Estreito de Macasar
Tipo | estreito | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Indonesia | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Profundidade | 2.458 m | |||
O estreito de Makassar é un estreito entre as illas de Borneo e Célebes en Indonesia. Ao norte únese ao Mar de Célebes, mentres que ao sur atopa o Mar de Xava.
O río Mahakam, na illa de Borneo, verte as súas augas no estreito. Os principais portos situados nas súas costas son os de Balikpapan (780.000 hab. en 2007) e Bontam, en Borneo, e os de Macasar (1.315.000 hab. en 2004) e Palu (335.297 hab. en 2010) en Célebes. A cidade de Samarinda, en Borneo, localizada a beiras do Mahakam, atópase uns 48 km río arriba.
O estreito é unha ruta de envío común para os buques oceánicos que son demasiado grandes para atravesar o Estreito de Malaca.
Extensión
[editar | editar a fonte]A Organización Hidrográfica Internacional (OHI) define o Estreito de Makassar como unha das augas do Arquipélago das Indias Orientais. A OHI define os seus límites como segue:[1]
A canle entre a costa leste de Borneo e a costa oeste de Celebes está delimitada:
No norte. Por unha liña que une Tanjong Mangkalihat, Borneo (1°02′N 118°57′L / 1.033, -118.950) e Stroomen Kaap (Cabo Rivers), Celebes (1°20′N 120°52′L / 1.333, -120.867).
No sur. Por unha liña desde o extremo suroeste de Celebes (5°37′S 119°27′L / -5.617, -119.450), a través da punta sur de Tana Keke, a o extremo sur da Illa Laut (Laoet) (4°06′S 116°06′L / -4.100, -116.100) desde a costa occidental da illa ata Tanjong Kiwi e desde alí cara a Tanjong Petang, Borneo (3°37′S 115°57′L / -3.617, -115.950) no extremo meridional do estreito de Laoet.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estreito de Macasar |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Macassar Strait: OS (Oceans) National Geospatial-Intelligence Agency, Bethesda, MD, USA