[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Alfabeto gótico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia do alfabeto

Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV

Meroítico s. –III.
Xenealoxía completa

O alfabeto gótico é un alfabeto empregado exclusivamente para notar a lingua gótica de Wulfila, a Skeireins e distintos manuscritos en lingua gótica. É un alfabeto orixinal inventado probabelmente por Wulfila en persoa e que non ten nada que ver co que se denomina comunmente «letra gótica», que son letras do alfabeto latino tal e como se escribían en Occidente nos manuscritos dos séculos XII ao XIV e que máis tarde se converteron no que en Alemaña se designa co termo de Fraktur.

Testemuños

[editar | editar a fonte]

Este alfabeto empregouse principalmente no século VI en dous manuscritos posteriores a Wulfila (que viviu a finais do século IV, o Codex Ambrosianus e o Codex Argenteus. Está testemuñado noutros documentos, profanos e sagrados, e os derradeiros textos están datados no século IX (nunha época na que a lingua xa non se falaba probabelmente). O alfabeto gótico non foi a única escritura posíbel desta lingua: atópanse tamén algunhas inscricións en runas xermánicas.

Para máis detalles ver o artigo principal lingua gótica.

O alfabeto gótico basicamente é unha adaptación do alfabeto grego (na súa grafía uncial) aumentado con tres caracteres da uncial latina así como cinco letras prestadas das runas xermánicas (segundo a interpretación habitual).[1] Cada letra posúe un valor numeral por imitación da numeración grega e dúas delas só teñen esa función. O artigo Numeración gótica describe o funcionamento desta numeración. Ernst Ebbinghaus (cf. bibliografía) atopa dous estilos do alfabeto (tipo en S e tipo en Σ), segundo a forma da letra para s e a utilización da suspensión nasal (práctica que consiste en substituír as consoantes nasais finais por un signo de abreviación).

Transcrición / transliteración

[editar | editar a fonte]

Nas obras didácticas e científicas translitérase por medio dunha parte da transcrición dos xermanistas (é dicir aquí o alfabeto latino aumentado con dous signos especiais, entre eles a ligadura, ƕ (h+v) e a letra thorn, þ, tomada prestada do inglés antigo; como a notación de Wulfila era a miúdo ambigua (un mesmo dígrafo ai podía, por exemplo, notar [ai], [ɛ] ou [ɛ̄]), a transcrición bota man dos diacríticos para eliminar as dificultades de lectura.

Para máis precisións sobre a pronunciación da lingua pódese consultar Fonoloxía do gótico.

Lista dos grafemas

[editar | editar a fonte]

Aquí imos representar o tipo en S do alfabeto.

Gótico
Translit. a b g d e q z h þ
Val. núm.. 1 2 3 4 5 6 7 8
Orixe (?) h

Gótico
Translit. i k l m n j u p
Val. núm.. 10 20 30 40 50 60 70 80 90
Orixe

Gótico
Translit. r s t w f x ƕ o
Val. núm.. 100 200 300 400 500 600 700 800 900
Orixe R S

(Versión en imaxe)

Notas :

  • as columnas están na orde seguinte: gótico, translit(eración), val(or) num(érico) e orixe ;
  • a orixe indicada dá a letra grega (na súa grafía uncial) que está na raíz da letra gótica. As herdadas das runas xermánicas están sobre un fondo azul, as tomadas prestadas do latín sobre un fondo malva.

Dificultades de interpretación

[editar | editar a fonte]

As orixes propostas son só conxecturas que representan a interpretación habitual acerca da procedencia das letras gótica: en efecto, hai varias posibilidades canto á orixe dalgunhas, como , que podería tamén provir das runas, canto máis cando esas mesmas runas derivan en parte do alfabeto latino.

A orixe da letra suscita problemas interpretación. Pódese facer remontar ao koppa grego na súa grafía uncial, , cousa que non deixa de suscitar un paradoxo: o signo numérico , que provén claramente do koppa uncial: non se entende que dous trazados distintos proveñan dunha mesma fonte. A solución máis eficaz semella ser facer derivar a letra do stigma na súa grafía uncial (actualmente Ϛ), (que substituíu o digamma), cuxo trazado é moi semellante ao do koppa uncial e que explicaría a similitude rechamante entre a letra e o signo . As dúas evolucionarían seguindo as mesmas simplificacións (consulter o artigo sobre a numeración gótica para máis de detalles sobre o signo para 90). Neste caso, Wulfila non empregou a letra respectando valor fonético ningún, posto que o Ϛ nota /st/ (e substitúe un antigo digamma que notaba o /w/), senón que se valeu dunha casiña dispoñíbel no alfabeto grego numeral (sendo stigma unha ligadura abreviativa e non unha letra) que lle permitía engadir unha letra plena cuxa pronunciación era descoñecida no grego bizantino, pero que conservaba o seu valor numérico. A letra latina Q uncial podería tamén ser a orixe desta letra, pero esta hipótese é moito menos probábel.

Por outra banda, os signos para 90 () e 900 () derivan claramente do grego: son os avatares das letras arcaicas gregas koppa e sampi conservadas na numeración grega, letras que, tras perderen o seu estatuto de caracteres literais, fóronse deformando durante a época bizantina, ata o punto de que de Ϙ chegouse á forma actual Ϟ pasando por , que dá e que de se chegou a Ϡ, vía unha grafía (en feito, o paso dunha grafía á outra é máis complexa) que explica a letra gótica .

