[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cuba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaCuba
República de Cuba (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoLa Bayamesa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«¡Patria o Muerte, Venceremos!»
«Homeland or Death, we shall overcome!»
«Родина или смърт, ние ще победим!»
«Fe Orchfygwn Angau neu Famwlad» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 22°00′N 79°30′O / 22, -79.5
CapitalA Habana Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.985.974 (2023) Editar o valor en Wikidata (99,98 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie109.884 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Caribe e Golfo de México Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico Turquino (1.974 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Caribe (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación10 de decembro de 1898 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoEstado unitario Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataMiguel Díaz-Canel (2018–) Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataManuel Marrero Cruz (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Nacional do Poder Popular , (Escano: 612) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Moedapeso cubano Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.cu Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+53 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia106 (pt) Traducir, 104 (pt) Traducir e 105 Editar o valor en Wikidata
Código de paísCU Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcuba.cu Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 4372 BNE: XX450790

Cuba (oficialmente República de Cuba) é un país situado no arquipélago e illa de mesmo nome, localizada no norte do mar Caribe. A nación de Cuba abrangue a illa homónima, a Illa da Juventud, e varios arquipélagos. A súa capital e meirande cidade é A Habana. A segunda maior cidade é Santiago de Cuba.[1][2][3] Limita cos EUA polo norte, coas Bahamas e Turks e Caicos polo nordeste, con México polo oeste, coas Illas Caimán e Xamaica polo sur, e con Haití e República Dominicana polo sueste. É o único país socialista da rexión e do hemisferio occidental.

A illa de Cuba estivo habitada por varias tribos mesoamericanas antes da chegada do explorador Cristovo Colón en 1492, quen reclamou a terra para o Reino de España. Cuba permaneceu como colonia de España ata a guerra hispano-estadounidense de 1898. Posteriormente foi administrada polos Estados Unidos ata que obtivo a independencia en 1902. A fráxil república enfrontouse á radicalización política e a problemas sociais, e malia os esforzos de sustentar un sistema democrático, Cuba caeu baixo a ditadura militar de Fulgencio Batista en 1952.[4][5][6] O crecemento do malestar e da inestabilidade deron paso ó derrocamento de Batista en xaneiro de 1959 polo Movemento do 26 de xullo, que estableceu un goberno socialista liderado por Fidel Castro. Dende 1965 o país estivo gobernado polo Partido Comunista como un estado unipartidista.

Cuba é a meirande illa do Caribe, e cunha poboación de 11 millóns de habitantes, é a segunda illa máis poboada despois da Española. É un país multiétnico en que o seu pobo, cultura e costumes teñen diversas orixes. Estas inclúen os aborixes taínos e ciboney, o longo período de colonialismo español e a introdución de escravos procedentes de África, máis tarde a chegada de emigrantes procedentes de Asia (sur da China, o Xapón e Filipinas). A estreita relación coa Unión Soviética durante a guerra fría e a proximidade xeográfica cos Estados Unidos tamén exercen unha importante influencia sobre o país.

Cuba ten unha alta clasificación nos indicadores de saúde e educación, cun elevado Índice de Desenvolvemento Humano de 0.783 no 2019.[7] Segundo os datos das Nacións Unidas, Cuba foi a única nación do mundo que conseguiu no 2006 a definición que o Fondo Mundial para a Natureza fai do desenvolvemento sustentábel, cunha pegada ecolóxica de menos de 1,8 hectáreas per cápita (no 2006 de 1,5 hectáreas), e cun IDH de máis de 0.855.[8][9]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome de Cuba vén da lingua taína. O significado exacto do nome é incerto, pero podería traducirse como "onde a terra fértil é abondosa" (cubao),[10] ou 'gran lugar' (coabana).[11] Quen cren que Cristovo Colón era de orixe portuguesa din que Cuba foi nomeada por Colón a partir da vila de Cuba, no distrito de Beja en Portugal.[12][13]

Artigo principal: Historia de Cuba.

Prehistoria

[editar | editar a fonte]
Debuxo dunha taína, pobo tamén coñecido como arauaco.

