[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Célebes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCélebes
(jv) Sulawesi Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas maiores da Sonda Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas maiores da Sonda Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaIndonesia Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 2°S 121°L / -2, 121
Bañado porOcéano Pacífico, Mar de Banda, Mar de Célebes, Mar das Molucas e Estreito de Macasar Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude985 m
1.929 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Rantemario (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (3.478 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie174.600 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX459148

Célebes[1] tamén coñecida, en especial ultimamente, co nome indonesio de Sulawesi (pronunciado "sulavesi", pois utilizan a versión holandesa do "w"). É unha das catro Illas maiores da Sonda e a undécima illa máis grande do mundo por superficie, está illa de Indonesia está situada ao leste de Borneo, ao oeste das Illas Molucas e ao sur de Mindanao e o arquipélago de Sulu. En Indonesia, só Sumatra, Borneo e Papúa son máis grandes en territorio, e só Xava e Sumatra teñen poboacións maiores.

Os primeiros europeos en chegar á illa foron navegantes portugueses en 1512. Desde o século XVII a illa foi parte das Indias Orientais Neerlandesas, como era coñecido o que actualmente é Indonesia baixo o goberno colonial dos Países Baixos.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome "Sulawesi" provén posiblemente das palabras "sula" ("illa") e "besi" ("ferro") e pode referirse á exportación histórica de ferro dos ricos xacementos do Lago Matano.[2] O termo "sula" tamén significa dentes, corno ou pico, derivado do sánscrito, como trishula refírese a "tridente". Así, "sulawesi" significa "picos de ferro", o que suxire que a illa tamén era produtora de armas de ferro. O nome entrou en uso común en inglés logo da independencia indonesia.

O nome de "Célebes" foi dado orixinalmente á illa polos exploradores portugueses. Considérase extensamente unha representación portuguesa do nome nativo "Sulawesi". [Cómpre referencia]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

É a décimo primeira illa máis grande do mundo, cunha área de 174.600 km², a illa está rodeada ao oeste por Borneo, ao norte polas Filipinas, ao leste polas Molucas e ao sur por Flores e Timor. A illa ten unha forma moi particular e distintiva, dominada por catro grandes penínsulas, a península de Minahassa no norte, a península do leste, a península do sur a a península do sueste. Tres golfos separan estas penínsulas: o Golfo de Tomini entre as penínsulas do norte de Minahasa e do leste, o Golfo Tolo entre as penínsulas do Leste e do Sueste, e o Golfo Bone (Golfo do óso) entre as penínsulas do sur e do sueste. O estreito de Makassar corre ao longo do lado occidental da illa e separa a illa de Borneo. A parte central é sumamente montañosa, polo que tradicionalmente as penínsulas da illa están afastadas unha da outra, xa que son máis curtas as comunicacións por mar, que polos camiños da illa.

Administración

[editar | editar a fonte]

A illa se subdivide en seis provincias de Indonesia: Gorontalo, Celebes do Norte (Sulawesi Utara), Celebes Occidental (Sulawesi Barat), Celebes Central (Sulawesi Tengah), Celebes do Sur (Sulawesi Selatan) e Celebes do Sueste (Sulawesi Tenggara). Célebes Occidental é unha nova provincia, creada en 2004 desde a parte de Célebes do Sur. As cidades máis grandes da illa son Makassar, Manado, Palu, Kendari, Bitung, Gorontalo, Palopo e Bau-Bau.

Modelo:Pie chart

Bandeira do movemento separatista

Flora e fauna

[editar | editar a fonte]

A illa de Célebes atópase xunto á Liña de Wallace, o que fai que maior parte das súas especies sexan pertencentes á rexión de Australasia. 2.290 km² da illa están incluídos no Parque Nacional de Lore Lindu.

Hai 127 especies de mamíferos coñecidas en Célebes, 72 delas, o 69%, son endémicas, o que signífica que non se atopan en ningunha outra parte do mundo. O maior mamífero nativo de Célebes é o anoa, unha especie de búfalo de pequeno tamaño.

En contraste, a maior parte das especies de aves se poden ser atopadas noutras illas, aínda que un 34% son tamén endémicas.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo o censo levado a cabo en 2000, a poboación total da illa de Célebes é de 14 946 488 de habitantes, o que representa un 7,25% da poboación total de Indonesia.

Célebes
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para babirusa.
  2. Watuseke, F. S. 1974. On the name Celebes. Sixth International Conference on Asian History, International Association of Historians of Asia, Yogyakarta, 26–30 agosto. Unpublished.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]