Algúns especialistas, entre os cales está Ernst Hebbinghaus (cf. bibliografía), consideran que se poden facer derivar todas as letras da uncial grega. Se ben esta hipótese pode verificarse para , que tradicionalmente se fai derivar da runa ᚦ, pero que se podería interpretar como a adaptación de (derivación posíbel foneticamente posto que en grego bizantino θ se pronunciaba [θ], como ), isto é menos evidente con outras letras. Por exemplo, dificilmente pode remontarse ao oméga grego, tal e como se trazaba na época e non Ω (grafía que, sen máis, podería ser satisfactoria). Suscítanse outras dificultades con , que parecería máis sinxelo de facer remontar a un F latino que á runa ᚠ ou ao grego .

Outros signos

[editar | editar a fonte]

O alfabeto gótico é unicameral (non diferenza maiúsculas de minúsculas) e escríbese en scriptio continua, é dicir que todas as palabras están pegadas entre si, sen deixar espazo entre elas.

Nos manuscritos sitúase unha diérese sobre o i cando a letra está en inicio de palabra, no inicio dunha sílaba tras vogal (para distinguila dun ditongo, vrerdadeiro ou falso, e indicar que o i non pertence á sílaba precedente): ïk («eu», cf. alemán ich), gaïddja (ga-iddja ; «eu pase», pretérito de ga-gaggan).

A liña subscrita indica abrevituras: gþ̅ representa guþ («Deus», cf. inglés God).

En canto aos signos de puntuación, os manuscritos utilizan o punto medio « · » e os dous puntos « : » como indicadores de pausa. Por veces, o espazo desempeña ese papel. Cando letras se empregan como símbolos numéricos, están rodeadas de puntos medios ou ben coroadas cunha liña ou subliñadas.

O alfabeto gótico está incluído agora no plan multilingüe suplementario de Unicode, entre os rangos U+10330 a U+1034F.

Por outra banda, algunhas inscricións estarían redactadas coas runas xermánicas.

Exemplo de texto en gótico

[editar | editar a fonte]

O texto seguinte está codificado directamente; é posíbel que sexa ilexíbel, pois precisa que o sistema acepte os caracteres Unicode do plan multilingüe suplementario e que estea instalado unha fonte cos caracteres góticos (para máis detalles, consultar a páxina de Alan Wood).

Trátase dos versículos 1 e 2 do capítulo 18 do Evanxeo segundo San Xoán.

𐌸𐌰𐍄𐌰 𐌵𐌹𐌸𐌰𐌽𐌳𐍃 𐌹𐌴𐍃𐌿𐍃 𐌿𐍃𐌹𐌳𐌳𐌾𐌰 𐌼𐌹𐌸
Þata qiþands Iesus usiddja miþ
𐍃𐌹𐍀𐍉𐌽𐌾𐌰𐌼 𐍃𐌴𐌹𐌽𐌰𐌼 𐌿𐍆𐌰𐍂 𐍂𐌹𐌽𐌽𐍉𐌽 𐌸𐍉
siponjam seinaim ufar rinnon þo
𐌺𐌰𐌹𐌳𐍂𐍉𐌽 𐌸𐌰𐍂𐌴𐌹 𐍅𐌰𐍃 𐌰𐌿𐍂𐍄𐌹𐌲𐌰𐍂𐌳𐍃 𐌹𐌽
Kaidron, þarei was aurtigards, in
𐌸𐌰𐌽𐌴𐌹 𐌲𐌰𐌻𐌰𐌹𐌸 𐌹𐌴𐍃𐌿𐍃 𐌾𐌰𐌷 𐍃𐌹𐍀𐍉𐌽𐌾𐍉𐍃 𐌹𐍃
þanei galaiþ Iesus jah siponjos is
𐍅𐌹𐍃𐍃𐌿𐌷 𐌸𐌰𐌽 𐌾𐌰𐌷 𐌹𐌿𐌳𐌰𐍃 𐍃𐌰 𐌲𐌰𐌻𐌴𐍅𐌾𐌰𐌽𐌳𐍃 𐌹𐌽𐌰
wissuh þan jah Iudas sa galewjands ina
𐌸𐌰𐌽𐌰 𐍃𐍄𐌰𐌳 𐌸𐌰𐍄𐌴𐌹 𐌿𐍆𐍄𐌰 𐌲𐌰𐌹̈𐌳𐌳𐌾𐌰 𐌹𐌴𐍃𐌿𐍃 𐌾𐌰𐌹𐌽𐌰𐍂
þana stad, þatei ufta gaïddja Iesus jainar
𐌼𐌹𐌸 𐍃𐌹𐍀𐍉𐌽𐌾𐌰𐌼 𐍃𐌴𐌹𐌽𐌰𐌹𐌼
miþ siponjam seinaim.

[Engadimos os signos de puntuación e os espazos na transcrición para facilitar a lectura]

«dito isto, pasou Xesús cos seus discípulos á outra beira do arroio Cedrón, onde había un xardín no que entrou cos seus discípulos. Xudas, que o traizoou, coñecía ese lugar porque Xesús e os seus discípulos se reunían alí a miúdo»

Velaquí o mesmo texto en imaxe:

  1. Sobre o alfabeto gótico ver tamén a Fausto Cercignani, The Elaboration of the Gothic Alphabet and Orthography, in “Indogermanische Forschungen”, 93, 1988, 168-185.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ademais das obras indicadas na bibliografía do artigo sobre o gótico, podermos atopar máis información en:

  • «The Gothic Alphabet » de Ernst Ebbinghaus, in World's Writing Systems, baixo a dirección de Peter T. Daniels e William Bright, Oxford University Press, Oxford, 1996 ;
  • A ilustración 25 da Vergelijkende taalwetenschap («Gramática comparada [das linguas indoeuropeas]») de R. S. P. Beekes, Het Spectrum, Utrecht, 1990.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]