[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Golfo de Panamá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaGolfo de Panamá
(es) Golfo de Panamá Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoGolfo Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPanamá Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 8°05′11″N 79°16′58″O / 8.0864, -79.2828
Afluentes
Características
Profundidade220 m Editar o valor en Wikidata
Vista de Panamá, desde a baía homónima.
Foto satélite do golfo de Panamá (marzo 2003).

O golfo de Panamá é un golfo do océano Pacífico, localizado na costa suroriental de Panamá. Ten unha anchura duns 250 km e unha profundidade media duns 220 metros, e abrangue unha área de 2.400 km².[1]. Este golfo é a única vía marítima pola que se pode acceder á canle de Panamá desde o océano Pacífico, que o conecta co mar das Antillas e o océano Atlántico. Pola súa gran cantidade e diversidade de peixes e especies mariñas, o golfo de Panamá está considerado como un dos mellores lugares do mundo para a pesca deportiva.

Existen algúns golfos e baías máis pequenos na súa xeografía, como a baía de Panamá, o golfo de Parita ou o golfo de San Miguel. O río Tuira, o máis importante de Panamá, desemboca na baía de San Miguel. No centro do golfo encóntrase o arquipélago de Las Perlas e nas súas costas atópanse as cidades de Panamá, La Palma e Chitré.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]