[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cistite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cistite
Clasificación e recursos externos
Histopatoloxía dunha cistite glandular nunha biopsia citoscópica. Tinguidura con hematoxilina e eosina.
DiseasesDB13657
MedlinePlus000521
eMedicineemerg/626
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A cistite[1] (do grego κύστη, "quisti", e "-itis", "inflamación da vexiga") é unha inflamación, case sempre unha infección bacteriana de Escherichia coli ou Staphylococcus saprophyticus, da vexiga urinaria. A condición afecta con máis frecuencia as mulleres, pero pode afectar ambos os sexos e de todas as idades. Pódese complicar como infección de uréteres e riles ou entrada na corrente sanguínea. Tamén se pode referir a inflamacións causadas por menciñas, radioterapia, secundaria a outras doenzas ou por potenciais irritantes, tales como produtos de hixiene, espermicidas ou o uso dun catéter por longos períodos.[2]

Síntomas

[editar | editar a fonte]
  • Presión na parte inferior da pelve.
  • Dor ó ouriñar (disuria).
  • Micción frecuente (polaquiuria), ou necesidade urxente de ouriñar (urxencia urinaria).
  • Necesidade de ouriñar durante a noite (nicturia, semellante ó cancro de próstata ou HBP).
  • Cor ou aspecto anormal dos ouriños (terbola), semellante a unha infección urinaria.
  • Sangue nos ouriños (hematuria) (semellante ó cancro de vexiga).
  • Cheiro forte ou desagradable dos ouriños.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cistite.
  2. "mayoclinic.org". Consultado o 24 de xuño de 2011.