[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Minsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMinsk
Мінск (be)
Менск (be) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Fotomontaxe
Vista no inverno
Imaxe

HimnoAnthem of Minsk (en) Traducir (24 de outubro de 2001) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 53°54′08″N 27°33′43″L / 53.902246, 27.561837
EstadoBelarús Editar o valor en Wikidata
Enclave enRexión de Minsk Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.992.862 (2024) Editar o valor en Wikidata (4.866,57 hab./km²)
Lingua oficialLingua belarusa
lingua rusa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie409,5 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porNyamiha River (en) Traducir, Svislach River (en) Traducir, Loshytsa (en) Traducir, Sliepnia (en) Traducir, Cna river (en) Traducir, Myška (en) Traducir, Traścianka (en) Traducir, Piarespa (en) Traducir e Dražnia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude280 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
1499 (Gregoriano)Lei de Magdeburgo (pt) Traducir
22 de xuño de 1941Bombing of Minsk in World War II (en) Traducir
28 de xuño de 1941German occupation of Minsk during World War II (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoMinsk City Executive Committee (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Chairman of the Minsk City Executive Committee (en) Traducir Editar o valor en WikidataUladzimir Kukharau (pt) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoQ27919241 Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal220001–220141 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico817 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2BY-HM Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webminsk.gov.by Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451453

Minsk (en belaruso: Менск ou Мінск; en ruso: Минск; en polaco: Mińsk) é a capital e cidade máis grande de Belarús. Está situada no centro do país, e está atravesada polos ríos Nyamiha e Sviloch. É a sede administrativa da Comunidade de Estados Independentes (CEI).

A cidade ten unha extensión de 348 km² na que habitaban un total de 1 907 700 persoas en 2013.[1]

Como capital do Estado, Minsk ten un status administrativo especial dentro de Belarús e é ademais a capital da rexión de Minsk e do distrito homónimo.

As primeiras referencias históricas da cidade datan do século XI (1067), cando é nomeada como cidade provincial no principado de Polotsk. O asentamento desenvolveuse nos ríos que o atravesan. No ano 1242, Minsk converteuse en parte do Gran Ducado de Lituania e recibiu o título de cidade en 1499.

Desde 1569 foi a capital do Voivodato de Minsk, na República das Dúas Nacións ou Mancomunidade de Polonia-Lituania. En 1793 foi unha das rexións anexionadas polo Imperio ruso como consecuencia da Segunda partición de Polonia.

Gran parte da cidade foi destruída como consecuencia dos bombardeos da Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial. En efecto, durante a invasión alemá á Unión Soviética en 1941 (Operación Barbarroxa), Minsk foi invadida de inmediato. A cidade foi bombardeada polos alemáns desde o primeiro día da guerra e foi invadida catro días máis tarde. Os nazis converteron a cidade no centro administrativo do Reichskommissariat Ostland e comezaron a reprimir duramente a poboación, especialmente a comunista e a xudía. Un gueto xudeu de cen mil acodes foi construído en Minsk. A cidade foi reconquistada polos soviéticos o 3 de xullo de 1944. Ao final da guerra, cerca do 80% da cidade estaba en ruínas. Minsk foi reconstruída ao estilo soviético.

Nos últimos anos da década de 1980, o accidente de Chernóbil tocou unha gran parte do sueste do país, o acceso a algunhas zonas aínda está restrinxido. A cidade foi capital da República Socialista Soviética de Belarús desde 1919 ata 1991, cando pasou a ser a capital da República de Belarús.

Actualmente Minsk é unha gran metrópole cunha arquitectura predominante da época soviética, aínda que tamén con edificios modernos que datan de despois da caída da Unión Soviética.

O 11 de abril de 2011 Atentado bomba nun metro na cidade de Minsk, Belarús mata 12 persoas e deixa 204 feridos.

O 78º campionato do mundo de hóckey sobre xeo celebrouse na Minsk entre o 9 e o 25 de maio de 2014.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Segundo a lenda, un xigante chamado Menesk ou Mincz tiña un muíño sobre as ribeiras do río veciño á cidade. Alí moía as pedras para facer os pans cos que alimentaba aos seus guerreiros. O nome de "Minsk" quizais procede da palabra belarusa Mensk, que deriva da palabra мена (miena 'cambio, cambiar', en galego), baseada na longa historia comercial da cidade.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Vista do Sviloch e da cidade de Minsk ao fondo.

Minsk está situada na ladeira sueste dos outeiros homónimos, unha sección de outeiros cuxa dirección vai desde o suroeste na cunca alta do río Niemen, ao nordeste de Belarús, no lago Lukomsko ao noroeste. A altitude media da cidade é de 220 metros sobre o nivel do mar. A xeografía de Minsk formouse durante as dúas eras glaciais máis recentes. O río Sviloch, que flúe a través da cidade desde o noroeste ao suroeste, está no Urstromtal, un antigo val fluvial formado pola auga que flúe das capas de xeo de fusión a finais da última Idade do xeo.

O desenvolvemento orixinal da cidade foi nos devanditos outeiros, o que permitiu a fácil construción de fortificacións para a defensa. Porén, no século XX, creceu en dirección sueste incluíndo as chairas relativamente planas dos arredores. A parte occidental da cidade é a máis montañosa.

O ecosistema predominante na cidade, ao igual que no resto do país é o Bosque temperado de frondosas, presente especialmente no norte e o leste da mesma. Co crecemento da metrópole, algúns dos bosques orixinais foron preservados en parques, como por exemplo o Parque Chelyuskinites.

Minsk ten un clima continental húmido (Köppen Dfb), debido a súa localización entre a influencia do aire húmido do océano Atlántico e o aire seco da masa continental euroasiática. O clima é inestable e tende a cambiar con frecuencia. A temperatura media en xaneiro é de -4,5 °C, mentres que en xullo é 18,5 °C. A temperatura máis baixa rexistrada foi de -40 °C o 17 de xaneiro de 1940, e a máis cálida se rexistrou o 29 de xullo de 1936 e foi de 35 °C.

Isto dá lugar a frecuentes néboas no outono e primavera. Minsk recibe unha precipitación anual de 690 milímetros, das cales unha terceira parte é no período de frío (como neve e choiva) e dous terzos no período de quentamento. Ao longo do ano, sopran ventos do oeste e noroeste traendo aire fresco e húmido do Atlántico.

Administración

[editar | editar a fonte]

Minsk está dividida en pequenas unidades administrativas, organizadas en 1938, debido ao gran crecemento da cidade. O 17 de marzo de 1938, tres distritos foron establecidos, Stalinsky (Zavodski desde 1961), Varashylauski (Savetski desde 1961) e Kahanovichski (Kastrychnitsky desde 1957). Na actualidade a cidade está dividida en nove distritos: Frunzenski, Kastrychnitski, Leninski, Maskouski, Partyzanski, Pershamayski, Savetski, Tsentralny e Zavodzki.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Численность населения Минска превысила 1,9 млн человек". news.tut.by. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2013. (en ruso)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]