[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Parasito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cimex lectularius.
Larva de Strongyloides stercoralis

Un parasito[1] é aquel ser vivo que pasa unha parte ou a totalidade da súa vida no interior ou exterior doutro ser vivo de diferente especie, chamado hóspede (ou hospedador) a expensas do cal se nutre, producíndolle ou non dano e lesións.

Tipos e características

[editar | editar a fonte]

Os parasitos poden ser seres vivos de moitos tipos diferentes, como virus, bacterias, fungos, protozoos, helmintos, artrópodos, algas, e plantas superiores, pero en xeral, o termo resérvase artificialmente para os axentes patóxenos que non son virus, bacterias ou fungos.

A interacción biolóxica entre dúas especies, parasito e hospedador denomínase parasitismo. O parasitismo é unha relación anisoespecífica (entre distintas especias, xa que logo, o feto dos mamíferos) no útero da súa nai non pode ser considerado un parasito), na cal o parasito é dependente metabolicamente do seu hospedador.

A ciencia que estuda os parasitos é a parasitoloxía. Dado que a maioría dos microorganismos que producen infeccións son estudados pola microbioloxía, a parasitoloxía encárgase de estudar exclusivamente os seres eucariotas, xa sexan unicelulares, pero complexos (protozoos) de parasitos pluricelulares (metazoos) como os platelmintos, nematodos, artrópodos etc. En ocasións, é difícil diferenciar o fenómeno do parasitismo do comensalismo, a simbiose, a forese, ou a depredación, polo que estes límites varían dun autor a outro.

Unha das características comúns do parasitismo é que supón un intercambio de substancias, que provoca no hospedador unha resposta inmunóloxica. Un parasito debe vencer a acción do sistema inmune do hospedador para ter éxito. As interaccións antíxeno-anticorpo son máis complicadas canto maior sexa a complexidade dos antíxenos. As células dos eucariotas posúen unha gran cantidade de antíxenos comparada coas de bacterias ou virus. Un recurso de inmunoevasión para o parasito é o de formar antíxenos que se parezan aos do hóspede (mimetismo). Outro recurso é o de adherir antíxenos do hospedador á superficie exterior do corpo do parasito (enmascaramento antixénico). O resultado é que o hospedador invadido non recoñece ao parasito como invasor ou a resposta que produce non é totalmente efectiva.

Outra característica común do parasitismo é que o parasito debe adaptarse á resposta inmunitaria e en xeral á vida parasitaria, pero tamén o hospedador, porque a poboación parasita exerce unha presión selectiva neste, de modo que parasito e hospedador coevolucionan paralelamente a consecuencia do parasitismo. Isto explica por exemplo, que o xene da anemia falciforme sexa moi frecuente en zonas endémicas de malaria.

Parasitoses humanas máis coñecidas

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para parasito.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]