Cuba estivo habitado polos pobos amerindios dos taínos (tamén chamados arauacos polos españois), os guanajatabey e os ciboney, antes da chegada dos conquistadores. Os antergos deses pobos nativos migraron dende as terras do continente americano séculos antes.[14] Os nativos taínos chamaban á illa Caobana.[15] Os taínos eran agricultores, mentres que os ciboney eran tamén pescadores e cazadores-recolledores.

Colonización e dominio español (1492–1898)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Capitanía xeneral de Cuba.

Despois de chegar por primeira á terra do Novo Mundo na illa entón chamada Guanahani, Bahamas o 12 de outubro de 1492,[16] La Pinta, La Niña e a Santa María, as primeiras naves europeas comandadas por Cristovo Colón, toman terra na costa nordeste de Cuba, preto do que hoxe é Bariay, na provincia de Holguín, o 28 de outubro de 1492.[17] Colón reclamou a illa para o Reino de España[18] e chamouna Isla Juana por Xoán, Príncipe de Asturias.[19]

Diego Velázquez de Cuéllar, conquistador de Cuba

En 1511, Diego Velázquez de Cuéllar fundou o primeiro asentamento español en Baracoa. Axiña, outras vilas serían fundadas, incluída a daquela San Cristóbal de la Habana, en 1515. Os taínos traballaban baixo o sistema da encomenda,[20] similar ao sistema feudal da Idade Media europea.[21] Nun século a poboación indíxena foi practicamente exterminada por mor de factores como as enfermidades infecciosas de Eurasia (agravadas pola carencia de defensas naturais) ou as privacións derivadas da suxugación colonial.[22] En 1529 un gromo de xarampón acabou con dous terzos da poboación nativa que sobrevivira á varíola.[23][24]

O 1 de setembro de 1548, Dr. Gonzalo Perez de Angulo foi nomeado gobernador de Cuba. Chegou a Santiago, Cuba o 4 de novembro de 1549 e inmediatamente declarou a liberdade de tódolos nativos.[25] Converteuse no primeiro gobernador permanente que residiu na Habana no canto de Santiago e construíu a primeira igrexa da cidade.[26] Despois de que os franceses tomasen a Habana en 1555, o fillo do gobernador, Francisco de Angulo, marchou a México.[27]

A poboación en 1817 era de 630.980, dos cales 291.021 eran brancos, 115.691 eran homes libres (mestizos), e 224.268 eran escravos negros.[28] Na década de 1820, cando o resto do Imperio Español da América Latina se rebelara e formara estados independentes, Cuba permaneceu leal.

Escravos en Cuba descargando xeo de Maine, c. 1832

Durante o 'boom do azucre' déronse varias revoltas e rebelións da poboación escrava. Destacou a rebelión de Aponte de 1812 contra o comercio atlántico de persoas.[29] A independencia de España foi o motivo para unha rebelión en 1868 liderada por Carlos Manuel de Céspedes, un agricultor de cana de azucre. Este ceibou os seus escravos para que loitasen canda el por unha Cuba libre. O 27 de decembro de 1868 emitiu un decreto no que aboliu a escravitude baixo a condición de que os escravos liberados se presentasen ó servizo militar. A rebelión de 1868 deu lugar a un longo conflito coñecido como Guerra dos Dez Anos. Dous mil chineses de Cuba uníronse ós rebeldes. Hai un monumento na Habana en memoria ós chineses caídos na guerra.[30]

Os EUA non recoñeceron o goberno cubano, malia que moitas nacións europeas e de América Latina si o fixeron.[31] En 1878 o Pacto de Zanjón rematou co conflito con España, que prometeu máis autonomía para Cuba. En 1879–1880 o patriota cubano Calixto García tentou comezar outra contenda, coñecida como "Guerra Chiquita", pero recibiu pouco apoio.[32] A abolición da escravitude en Cuba comezou no final do século XIX e completouse na década de 1880.[33][34]

Carlos Manuel de Céspedes, coñecido como o Pai da Patria en Cuba, declarou a independencia da nación en 1868

