[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Petín

Modelo:Xeografía políticaPetín
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°22′56″N 7°07′33″O / 42.382222222222, -7.1258333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalPetín Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación875 (2023) Editar o valor en Wikidata (28,69 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie30,5 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Sil Editar o valor en Wikidata
Altitude300 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataRaquel Bautista Carballo (2019–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Petín Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32060 Editar o valor en Wikidata

BNE: XX454948

Petín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. A súa poboación en 2022 era de 883 persoas, segundo o padrón municipal de habitantes (1.099 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «petinés».

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Abarca unha superficie de 30,47 km². Limita ao norte cos concellos da Rúa e Vilamartín de Valdeorras, ao leste co Barco de Valdeorras, ao sur co Bolo e A Veiga e ao oeste con Larouco.

Sitúase no val do río Sil, ao pé da serra do Eixe. A zona repártese entre os climas oceánico mediterráneo e oceánico atlántico de transición. A temperatura media anual é de 15,6 °C, e as precipitacións de 763 mm, cunha distribución estacional que provoca unha acusada seca estival. O punto de maior altitude é o cumio da Pena, de 1.378 m.

Está comunicada polas estradas N-120 (Vigo-Logroño) e OU-533 (Viana do Bolo-A Gudiña), e pola vía férrea Palencia-A Coruña.

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo Total (Habitantes) 961 (2014)
Menores de 15 anos 81 (8.43 %)
Entre 15 e 64 anos 599 (62.33 %)
Maiores de 65 anos 281 (29.24 %)
Evolución da poboación de Petín   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
2.568 2.887 2.669 1.817 1.095 1.030
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Miliario atopado en Petín.

A historia coñecida do concello comeza co poboamento do pobo castrexo dos Cigurris ou Gigurris. A súa riqueza mineira, principalmente aurífera, atraeu os romanos, que dominaron aos anteriores poboadores, romanizando os seus castros a partir do século I a. C.

A orixe do topónimo esperta debate. Uns historiadores[quen?] defenden a base no étimo Petinius, posible xerarca romano. Outros[quen?] relaciónano con Pilon ou "pedra cravada", debido aos miliarios da Vía Nova. En 2022 atopouse un miliario xunto á ponte da Cigarrosa.[1].

Coa chegada dos pobos xermánicos á Gallaecia a principios do século V chegou a cristianización da zona, se ben non quedan moitos vestixios nin dos suevos nin dos visigodos. Nesa época formou parte da diocese de Ourense, se ben trala breve ocupación islámica pasaron á diocese de Astorga.

A existencia de Petín documéntase por primeira vez, xunto coa do lugar de Santoalla, nun documento do ano 953 pertencente ao Tombo de Celanova[2].

O sistema feudal estivo presenta a través da familia Froilaz, e posteriormente dos Castro, condes de Lemos. No século XIV, trala guerra civil entre Pedro I e o seu medio irmán Henrique, gañada por este último, Valdeorras pasa, durante uns poucos anos, a mans dun nobre que vendería esta xurisdición aos Sarmiento, condes de Ribadavia.

Guerra da independencia

[editar | editar a fonte]

A Guerra da Independencia Española tivo certa relevancia en Valdeorras. Entre o 1 e o 14 de xaneiro de 1809 as tropas inglesas mandadas por Crawford e Von Alten, seguidas polas españolas mandadas polo Marqués de la Romana, pasaran cara ao interior de Galiza fuxindo da persecución das tropas francesas. Do 15 de xaneiro ao 1 de febreiro algunhas tropas francesas mandadas polo xeneral Marchand atravesaron a comarca en persecución das do Marqués de la Romana. O groso do exército francés que invadiu Galicia seguiu o camiño francés que facían os peregrinos para chegar a Santiago de Compostela. Os valdeorreses alzáronse contra os franceses, e producíronse as primeiras accións guerrilleiras sobre convois e escuadróns franceses. Na ponte de Petín tiveron certa relevancia as mozas, que protagonizaron unha valorosa acción, xa que foron elas, as que acoitelaron aos soldados franceses coa maior bravura, durante todo un día dende as nove da mañá ata o escurecer causándolles moitas perdas. En xuño produciuse a fuxida e retirada das tropas francesas mandadas polo Xeneral Soult, saqueando e incendiando reiteradamente. As tropas francesas foron acosadas polos paisanos nos cóbados e nas revoltas do río Bibei, recuperando o botín de armas, cabalos e maletas.

