Lingua fula
Fula Fulfulde, Pulaar, Pular | ||
---|---|---|
Outros nomes: | fulani | |
Falado en: | Sahel | |
Rexións: | África Occidental, África Central | |
Total de falantes: | 10-16 millóns | |
Familia: | Atlántico-Congo Atlántico Atlántico setentrional Senegambiano Fula-wolof Fula | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Malí e Burkina Faso Recoñecido como lingua minoritaria en Níxer, e o Camerún. | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | sw
| |
ISO 639-2: | swa | |
ISO 639-3: | swa
| |
SIL: | SWA
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua fula (tamén chamada peul, fulani, pulaar, fulbe, fulfulde) é unha lingua de África Occidental, especialmente da África subsahariana máis próxima ao Sahel, falada pola etnia fula, que abrangue dende Senegal até o Camerún e o Sudán. É falada por unhas 10-16 millóns de persoas e ten un status de lingua oficial en Mauritania, Senegal, Malí, Guinea, Burkina Faso, Níxer, Nixeria e mais no Camerún.
Fonoloxía
[editar | editar a fonte]O inventario de consoantes do fula é o seguinte:
Labial | Alveolar | Palatal | Velar | Glotal | |
---|---|---|---|---|---|
oclusiva | p, b | t, d | k, g | ʔ | |
implosiva | ɓ | ɗ | ʄ | ||
fricativa | f | s | ʝ | x | |
nasal | m | n | ɲ | ŋ | |
aproximante | r, l | y | w |
Nalgúns dialectos do fula non existe a serie de implosivas. Polo demais o inventario anterior é moi semellante á da lingua wolof, coa excepción de que nesa outra lingua atlántica non existe nin serie de implosivas nin a oclusiva glotal.
Xeitos de escritura
[editar | editar a fonte]alfabeto latino
[editar | editar a fonte]Cando se escribe úsase o alfabeto latino, con algúns caracteres adicionais para representais fonemas ou sons específicos Ɓ/ɓ, Ɗ/ɗ, Ŋ/ŋ, Ñ/ñ, Ƴ/ƴ (ex. implosiva B, implosiva D, velar N [sons coma o grafo "nh" galego en "unha" por exemplo], palatal N, exectiva Y). O apóstrofo (ʼ) úsase coma unha pausa glotal. En Nixeria ʼy substitúe ƴ, e no Senegal ñ úsase no canto de ɲ.
Alfabeto fula
[editar | editar a fonte]a, aa, b, mb, ɓ, c, d, nd, ɗ, e, ee, f, g, ng, h, i, ii, j, nj, k, l, m, n, ŋ, ny (ou ñ ou ɲ), o, oo, p, r, s, t, u, uu, w, y, ƴ
As letras q, x, z só se empregan nalgúns casos en estranxeirismos. No pular de Guinea atopamos unha letra adicional: ɠ.
Escritura árabe
[editar | editar a fonte]O fula tamén se escribiu no pasado con caracteres árabes ou Ajami pero foi antes da colonización. Nalgunhas zonas de Guinea aínda os usan.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua fula |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- M. Orozco e F. Roca (2006): El Fula i el Wòlof:Estudi comparatiu entre les gramàtiques del Fula i el Wòlof, Barcelona, ISBN 84-393-7034-2.