[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Goiaba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Goiabas
Goiaba
Valor nutricional por 100 g
Enerxía285 kJ (68 kcal)
14.32 g
Azucres8.92 g
Fibra alimentaria5.4 g
0.95 g
2.55 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
4%
31 μg
3%
374 μg
Tiamina (B1)
6%
0.067 mg
Riboflavina (B2)
3%
0.04 mg
Niacina (B3)
7%
1.084 mg
Ácido pantoteico (B5)
9%
0.451 mg
Vitamina B6
8%
0.11 mg
Ácido fólico (B9)
12%
49 μg
Vitamina C
275%
228.3 mg
Vitamina K
2%
2.2 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
2%
18 mg
Ferro
2%
0.26 mg
Magnesio
6%
22 mg
Manganeso
7%
0.15 mg
Fósforo
6%
40 mg
Potasio
9%
417 mg
Sodio
0%
2 mg
Cinc
2%
0.23 mg
Outros constituíntesCantidade
Licopeno5204 µg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

A goiaba[1] ou guaiaba[2] é o froito da goiabeira, árbore da especie Psidium guajava, da familia Myrtaceae, orixinaria da América tropical. Medra sobre todo no Brasil e nas Antillas[3].

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra galega goiaba chega a través do portugués brasileiro: goiaba, e á súa vez do termo aruaque guiaba, nome co que designaban esa froita[4].

Características

[editar | editar a fonte]

O froito é unha baga, carnoso, de casca verde, amarelada ou roxa, coa superficie irregular, de arredor de oito centímetros de diámetro. No seu interior, hai unha polpa rosada, branca ou dourada, contendo decenas de pequenas sementes duras, mais que poden ser inxeridas sen problemas. Soamente as variedades de polpas brancas e vermellas son comercializadas. Os catro sépalos da flor están normalmente presentes nunha das extremidades da goiaba.

Existen dúas variedades: a branca, de casca averdada e interior amarelo-averdado pálido, e a vermella, de casca amarelada e interior rosado. Algunhas moscas utilizan a goiaba para depósito dos seus ovos. As larvas desas moscas son popularmente chamadas no Brasil bichos da goiaba. As goiabas consómense principalmente frescas ou en forma de doce, chamado goiabada. Compotas, xeleas e zumes tamén son comúns. Son moi ricas en vitamina C, con 180-300 miligramos de vitamina por cen gramos de froita (máis cá laranxa ou o limón).

A goiaba non é áceda e, así, pode substituír o tomate na confección de mollos salgados e agridoces, sobre todo no caso de persoas con restricións á acidez deste último. Polo xeral, non ten moito azucre e case non posúe graxas, sendo indicada para calquera tipo de dieta. Preferentemente debe ser comida crúa. Está contraindicada só en persoas que teñan dixestións pesadas ou problemas intestinais.

A goiaba vermella ten niveis de vitamina C de 4 a 5 veces superiores aos da laranxa, posúe cantidades razoábeis de vitaminas A e do complexo B, alén de sales minerais, como calcio, fósforo e ferro.

Uso medicinal

[editar | editar a fonte]

En etnofarmacoloxía a raíz é usada para diarreas na infancia. A infusión, en gargarexos ou gargarismos, é usado para inflamacións da boca e da gorxa ou en lavaduras de úlceras e na leucorrea[5][6].

As follas teñen un aceite volátil rico en sesquiterpenos, entre eles o bisaboleno, alén do dietoximetano e dietoxetano que dan o aroma dos froitos. O principal compoñente do aceite das sementes é o ácido linoleico[7][8].

O extracto acuoso do "ollo" (gromo) da goiabeira ten unha intensa actividade contra Salmonela, a Serratia e Staphylococcus, grandes responsábeis das diarreas de orixe microbiana. A actividade é máis forte na variedade de polpa vermella, e máis débil nas follas adultas e na casca[5]. A polpa é usada para tratar parasitos intestinais coma Giardia lamblia e lombrigas (Enterobius vermicularis).

Produción no Brasil

[editar | editar a fonte]

No Brasil, o maior produtor mundial de goiabas vermellas, prodúcense froitas para a industria (variedades "paluma" e "rica", entre outras) e para consumo fresco (variedades "sassaoka" e "pedro sato", entre outras), coa maior parte da produción concentrada no estado de São Paulo e na contorna do río São Francisco (Nordés), na rexión das cidades Petrolina e Juazeiro.

  1. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009.
  2. VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega, p.127.
  3. "Páxina do Portal São Francisco". Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2012. Consultado o 16 de febreiro de 2013. 
  4. FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro: Nova Fronteira, 1986. p.855
  5. 5,0 5,1 Matos, F.J.A. 2002. Farmácias Vivas - sistema de utilização de plantas medicinais projetado para pequenas comunidades, 4a. edição. Edições UFC, Fortaleza. (citado en Lorenzi, Harri; Abreu Matos, Francisco José de: Plantas medicinais no Brasil: nativas e exóticas cultivadas. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002. ISBN 85-86714-18-6)
  6. Carriconde, C. 2000. Introdução ao uso de fitoterápicos nas patologias de APS. CNMP, Olinda (citado en Lorenzi, Harri; Abreu Matos, Francisco José de: Plantas medicinais no Brasil: nativas e exóticas cultivadas. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002. ISBN 85-86714-18-6)
  7. Craveiro, A.A., G.F. Fernandes, C.H.S. Andrade et al., 1981. Óleos essenciais de plantas do Nordeste. Edições UFC, Fortaleza (citado en Lorenzi, Harri; Abreu Matos, Francisco José de: Plantas medicinais no Brasil: nativas e exóticas cultivadas. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002. ISBN 85-86714-18-6)
  8. Robineau, L.G. (ed.) 1995. Hacia una farmacopea caribeña/TRAMIL. Enda-Caribe UAG & Universidad de Antioquia. Santo Domingo (citado en Lorenzi, Harri; Abreu Matos, Francisco José de: Plantas medicinais no Brasil: nativas e exóticas cultivadas. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002. ISBN 85-86714-18-6)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]