[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Salgueiro orelludo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O salgueiro orelludo[Cómpre referencia] (Salix aurita) é unha especie caducifolia pertencente á familia das salicáceas. Atópase distribuído por boa parte de Europa e cultívase ocasionalmente.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É un arbusto que alcanza un tamaño de até 2,5 m de altura, distínguese das especies semellantes, por ser un chisco máis grande ca Salix cinerea e polos seus pecíolos e pólas novas de cor avermellada. Déuselle o nome por mor da persistencia das estípulas en forma de ril ao longo dos gomos.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Salix aurita foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1019, no ano 1753.[1][2]

Etimoloxía

Salix: nome xenérico latino para o salgueiro, as súas pólas e madeira.[3]

aurita: epíteto latino que significa "como unha orella".[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Flora of North America Editorial Committee, e. 2010. Magnoliophyta: Salicaceae to Brassicaceae. 7: i–xxii, 1–797. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.