José Martí, un disidente exiliado, fundou o Partido Revolucionario Cubano en Nova York en 1892 co obxectivo de acadar a independencia cubana de España.[35] En xaneiro de 1895, Martí viaxou a Montecristi e Santo Domingo para unir os seus esforzos cos de Máximo Gómez.[35] Martí rexistrou as súas ideas políticas no Manifesto de Montecristi.[36] A loita contra o exército español comezou en Cuba o 24 de febreiro de 1895, pero Martí non foi quen de chegar a Cuba ata o 11 de abril de 1895.[35] Martí morreu na batalla de "Dos Ríos" o 19 de maio de 1895.[35] A súa morte inmortalizouno como un heroe nacional do país.[36]

Uns 200.000 soldados españois superaban un exército rebelde menos numeroso pero que confiaba nas tácticas da loita de guerrillas e da sabotaxe. O xeneral Valeriano Weyler, gobernador militar de Cuba, conduciu a poboación rural ó que el chamaba reconcentrados, e que os observadores internacionais describiron como "vilas fortificadas". Eses reconcentrados están considerados como o prototipo dos campos de concentración do século XX.[37] Entre 200.000 e 400.000 cubanos morreron de inanición e enfermidades nos campos, números verificados pola Cruz Vermella e polo Senador dos Estados Unidos e antigo Secretario de Guerra Redfield Proctor. As protestas americanas e europeas contra a conduta española.[38]

A nave estadounidense Maine foi enviada para protexer os intereses dos Estados Unidos, pero estoupou de súpeto e afundiu moi axiña, acabando con tres cuartos da tripulación. A causa do afundimento permanece descoñecido a pesar da comisión de investigación, pero a opinión popular americana, alimentada pola prenas, considera que os españois foron os responsables.[39] Por mor do incidente, os Estados Unidos e España declaráronse a guerra en abril.

Ó longo das décadas seguinte, catro presidentes dos Estados Unidos, Polk, Buchanan, Grant, e McKinley, tentaron mercarlle a illa a España.[40]

Revolución e goberno do Partido Comunista (1959-presente)

[editar | editar a fonte]

A República de Cuba é actualmente o único estado socialista de América. No 1959, Fidel Castro liderou unha revolución contra o ditador Fulgencio Batista e dous anos máis tarde instaurou un réxime de orientación marxista e partido único. Entre o 17 e o 21 de abril do 1961, preto de 1500 exiliados cubanos recrutados, patrocinados e adestrados pola CIA dos Estados Unidos tentaron unha frustrada Invasión de Baía de Cochinos.

Goberno e política

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Política de Cuba.

Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]

Cuba está dividida en 15 provincias con 169 concellos, alén dun concello especial (a Illa da Xuventude).

  1. Pinar del Río
  2. Artemisa
  3. Cidade da Habana
  4. Mayabeque
  5. Matanzas
  6. Cienfuegos
  7. Villa Clara
  8. Sancti Spíritus
  1. Ciego de Ávila
  2. Camagüey
  3. Las Tunas
  4. Granma
  5. Holguín
  6. Santiago de Cuba
  7. Guantánamo
  8. Isla de la Juventud (Illa da Xuventude)

Na súa historia Cuba tivo diferentes estruturas político-administrativas. Así, durante os anos de colonia, dividiuse en tres departamentos: Oriente, Camagüey, Las Villas e Occidente. Coa Constitución de 1901 estableceuse unha nova estrutura de seis provincias: Pinar del Río, A Habana, Matanzas, Las Villas, Camaguey e Oriente. A partir de 1976, a teor da aprobación da Constitución de 1976, e en correspondencia co crecemento da poboación, as migracións internas e as novas esixencias económicas do país; a Asemblea Nacional do Poder Popular adoptou a división actual.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xeografía de Cuba.

Cuba é un arquipélago constituído pola maior illa das Antillas chamada Cuba, a Illa da Xuventude (anteriormente chamada Illa dos Piñeiros), e outros 4.195 cayos, illotes e illas adxacentes. Está situada no mar das Antillas (ou mar Caribe), preto da costa dos Estados Unidos e México. Os seus límites son ao norte co Estreito da Florida, ao leste co Paso dos Ventos, ao sur co mar Caribe e ao oeste co golfo de México.