O Xeneral Soult ordenou unha dura represalia, executándoa Loison e Delaborde. Na Rúa acamparon xunto á ermida de San Roque durante oito días, e dende aquí organizaron correrías de castigo e o saqueo das parroquias de Mones, Santa María de Mones, San Paio e a casa do Mancebo de Outeiro, onde un criado aparentando ser tolo, emborrachou aos soldados franceses e apoderouse dos seus documentos. Os paisanos que permanecían á esculca caeron inesperadamente sobre eles causando unha gran carnizaría. Os franceses acabaron queimando 43 casas en Petín. As represalias saldáronse coa morte de moitos valdeorreses, pero non foi indiscriminada xa que entre os mortos non figuraban nenos.

As accións de guerra en Valdeorras non foron protagonizadas por un exército regular español, senón polos paisanos impulsados polos membros do baixo clero secular valdeorrés, destacando Xosé Ramón Quiroga Uria, abade de Casoio convertido no comandante da guerrilla popular. As deficientes condicións de vida en xeral agravadas polas tropas francesas puido ser a causa de tan alta mortalidade, pois unha das consecuencias da guerra foi o aumento da pobreza durante bastantes anos. O 16 de outubro de 1818, 90 comisionados das aldeas de xurisdición de Valdeorras, entre eles Mones, Petín, Santa María de Mones e Santoalla do Monte, reunidos en Vilamartín protestan ante o escribano Manuel de Flon e din: "Que esta repetida xurisdición se acha moi pobre con motivo dos escalabros da última guerra con Francia, e estárselle debendo pola Real Hacienda máis dun millón de reais en subministracións á tropas. Piden que lles exoneren do pagamento do soldo ao Alcalde Maior (cincocentos ducados anuais), que non poden pagar sen moito detrimento das súas curtas facultades".

Inicialmente naceu como concello de Freixido, pero en 1835 tomou a actual denominación.

En 1884 editouse en Petín o periódico El Fomento del País. Na primeira metade do século XX a poboación emigra especialmente cara a Cuba e Buenos Aires, e dentro da península a Barcelona. En 1924 os ausentes representan o 45,67% da poboación.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

O castro de Mones é un poboado castrexo.

Ponte da Cigarrosa.

A ponte da Cigarrosa, sobre o río Sil, foi construída no século XVI e reformada no XVII sobre unha ponte anterior de orixe romana, pertencente á vía XVIII ou Vía Nova do itinerario de Antonino para unir Braga con Astorga. Tende cinco arcos de luz variable, con catro piares.

Entre os monumentos relixiosos destacan a ermida de Portomourisco e as igrexas de San Miguel e Santa María de Mones.

A ponte de Portomourisco, sobre o río Xares, foi construída para facilitar o acceso aos peregrinos cara á ermida da Virxe das Ermidas. É de pedra de cantaría ben labrada, cun só arco moi amplo. Mide 122 pés de longo, 16 de ancho e 24 de alto. Os construtores foron os mestres Manuel de Lastra e Alonso Sánchez. As obras leváronse a cabo entre setembro de 1702 e decembro de 1703, cun custo total de 29.685 reais de billón.

Na casa familiar dos Quiroga, situada na praza maior da vila, viviu e pasou consulta o médico Xosé Quiroga, prezado na zona polos coñecementos médicos e polo trato humano. O seu fillo, Xosé Quiroga Suárez, foi o primeiro presidente da Preautonomía Galega, e fillo predilecto de Petín.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Petín.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Petín

Freixido (Sagrado Corazón de Xesús) | Mones (San Miguel) | Petín (Santiago) | Portomourisco (San Víctor) | Santa María de Mones (Santa María) | Santoalla do Monte (Santa Oalla)

Lugares de Petín

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Petín vexa: Lugares de Petín.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]