducida con novos métodos de conservación.[3] Actualmente a Phengaris arion está clasificada como "case ameazada" na lista vermella da IUCN de especies protexidas.[4] Hoxe P. arion pode ser atopada en Europa, Cáucaso, Armenia, oeste de Siberia, Altái, norte e oeste de Casaquistán e Sichuan.
Phengaris arion pode ser distinguida polos seus puntos negros únicos sobre as ás con azul no fondo.[5]
Phengaris arion é coñecida no campo da ecoloxía do comportamento pola súa relación parásita única coas formigas Myrmica, especificamente con Myrmica sabuleti.[2] A especie tamén se alimenta de tomiño e Origanum majorana como plantas nutricias en etapas temperás do seu ciclo de vida.[6]
Subespecies
[editar | editar a fonte]- P. a. arion Europa do leste, Siberia, Altái, Casaquistán ó noroeste
- P. a. delphinatus (Fruhstorfer, 1910) "Dauphine"
- P. a. zara Jachontov, 1935 Cáucaso, Armenia
- P. a. buholzeri Rezbanyai, 1978
- P. a. inferna Sibatani, Saigusa & Hirowatari, 1994 Sichuan
- † P. a. eutyphron Fruhstorfer, 1915
Descrición
[editar | editar a fonte]As eirugas miden uns 13 milímetros en lonxitude e poden vivir uns 9 meses antes de que formen crisálides e se convirtan en adultos; teñen unha envergadura duns 50 mm.[6]
Distribución
[editar | editar a fonte]A Phengaris arion atópase de costa a costa no Paleártico, pero está máis concentrada en áreas de Francia a China.
Hábitat
[editar | editar a fonte]O hábitat da Phengaris arion é en gran parte influído pola localización das súas fontes alimentarias. A especie require unha combinación de cantidades abundantes da súa planta nutricia, tomiño, e a presenza de formigas Myrmica para sobrevivir.
A bolboreta é máis abundante en pastos e áreas abandonadas de vexetación diversa e arbustos. Esta preferencia pode ser explicada ao examinar o resultado dunha paisaxe uniforme. Unha paisaxe que permanece igual no tempo sincroniza moito as actividades biolóxicas que inclúen na floración de plantas anfitrioas. Inflúen as datas de aparición do adulto, ou presións ás larvas nas colonias de formigas. Se as funcións biolóxicas importantes teñen lugar no mesmo tempo, a poboación devén moito máis, aínda que é susceptible a aleatorios e desafortunados acontecementos como desastres ambientais. Por iso actos na agricultura tradicional poden deixar de sincronizar o sistema biolóxico. As estruturas ecolóxicas diversas poden cambiar ou substituír microclimas que poden provocar un impacto enorme na supervivencia da bolboreta Phengaris arion.
Comportamento no niño anfitrión - estratexia "cuco"
[editar | editar a fonte]Mentres a maioría das eirugas de Phengaris compórtanse de modo parecido antes de ser introducidas no niño de formiga anfitrioa, unha vez adoptadas por unha especie de formiga anfitrioa, as bolboretas Phengaris arion adoptan unha de dúas estratexias. A primeira estratexia estudada, a máis coñecida, coñécese como a "estratexia do cuco". Esta estratexia foi estudada cumpridamente en P. rebeli e consta dunha interacción continua entre a eiruga de Phengaris e as formigas anfitrioas Myrmica. Unha vez no niño, a eiruga utiliza o mimetismo olfactorio para confundir ás formigas e esconder a súa identidade.
As larvas de Phengaris arion utilizan a estratexia do cuco coas formigas e continuamente desprenden un cheiro moi similar ao que emana a formiga raíña para ser alimentada, imita o son dunha raíña como para aumentar o seu rango dentro do formigueiro. Phengaris emprega a técnica do cuco para ser alimentada polas formigas que lle están dando tratamento preferente ás súas propias larvas, tal comportamento é unha estratexia tal que os membros do formigueiro, as súas formigas, serían capaces de matar ás súas propias larvas para alimentar á eiruga e chegado o caso, rescatarían primeiro á eiruga de Phengaris arion ante un suposto perigo.
Estratexia predadora
[editar | editar a fonte]A diferenza doutros membros do xénero Phengaris, a Phengaris arion, convértese en depredador unha vez no niño da formiga. Aliméntase das pupas de formiga mentres continúa actuando coma se fose unha formiga da especie Myrmica. Aínda que executen o mimetismo, os índices de mortalidade para as bolboretas dentro do niño é alto. Unha explicación é que cada especie de Phengaris relaciónase cunha determinada especie de Myrmica. Se as eirugas que están a ser adoptadas por unha especie de formiga ás que non lle é familiar descóbrea, a miúdo mátana e cómena.
Mesmo se están emparelladas co anfitrión correcto, moitas Phengaris arion non chegan a sobrevivir. Se o mimetismo non é perfecto e as formigas que a acollen sospeitan, a morte é altamente probable. Tamén en niños sen unha subministración abundante de alimentos é moito máis probable que sexan identificadas como intrusas.
Concluíuse que é máis probable que as eirugas das Phengaris arion sexan atacadas durante os primeiros dez días despois de ser adoptadas polas formigas anfitrioas; isto débese ao feito de que neste tempo as eirugas son máis grandes que o tamaño medio das larvas de formiga Myrmica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Monasterio León, Y. (Coord.) et al. 2017. Propuesta actualizada de nombres comunes en castellano para las mariposas de la península ibérica, Baleares y Canarias (Lepidoptera: Papilionoidea). Boletín de la Sociedad Entomológica Aragonesa (S.E.A.), nº 60: 463–483.
- ↑ 2,0 2,1 Eeles, Peter. "Large Blue". Consultado o 15 de novembro de 2013.
- ↑ "Large Blue (Phengaris (Maculinea) arion)". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2017. Consultado o 15 de novembro de 2013.
- ↑ "Phengaris arion". Consultado o 15 de novembro de 2013.
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Archived from the original on 03 de marzo de 2016. Consultado o 07 de setembro de 2023.
- ↑ 6,0 6,1 "Large Blue Butterflies".