A súa superficie é de 110.922 quilómetros cadrados.

En Cuba as temperaturas son xeralmente altas. Os valores medios anuais varían dende os 24 °C nas chairas até 26 °C nas costas orientais, con magnitudes inferiores aos 20 °C. nas partes máis altas da Serra Maestra.

A tempada de novembro a abril é menos calorosa, tratándose do seu inverno, mentres que a temporada entre os meses de maio a outubro é a máis calorosa, é o seu verán. As temperaturas máximas e mínimas absolutas rexistradas son de 38,8 graos Celsius (Jucarito, Granma, o 17 de abril de 1999)[41] e 0,6 graos Celsius (Bainoa, 18 de febreiro de 1996). Como é típico nos climas tropicais, a variación diaria da temperatura é maior que a anual.

A humidade relativa media é elevada, con medias próximas ao 90%. Os máximos diarios, xeralmente superiores ao 95%, ocorren na mañanciña, mentres que os mínimos descenden, no mediodía, até 50-60% na zona interior. As zonas máis húmidas son as rexións occidental e central, xunto cos principais núcleos montañosos. O efecto da alta humidade relativa, outorga ao arquipélago cubano unha intensa sensación de calor durante gran parte do ano.

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]

Este arquipélago posúe unha gran variedade de rochas e solos.

Principais centros urbanos

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Cidades de Cuba.

-A Habana: localizada no extremo occidental da illa. Principal polo cultural e económico. Cidade cosmopolita de 2,2 millóns de habitantes.

-Santiago de Cuba: localizada no extremo sur-oriental da illa. Segunda cidade do país en importancia económica, cultural e demográfica, con 500.000 habitantes.

-Camagüey: no centro-oriente. Cidade cun centro histórico Patrimonio da Humanidade, de 300.000 habitantes.

-Holguín: no norte norte-oriente: Cidade de 300.500 habitantes, con praias como Guardalavaca, Pesquero, Playa Esmeralda e outras que son de interese turístico.

Moeda de 5 pesos coa imaxe de José Martí, cuñada na Casa da Moeda de Filadelfia, da US Mint. Gravador: Charles. E Barber.

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Cuba.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Demografía de Cuba.

Cuba é unha sociedade multirracial, as orixes da inmensa maioría da poboación son europeos, pois a poboación indíxena foi exterminada por mor da invasión española ou por enfermidades traídas por eles nos séculos XV e XVI.

O 65,05% da poboación é de raza branca, o resto repártese entre mestizos e afroamericanos.

Segundo o último censo do goberno cubano (2002):

  • Sitio Oficial do Goberno
  • Poboación : 11 177 743 hab.
  • Idade media : 35.1 anos.
  • Densidade : 101.7 hab/km²
  • Maiores de 60 anos: 14.7 %
  • Homes : 49.97 %
  • Mulleres : 50.03 %
  • Brancos : 65.05 %
  • Negros : 10.08 %
  • Mulatos : 24.86 %
  • Poboación urbana : 75.9 %

Outros datos

[editar | editar a fonte]
  • A Esperanza de vida ao nacer é de 77 anos, 78,7 para as mulleres e 74,8 para os homes, sendo un dos países de Latinoamérica e do terceiro mundo con maior esperanza de vida
  • Como media, os habitantes maiores de 15 anos teñen 9'5 anos de estudo
  • Taxa de desemprego: 2,3%
  • Índice de Pobreza Humana dentro de 78 países en desenvolvemento: 5,1%, o segundo máis baixo
  • Índice de Desenvolvemento de Xénero: Posto 21 de 104 países analizados
  • Taxa de alfabetización adultos: 99,5%
  • Taxa de escolarización :
    • Primaria (por neno de 6 - 11) : 99,1
    • Secundaria (12 - 14) : 96,3
  • Habitantes por médico : 165

A sanidade cubana

[editar | editar a fonte]
Hospital Hermanos Ameijeiras.

