Choachí
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Cundinamarca | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 223 km² | ||||
Altitude | 1.924 m | ||||
Creación | 1560 (Gregoriano) | ||||
Sitio web | choachi-cundinamarca.gov.co… |
Choachí é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Oriente, a 42 km de Bogotá. A cabeceira municipal atópase a unha altitude de 1924 m s. n. m., cunha temperatura media anual de 18 °C.
Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do nome do municipio é muisca, ten múltiples interpretacións dependendo do autor. Entre outras atopamos:
- Miguel Triana: "Chigua chía". Á xanela ou buraco da casa por onde miraban a paisaxe díselle Chigua e á lúa Chía, polo cal o penedo da cordilleira por onde asomaba a lúa, recibiu o nome poético de «Xanela da lúa», do cal provén Chiguachía, ou Choachí.
- Joaquín Acosta: Divide a palabra, a fin de darlle unha tradución máis precisa na lingua indíxena: Chi gua chíe, o cal quere dicir: «noso monte lúa». Tamén pode derivar de chigua que significa «eco» e chie que significa «o noso», o cal significaría: «o noso eco» ou «continuación do noso mundo».
Historia
[editar | editar a fonte]Antes da chegada dos españois, na beira occidental do actual río Blanco, había dúas poboacións indíxenas cuxos nomes en lingua muisca eran Tuche e Chiguachí, sendo a segunda onde hoxe se atopa o centro urbano de Choachí.
A colonización empezou antes de 1563 coa chegada dos españois Juan de Avellaneda, Francisco Lorenzo e Antonio Bermúdez (fundador de Choachí), este último, soldado e compañeiro de Gonzalo Jiménez de Quesada, quen debido á súa fidelidade e servizos militares foi nomeado encomendeiro pola Real Audiencia, nas terras do cacique Ubaque, correspondéndolle a porción de Chiguachí.
Do proceso adiantado por Diego de Villafañe en 1563, en contra de Antonio Bermúdez, menciónase que o primeiro trazado da vila ó estilo español foi en 1560, pero este foi incendiado polo cacique Bosatiba. Isto obrigou a realizarse un novo e definitivo trazo en 1564 no sitio actual; tradicionalmente tívose como data fundacional o 29 de setembro de 1550, o que resultou ser incorrecto, pero mantívose o día 29 de setembro como data que conmemora a festa patronal de san Miguel Arcanxo.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Choachí |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 20 de setembro de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)