[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Licénidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lycaenidae»)

Os licénidos (Lycaenidae) é a segunda familia máis numerosa de bolboretas despois dos ninfálidos, cunhas 6.000 especies de todo o mundo,[1] que constitúen arredor do 30% de todas as especies de bolboretas coñecidas.

A familia está dividida tradicionalmente nas sufamilias Polyommatinae, Lycaeninae, Theclinae e Miletinae; outros autores inclúen as Lipteninae, Liphyrinae, Curetinae e Poritiinae, e algunhas autoridades tamén inclúen a familia Riodinidae como subfamilia dentro de Lycaenidae.[2]

Os adultos son pequenos, de menos de 5 cm normalmente, e de rechamantes cores, ás veces con brillo metálico.

As larvas están a miúdo aplanadas en vez de ter forma cilíndrica, e teñen glándulas que producen secrecións que atraen e dominan as formigas. As súas cutículas tenden a estar engrosadas. Algunhas larvas poden producir vibracións e sons que se transmiten polos substratos nos que viven. Usan estes sons para comunicarse coas formigas.[3][4]

Os individuos adultos adoitan ter colas pelosas similares a antenas e pintas brancas e negras. Moitas especies teñen tamén unha mancha na base da cola e algunhas xíranse ao pousarse para confundir a potenciais predadores e evitar que recoñezan a verdadeira orientación da cabeza.[5]

Características

[editar | editar a fonte]
  • cara superior das ás frecuentemente de cores brillantes, debido á presenza de escamas iridescentes. Cara inferior de cores crípticas, é dicir, que se confunden co medio que os rodea.

  • patas anteriores dos machos reducidas a un único segmento tarsal, sen garras tarsais.
  • antenas cun último segmento xeralmente branco ou de cor clara.
  • ollos frecuentemente beireados por unha liña de escamas brancas .
  • vea humeral (=precostal) ausente nas ás posteriores.
  • as eirugas son curtas e semellan lesmas. Son, frecuentemente, mirmecófilas, e segregan dunhas glándulas abdominais que teñen sobre o dorso un néctar moi aprezado polas formigas.
  • moitas teñen unha ou varias pequenas colas filamentosas na á posterior que parecen antenas. Isto sérvelles para confundir os depredadores.

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]
Formiga coidadndo unha larva de licénido.

Os licénidos son moi diversos en canto aos seus hábitos de alimentación e ademais de comeren plantas, algúns comen insectos como áfidos, cocoideos e larvas de formigas. Algúns licénidos aproveitan a súa asociación coas formigas inducindo a estas a alimentalas por regurxitación, un proceso chamado trofalaxia. Non todas as bolboretas licénidas necesitan as formigas, pero un 75% das especies asócianse con elas,[3] unha relación chamada mirmecofilia. Estas asociacions poden ser mutualistas, prasitas ou predadoras dependendo da especie.

Nalgunhas especies as larvas da bolboreta son coidadas e protexidas polas formigas mentres están comendo a planta hóspede, e as formigas reciben delas en troco secrecións ricas en azucres, durante a vida larvaria e nalgunhas especies durante o estadio de pupa. Outras especies só pasan uns poucos ínstares larvarios iniciais nas plantas e o resto da súa vida larvaria funcionan como predadores dentro dos formigueiros. Convértense en parasitas que se alimentan das regurxitacións das formigas, ou en predadores que comen as larvas das formigas.[3] As eirugas pupan dentro de formigueiros e as formigas coidan as pupas. Antes de que emerxa o adulto da pupa as ás da bolboreta dentro do casulo pupal sepáranse del e a pupa faise prateada. A bolboreta adulta sae da pupa pasadas tres ou catro semanas, aínda dentro do formigueiro. A bolboreta debe saír fóra do formigueiro para poder estirar as ás.

Estas asociacións son posibles grazas a varias adaptacións evolutivas e entre elas están a posesión de pequenas glándulas da pel especiais nas eirugas. As eirugas de moitas especies, agás as Riodininae, teñen unha glándula no sétimo segmento abdominal que produce unha secreción doce chamada "glándula nectario dorsal" (ou "glándula de Newcomer"). Un órgano eversible chamado "órgano tentacular" está presente no oitavo segmento abdominal (terceiro segmento do tórax en Riodininae), que é cilíndrico e na parte superior ten un anel de pinchos e emite sinais químicos que se cre axudan a comunicarse coas formigas.[6]

Subfamilias

[editar | editar a fonte]
Apareamento de P. semiargus.
Eiruga de Eumaeus atala.
Amblypodia anita dos Theclinae.