Todos os cidadáns cubanos residentes no país teñen dereito de recibir asistencia en todas as institucións de saúde, a cal é gratuíta. O Estado garante o dereito de recibir atención médica da seguinte forma: coa prestación da asistencia médica e hospitalaria gratuíta, mediante a rede de instalacións de servizo médico rural, dos policlínicos, hospitais, centros profilácticos e de tratamento especializado; coa prestación de asistencia estomatolóxica gratuíta, controis médicos periódicos, vacinación xeral e outras medidas preventivas de enfermidades.

Todo cubano ten acceso a médicos, enfermeiros, especialistas e medicinas.[42] Actualmente, existen 22 Facultades de Ciencias Médicas, distribuídas por todas as provincias do país. Existen facultades que reciben só a estudantes estranxeiros como a Escola Latinoamericana de Medicina na Habana (ELAM) e moitas outras en todo o país que actualmente implementan un novo modelo de educación baixo os convenios con Venezuela no marco do ALBA, dando oportunidade a estudantes de baixos recursos provenientes de Venezuela, Bolivia, Honduras e Ecuador, aloxados en residencias estudantís.[43][44][45]

A Saúde Pública da illa ten o recoñecemento dos organismos mundiais e rexionais especializados.[42] Cuba presta axuda médica a outros países como Bolivia, Honduras, Venezuela e outros.[46]

Cuba posúe unha das máis baixas taxas de mortalidade infantil do mundo, cun índice de 5,3 por cada mil nados vivos durante o ano 2007.[47]

Medios de comunicación

[editar | editar a fonte]

Os medios de comunicación en Cuba son de titularidade pública e están nas mans do Estado central e dos municipios correspondentes. A política informativa diríxea o PCC.

A radio e a televisión son propiedade do Estado. O Instituto Cubano de Radio y Televisión (ICRT) constitúe a institución que controla as transmisións radiais e televisivas.

O xornal oficial do réxime é o Granma.

Artigo principal: Cultura de Cuba.

Literatura

[editar | editar a fonte]
Artigos principais: Literatura de Cuba e Escritores de Cuba.

A literatura de fala hispana no territorio cubano iníciase coa conquista e colonización española. Os conquistadores traían consigo cronistas que redactaban e describían todos os acontecementos importantes, aínda que dende un punto de vista subxectivo. O máis importante cronista que chegou a Cuba no século XVI foi Frei Bartolomé de las Casas, autor, entre outras obras, de Historia de las Indias.

Artigo principal: Música de Cuba.

Entre os xéneros tradicionais encóntranse o son e o guaguancó. No século XX popularizáronse tamén outros ritmos, como o chachachá, o mambo, a salsa e o danzón. Actualmente báilanse moito estes ritmos e practícanse nas salas de baile. Entre o máis bailado actualmente está a conga e o casino, así como a timba.

Cuba destaca en deportes como o béisbol, boxeo, judo, atletismo e voleibol.

En atletismo destacan nomes como Alberto Juantorena, campión olímpico en Montreal 1976, ou o saltador de lonxitude Iván Pedroso, campión mundial e olímpico.

Tópicos diversos

[editar | editar a fonte]

Para ter unha idea concreta acerca da Cuba dos últimos anos, pola voz de que nela viviu ata o exilio, ver o libro Antes que anochezca, de Reinaldo Arenas. Existe tamén a versión cinematográfica Before night falls (dirixido por Julian Schnabel, con Javier Bardem no principal papel).

Eliseo Alberto no seu libro «Dos Cubalibres "Nadie ama más a Cuba que yo"», amosa unha Cuba a través dos grandes nomes da cultura cubana e latinoamericana (músicos, cantores, pintores, escritores etc.).

