Golfo de Anadyr
Tipo | baía | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Mar de Bering | |||
Localización | ||||
División administrativa | Rusia | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Profundidade | 105 m | |||
O Golfo de Anadyr, ou Baía de Anadyr (ruso: Анадырский залив), é unha gran baía no mar de Bering no extremo nordés da Siberia.
Localización
[editar | editar a fonte]A baía é aproximadamente rectangular e ábrese cara ao sueste. As esquinas están (no sentido horario desde o sur) Cabo Navarin (outra fonte di que é o adxacente Cabo Tadeo), Esteiro Anadyr, Baía Kresta e Cabo Chukotsky na Península de Chukchi. Ten uns 400 quilómetros de diámetro. Unha longa barra de grava corre pola costa nordés por aproximadamente 72 km. ao leste da baía Kresta. O Golfo de Anadyr está cuberto de xeo normalmente 10 meses ao ano. Baleas como a balea de Groenlandia e a cincenta poden aparecer preto das costas.
Civilización
[editar | editar a fonte]A cidade de Anadyr, o centro administrativo do distrito autónomo de Chukotka, está situada no esteiro de Anadyr. Provideniya, na baía de Komsomolskaya (anteriormente Porto Emma, unha rama da Baía de Provideniya) e Egvekinot, na baía de Kresta son os seguintes asentamentos costeiros máis grandes.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de Anadyr |