Moitos taxónomos inclúen dentro de Lycenidae só as subfamilias Lycaeninae, Theclinae, Polyommatinae, Poritiinae, Miletinae e Curetinae.[7][8]

A tribo Aphnaeini da subfamilia Theclinae, que comprende o xénero Chrysoritis, é ás veces considerada unha subfamilia separada.[7]

Unhas poucas autoridades aínda inclúen a familia Riodinidae dentro de Lycaenidae. A antiga subfamilia monotípica Styginae representada por Styx infernalis dos Andes peruanos foi situada na subfamilia Euselasiinae[9] da familia Riodinidae.[10]

Outras clasificacións inclúen tamén as Riodininae (por exemplo, Abisara echerius).[2]

Curetinae

Poritiinae

Pentilini

Liptenini

Poritiini

Miletinae

Lacnocnemini

Liphyrini

Miletini

Spalgini

Lycaeninae

Aphnaeini

Lycaenini

Polyommatini

Theclini

Filoxenia da familia[10]

O xénero fósil Lithodryas é xeralmente (pero non sempre) situado aquí; Lithopsyche sitúase ás veces aquí pero ás veces nas Riodininae.

  1. Naomi E. Pierce, Michae, F. Braby, Alan Heath, David J. Lohman, John Mathew, Douglas B. Rand, Mark A. THE ECOLOGY AND EVOLUTION OF ANT ASSOCIATION IN THE LYCAENIDAE (LEPIDOPTERA) 47(1):259-267 [1]
  2. 2,0 2,1 Scoble, MJ. 1992. The Lepidoptera: Form, Function and Diversity. Oxford University Press. ISBN 0-19-854952-0
  3. 3,0 3,1 3,2 Pierce NE, Braby MF, Heath A, Lohman DJ, Mathew J, Rand DB, Travassos MA. 2002. The ecology and evolution of ant association in the Lycaenidae (Lepidoptera.) Annual Review of Entomology 47: 733-771. PDF Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
  4. DeVries, Philip J. 1992. Singing Caterpillars, Ants and Symbiosis. Scientific American, 267:76
  5. Robbins, Robert K. 1981 The "False Head" Hypothesis: Predation and Wing Pattern Variation of Lycaenid Butterflies. American Naturalist, 118(5):770-775
  6. Australian Museum factsheets Accessed 4 November 2010 on the Wayback Machine.
  7. 7,0 7,1 Brower, Andrew V. Z. 2008. Lycaenidae. Version 25 April 2008 (temporary). [2] Arquivado 01 de maio de 2021 en Wayback Machine. en The Tree of Life Web Project, [3]
  8. Ackery, P. R., R. de Jong, and R. I. Vane-Wright. 1999. The butterflies: Hedyloidea, Hesperioidea, and Papilionoidea. Páxinas 264-300 in: Lepidoptera: Moths and Butterflies. 1. Evolution, Systematics, and Biogeography. Handbook of Zoology Vol. IV, Part 35. N. P. Kristensen, ed. De Gruyter, Berlin and New York.
  9. Hall J.P.W. & Harvey DJ. (2002) A survey of androconial organs in the Riodinidae (Lepidoptera). Zoological Journal of the Linnean Society, 136:171-197
  10. 10,0 10,1 Brower, Andrew V. Z. 2007. Riodinidae Grote 1895. Metalmarks, Erycinidae Swainson 1827 (ver sección de nomenclatura). Versión do 19 de maio de 2007 [4] Arquivado 12 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en The Tree of Life Web Project, [5]
  11. [6], Sitio de Markku Savela
  12. [7], Sitio de Markku Savela

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Charles A. Bridges, 1994. Catalogue of the family-group, genus-group and species-group names of the Riodinidae & Lycaenidae (Lepidoptera) of the world Urbana, Ill. :C.A. Bridges pdf
  • Eliot, J.N.1973 The higher classification of the Lycaenidae] (Lepidoptera): a tentative arrangement. Bulletin of the British Museum (Natural History), entomology, 28: 371-505. 1973: [8]
  • Glassberg, Jeffrey Butterflies through Binoculars, The West (2001)
  • Guppy, Crispin S. and Shepard, Jon H. Butterflies of British Columbia (2001)
  • James, David G. and Nunnallee, David Life Histories of Cascadia Butterflies (2011)
  • Pelham, Jonathan Catalogue of the Butterflies of the United States and Canada (2008)
  • Pyle, Robert Michael The Butterflies of Cascadia (2002)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]