  1. "Cuba profile: Facts". BBC News. Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  2. Thomas 1998, p. ?.
  3. Thomas 1997, p. ?.
  4. "Remarks of Senator John F. Kennedy at Democratic Dinner, Cincinnati, Ohio". John F. Kennedy Presidential Library & Museum – Jfklibrary.org. 6 de outubro de 1960. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2012. Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  5. Horowitz 1988, p. 662
  6. Thomas 1998, p. 1173.
  7. Human Development Report 2020 The Next Frontier: Human Development and the Anthropocene (PDF). United Nations Development Programme. 15 December 2020. pp. 343–346. ISBN 978-92-1-126442-5. Consultado o 15 December 2020. 
  8. "Living Planet Report 2006" (PDF). Fondo Mundial para a Natureza, Sociedade Zoolóxica de Londres, Global Footprint Network. 24 de outubro de 2006. p. 19. Consultado o 18 de agosto de 2012. 
  9. "World failing on sustainable development". Science.org.au. 3 de outubro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2014. Consultado o 23 de abril de 2014. 
  10. The Dictionary of the Taino Language (plate 8) Alfred Carrada Arquivado 19 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.[Verificar credibilidade]
  11. Dictionary – Taino indigenous peoples of the Caribbean Dictionary -- Arquivado 30 de abril de 2008 en Wayback Machine.[Verificar credibilidade]
  12. Augusto Mascarenhas Barreto: O Português. Cristóvão Colombo Agente Secreto do Rei Dom João II. Ed. Referendo, Lissabon 1988. English: The Portuguese Columbus: secret agent of King John II, Palgrave Macmillan, ISBN 0-333-56315-8
  13. da Silva, Manuel L. and Silvia Jorge da Silva. (2008). Christopher Columbus was Portuguese, Express Printing, Fall River, MA. 396pp. ISBN 978-1-60702-824-6.
  14. Ramón Dacal Moure, Manuel Rivero de la Calle (1996). Art and archaeology of pre-Columbian Cuba. University of Pittsburgh Press. p. 22. ISBN 0-8229-3955-X. 
  15. "Taino Name for the Islands". Indio.net. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2010. Consultado o 7 de novembro de 2010. 
  16. Ted Henken (2008). Cuba: a global studies handbook. ABC-CLIO. p. 30. ISBN 978-1-85109-984-9.  (gives the landing date in Cuba as October 27)
  17. Cuba Oficina Del Censo (2009). Cuba: Population, History and Resources 1907. BiblioBazaar, LLC. p. 28. ISBN 978-1-110-28818-2.  (gives the landing date in Cuba as October 28)
  18. Gott 2004, p. 13
  19. Andrea, Alfred J.; Overfield, James H. (2005). "Letter by Christopher Columbus concerning recently discovered islands". The Human Record 1. Houghton Mifflin Company. p. 8. ISBN 0-618-37040-4. 
  20. "Encomienda or Slavery? The Spanish Crown's Choice of Labor Organization in Sixteenth-Century Spanish America" (PDF). Latin American Studies. Consultado o 19 de xullo de 2013. 
  21. McAlister 1984, p. 164
  22. Diamond, Jared M. (1998). Guns, Germs, and Steel: The Fates of Human Societies. Nova York, NY: W.W. Norton & Co. ISBN 0-393-03891-2. 
  23. Byrne, Joseph Patrick (2008). Encyclopedia of Pestilence, Pandemics, and Plagues: A-M (PDF). ABC-CLIO. p. 413. ISBN 0-313-34102-8. 
  24. J. N. Hays (2005). "Epidemics and pandemics: their impacts on human history". p.82. ISBN 1-85109-658-2
  25. Wright 1916, p. 183.
  26. Wright 1916, p. 229.
  27. Wright 1916, p. 246.
  28. Scheina 2003, p. 352.
  29. Childs, Matt D. (2006). The 1813 Aponte Rebellion in Cuba and the struggle against Atlantic Slavery. The University of North Carolina Press. p. 320. ISBN 0-8078-5772-6. 
  30. Westad 2012, pp. 227–8
  31. "Historia de las Guerras de Liberación de Cuba". [Verificar credibilidade]
