[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Louis Henri Loison

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLouis Henri Loison

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de maio de 1771 Editar o valor en Wikidata
Damvillers, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte30 de decembro de 1816 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Liexa, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 19 (1867–)
Chokier (en) Traducir (–1867)
Grave of Loison (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial, militar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadePrimeiro Imperio Francés Editar o valor en Wikidata
Rama militarInfantaría Editar o valor en Wikidata
Rango militargeneral de divisão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerras da Revolución Francesa
Guerras napoleónicas Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
Premios
Louis Henri Loison.

Louis Henri Loison, nado en Damvilliers, Meuse, o 16 de maio de 1771 e finado en Chikel, cerca de Liexa, o 30 de decembro de 1816, foi un xeneral francés do Primeiro Imperio francés.

Biografía militar

[editar | editar a fonte]

Aínda mozo enrolouse no batallón auxiliar das colonias en 1787, abandonándoo en setembro, mais reengachouse a comezos de 1788.

En plena revolución, Loison, como subtenente, entra o 15 de setembro de 1791, nun batallón de voluntarios do departamento da Meuse, obtendo o ano seguinte o grao de tenente.

Algúns meses despois foi nomeado capitán de húsares na lexión do Norte; os seus méritos lévano a que en maio de 1793, sexa ascendido a axudante-xeneral xefe de brigada provisorio. Pouco tempo logo foille confirmado o novo grao, e o Comité de Saúde Pública (Comité de salut public) outórgalle o despacho de xeneral de brigada no exército do Rin e Mosela.

A rapidez do seu ascenso, á parte do seu talento militar e valentía, comportou críticas que o acusaban de interesado, falta e humanidade e carencia de carácter. Mesmo os compañeiros de armas confesaran que non se movía só pola avidez de fama. A toma e a devastación da abadía de Orval, no Gran Ducado de Luxemburgo, conducírono perante un tribunal, do que foi salvado por un comisario da Convención, que o reintegrou nas funcións militares.

Con Napoleón

[editar | editar a fonte]

No ano IV, serviu ás ordes do xeneral Napoleón Bonaparte, sendo encargado de presidir o tribunal que xulgaría os xefes da insurrección dese ano.

No ano VII, estivo ás ordes de Masséna en Suíza, mentres no ano VIII seguiu a Bonaparte en Italia. Distinguiuse aí nos combates de Cerezola, Pozzolo, Parona e Colorgnoli. A súa actuación no paso de Brenta, onde abriu camiño ao exército, confirmaron a súa reputación militar. No ano seguinte obtivo un retiro, e volveu ao seu fogar. No ano XII, foi nomeado membro da Lexión de Honor.

No ano XIV, serviu na campaña de Alemaña, sinalándose en Guntzburg, Elchingen, e en Luetash. Tomou Scharnitz. Logo da batalla de Austerlitz, o xeneral Loison foi nomeado grande aguia da Lexión de Honor, pola valentía que mostrara no combate,

Na Guerra Peninsular

[editar | editar a fonte]

En 1808, realizou a campaña de España e Portugal con Junot e Soult; en 1809, pasou a mandar a primeira división do exército de reserva de España. Os portugueses alcuñárono "Maneta" (perdera o brazo esquerdo en 1806, nun accidente de caza). Ao tempo recibiu o título de conde cunha dotación de 25.000 francos de renda sobre os dominios de Gilhorm e de Meinersen, sitos en Hanovre.

Destinado na Grande Armée, o 24 de maio de 1812, foille encargado, durante a campaña de Rusia, organizar en Koenigsberg, unha división de 10.000 homes, presta para entrar en campaña.

Mais o emperador, ordenou o seu arresto, por non estar á cabeza da súa división, cando aquel chegou ante Vilna, o que na opinión do corso fora a causa da perda das tropas que a compuñan.

Na Restauración

[editar | editar a fonte]

Lois XVIII nomeouno cabaleiro da orde de San Luís e máis comandante da 5ª división.

Loison foi licenciado o 15 de novembro de 1815. O seu nome está inscrito no arco de triunfo de l'Étoile, en París, no seu lado Oeste.