[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Letras suplementarias do alfabeto grego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O alfabeto grego tal e como se le e escribe hoxe en día é o resultado de moitos séculos de evolución. Con todo a súa versión estándar non inclúe bastantes letras suplementarias.

En efecto, no correr dos séculos, este alfabeto foise "perfeccionando" (polo desenvolvemento da puntuación, a invención e a regularización do trazado das minúsculas) e adquiriu trazos particulares (como a existencia de variantes contextuais ─ para Σ sigma en minúscula: σ ou ς en fin de palabra ─, ou numerosas ligaduras).

Ao facer isto, letras frecuentes na Antigüidade foron abandonadas cando en -403 un dos alfabetos gregos foi adoptado en Atenas e logo se impuxo de feito no mundo helénico porque a lingua da cidade, base da koiné, non as precisaba. Outros caracteres (trazados secundarios dalgunhas letras e certas ligaduras tipográficas), utilizadas nos manuscritos e logo na imprenta, foron eliminadas entre o século XVIII e XIX, cando se quixo normalizar a escritura en Grecia.

Esta lista de caracteres "extensos" do alfabeto grego comprende, pois, á vez:

  • letras antigas abandonadas tras a adopción do modelo xónico en -403 pero son a miúdo testemuñadas en epigrafía (o seu uso continuou, mutatis mutandis, na numeración alfabética):
  • unha letra propia do bactriano, lingua indoirania escrita en alfabeto grego tras a conquista de Alexandre Magno (tras o século IV antes da nosa era):
    • sho: Ϸ ϸ /ʃ/.
  • grafías secundarias manuscritas antigas (sobre papiro) ou medievais (en manuscritos) útiles para o paleógrafo:
  • grafías secundarias tipográficas, entre elas as ligaduras:
    • stigma: Ϛ ϛ /st/.
    • a abreviatura καὶ: ϗ kai « e » (quizais unha antiga ligadura).
  • variantes libres dalgunhas letras (sobre todo minúsculas) ás veces tiradas de grafías manuscritas cursivas (máis ou menos antigas) ou (disque) propias dos usos tipográficos dalgunhas ciencias (matemáticas, astronomía):
    • ϐ beta curvado (para β; serve en tipografía francesa do grego como variante contextual ao trazado común), ϵ épsilon lunar e ϶ épsilon lunar invertido (para ε), ϴ e ϑ theta aberto (para Θ e θ), ϖ pi curvado (para π), ϰ kappa cursivo (para κ), ϱ rho cursivo ou curvado (para ρ), ϲ sigma lunar e ͻ sigma lunar invertido, ϒ, ϓ e ϔ (para Υ, Ύ e Ϋ), ϕ phi pechado (para φ).
  • caracteres utilizados en filoloxía comparada e no estudo diacrónico da lingua grega para transcribir fonemas que non se escribiron:
    • yot: ϳ /j/ (fonema yod indoeuropeo, a miúdo transcrito como *y). Esta letra non é de orixe grega: é un j latino prestado, utilizado con todo en textos en grego para notar o fonema de orixe indoeuropea *y (en API: [j]). En efecto, o alfabeto grego tal e como se usa agora non permite escribir tal fonema, desaparecido cedo do dialecto grego xónico-ático que legou o modelo de alfabeto aínda en uso actualmente. Así, poderase notar a palabra chipriota ιϳατηραν nunha obra de lingüística ou de epigrafía grega por medio dun artificio filolóxico tal.

Limitámonos ao que Unicode permite codificar (na súa versión 5.2).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]