  32. "The Little War (La Guerra Chiquita)". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2017. Consultado o 05 de novembro de 2014. [Verificar credibilidade]
  33. Scott 2000, p. 3
  34. Chomsky, Carr & Smorkaloff 2004, pp. 37–8.
  35. 35,0 35,1 35,2 35,3 Stanley Sandler, ed. (2002). Ground warfare: an international encyclopedia. Part 25, Volume 1. ABC-CLIO. p. 549. ISBN 1-57607-344-0. Consultado o 6 de setembro de 2009. 
  36. 36,0 36,1 David Arias (2005). Spanish-americans: Lives And Faces. Victoria, BC, Canada: Trafford Publishing. p. 171. ISBN 1-4120-4717-X. Consultado o 6 de setembro de 2009. 
  37. Robert K. Home (1997). Of Planting and Planning: The Making of British Colonial Cities. Chapman and Hall. p. 195. ISBN 0-419-20230-7. Consultado o 6 de setembro de 2009. 
  38. The Spanish-American War. "Cuban Reconcentration Policy and its Effects". Consultado o 29 de xaneiro de 2007. [Verificar credibilidade]
  39. Morison, Samuel Loring; Morison, Samuel Eliot; Polmar, Norman (2003). The American Battleship. St. Paul, Minn.: MBI Publishing Company. p. 18. ISBN 0-7603-0989-2. Consultado o 15 de setembro de 2009. 
  40. Falk 1988, p. 64.
  41. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2009. 
  42. 42,0 42,1 Recoñece a ONU logros de Cuba en medicina familiar
  43. "Cuba: Integración latinoamericana contra o neoliberalismo". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2008. Consultado o 30 de outubro de 2009. 
  44. Cuba: Pedagóxico holguinero recibirá estudantes latinoamericanos
  45. Cuba outorga novas bolsas a estudantes latinoamericanos
  46. Recuperan a visión máis dun millón de pacientes con programa cubano-venezolano
  47. "Diminúe mortalidade infantil a 5,3". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2007. Consultado o 06 de xaneiro de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • ALBERTO, Eliseo (2004), Dos Cubalibres "Nadie quiere más a Cuba que yo", Ediciones Península e Atalaya, ISBN 84-8307-626-8
  • ARENAS, Reinaldo (1992), Antes que Anochezca, State of Reinaldo Arenas e Tusquets Editores, ISBN 972-41-1295-0
Chomsky, Aviva; Carr, Barry; Smorkaloff, Pamela Maria, eds. (2004). The Cuba Reader: History, Culture, Politics. Durham, NC: Duke University Press. ISBN 978-0-8223-3197-1. 
Falk, Pamela S. (1988). "Washing and Havana". The Wilson Quarterly 12 (5): 64–74. JSTOR 40257732. 
Gott, Richard (2004). Cuba: A New History. New Haven, CT: Yale University Press. ISBN 978-0-300-10411-0. 
Horowitz, Irving Louis (1988). Cuban Communism. New Brunswick, NJ: Transaction Books. ISBN 0-88738-672-5. 
McAlister, Lyle N. (1984). Spain and Portugal in the New World, 1492–1700. Minneapolis, MN: University of Minnesota Press. ISBN 978-0-8166-1216-1. 
Scheina, Robert L. (2003). Latin America's Wars, Volume I: The Age of the Caudillo, 1791–1899. Dulles, VA: Brassey's. ISBN 978-1-57488-449-4. 
Scott, Rebecca J. (2000) [1985]. Slave Emancipation in Cuba: The Transition to Free Labor, 1860–1899. Pittsburgh, PA: University of Pittsburgh Press. ISBN 978-0-8229-5735-5. 
Thomas, Hugh (1997). The Slave Trade: The Story of the Atlantic Slave Trade, 1440–1870. New York, NY: Simon & Schuster. ISBN 978-0-684-81063-8. 
Thomas, Hugh (1998). Cuba; or, The Pursuit of Freedom (updated ed.). Cambridge, MA: Da Capo Press. ISBN 978-0-306-80827-2. 
Westad, Odd Arne (2012). Restless Empire: China and the World Since 1750. London: The Bodley Head. ISBN 978-1-84792-197-0. 
Wright, Irene Aloha (1916). The Early History of Cuba, 1492–1586. New York, NY: The Macmillan Company. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]