[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Bro gozh ma zadoù

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bro gozh ma zadoù
En galego: A terra dos meus devanceiros
Himno deBretaña Bretaña
LetraFrançois Jaffrennou
1897
MúsicaJames James
1856
Adoptado1903

Bro gozh ma zadoù (en galego: A terra dos meus devanceiros) é o himno da Bretaña. Foi composto o 1919 e a letra é de François Taldir-Jaffrenou (1879-1956). Este himno está inspirado no himno de Gales, Hen Wlad Fy Nhadau, composto polo bardo galés Evan James o 1856 e musicado polo seu fillo James James.

Escoitouse por primeira vez en 1898 durante a Resistencia de Morlaix, imprimíndose en follas volantes co subtítulo Henvelidigez (Adaptación). A melodía dos tres cantos é idéntica. Foi recollida no libro An Delen Dir en 1900, e empezou a ser cantado nas reunións de estudantes bretóns de Rennes, que fixeron o seu propio himno. No Congreso de Lesneven de 1903 foi escollido polo xurado da Unión Rexionalista Bretoa como "canto nacional" por mor da irmandade entre os galeses e os bretóns. Maurice Duhamel rexistrou a cantiga para piano en 1910.

Orixinal en bretón

Ni, Breizhiz a galon, karomp hon gwir Vro!
Brudet eo an Arvor dre ar bed tro-do.
Dispont kreiz ar brezel, hon tadoù ken mat,
A skuilhas eviti o gwad.
O Breizh, ma Bro, me 'gar ma Bro.
Tra ma vo mor 'vel mur 'n he zro.
Ra vezo digabestr ma Bro!
Breizh, douar ar Sent kozh, douar ar Varzhed,
N'eus bro all a garan kement 'barzh ar bed,
Pep menez, pep traonienn, d'am c'halon zo kaer,
Enne 'kousk meur a Vreizhad taer!
O Breizh, ma Bro, me 'gar ma Bro.
Tra ma vo mor 'vel mur 'n he zro.
Ra vezo digabestr ma Bro!
Ar Vretoned 'zo tud kalet ha kreñv;
N'eus pobl ken kalonek a-zindan an neñv,
Gwerz trist, son dudius a ziwan eno,
O! pegen kaer ec'h out, ma Bro!
O Breizh, ma Bro, me 'gar ma Bro.
Tra ma vo mor 'vel mur 'n he zro.
Ra vezo digabestr ma Bro!
Mar d'eo bet trec'het Breizh er brezelioù bras,
He yezh a zo bepred ken bev ha bizkoazh,
He c'halon birvidik a lamm c'hoazh 'n he c'hreiz,
Dihunet out bremañ, ma Breizh!

Tradución ao galego

Nós, Bretóns de corazón, amamos o noso verdadeiro país!
O Arvor[1] é recoñecido a través do mundo.
Sen medo ao corazón da guerra, os nosos devanceiros,
Verteron o seu sangue por el.
Oh Bretaña, o meu País, ámote País meu.
Mentres o mar sexa coma un muro ao seu redor.
Podes ser libre, País meu!
Bretaña, terra dos vellos Santos, terra dos Bardos,
Non hai outro país no mundo que eu ame tanto,
Cada montaña, cada val, está dentro do meu corazón,
Nel dorme máis dun heroe bretón!
Oh Bretaña, o meu País, ámote País meu.
Tanto que o mar será coma un muro ao teu redor.
Podes ser libre, País meu!
Os bretóns son xente dura e forte;
Ningún pobo baixo o ceo é tan afervoado,
Pranto tristeiro, ou canto ledo mestúranse neles,
Oh! como es de belo, meu país!
Oh Bretaña, o meu País, ámote País meu.
Tanto que o mar será coma un muro ao seu redor.
Podes ser libre, País meu!
Se antes Bretaña afrouxaches durante as guerras,
A túa lingua manterase viva sempre,
O seu corazón ardoroso retorna aínda por ela,
Espértaste agora, miña Bretaña!
  1. A costa bretoa