[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Bojacá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBojacá
Imaxe

Localización
Mapa
 4°44′01″N 74°20′32″O / 4.7336, -74.3422
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca
ProvinciaWestern Savanna Province (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación11.254 Editar o valor en Wikidata (103,25 hab./km²)
Xeografía
Superficie109 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.598 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorGonzalo Jiménez de Quesada Editar o valor en Wikidata
Creación1537 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata

Páxina webbojaca-cundinamarca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Bojacá é un dos 116 concellos do departamento de Cundinamarca, Colombia. Atópase na provincia de Sabana Occidente, a 40 km de Bogotá. A poboación foi fundada en 1573. Ten unha histórica tradición relixiosa que converteu o seu templo e a imaxe da súa Virxe nun sitio de peregrinación. Forma parte da área Metropolitana de Bogotá segundo o censo do DANE en 2005.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo «Bojacá» en muysc cubun (lingua muisca) quere dicir «cercado morado», segundo Acosta Ortegón. Miguel Triana di que Moxacá procrea o actual nome de Bojacá, que deriva de boxio, «morado» e ca, «cercado», ou sexa «cercado morado».

Na época precolombiana, Bojacá tivo unha grande importancia económica, social e relixiosa. As inscricións achadas nas pedras denominadas de Chiba Negra, moi preto da área urbana, teñen un especial interese arqueolóxico; alí pódese observar unha variedade de signos trazados en ocre ou algunha resina vexetal descoñecida actualmente.

Presúmese que o poboado colonial foi fundada por Gonzalo Jiménez de Quesada en 1537. Posteriormente este territorio foi repartido en tres encomendas: Bobacé, Bojacá e Cubiasuca. En 1602 estas encomendas son unidas por auto de Real Audiencia de Santafé de Bogotá; para tal efecto foi comisionado o oidor Luis Enríquez. O primeiro curato de Bojacá foi dos dominicos, sendo o seu doutrineiro frei Francisco Atúnez; en 1645 permutárono polo de Cáqueza cos agostiños.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]