[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Chía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chía (Salvia hispanica).
Flor.

A chía (Salvia hispanica) é unha planta herbácea da familia das lamiáceas (coma o liño e a sarxa), nativa de Guatemala e das rexións central e austral mexicanas[1][2] (e Colombia[3]), coñecida polos seus grans nutritivos: as sementes de chía. Hai evidencia de que os aztecas cultivaban o vexetal en tempos precolombianos presente no Códice Mendoza, datado do século XVI, documento no cal tamén se mencionaba a súa relevancia agrícola na época.[4]

Máis coñecida pola súa semente, que se comercializa directamente, moída ou en forma de aceite, a chía tamén ten follas que poden ser aproveitadas para infusións.[5] É rica en minerais, aminoácidos esenciais e omega 3.[3][5][6] Saliéntase frecuentemente o seu potencial para previr doenzas cardiovasculares, diabetes e até tumores, alén de axudar na perda de peso.[2][7][8][9][10]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra chía deriva da palabra do náhuatl chian, que significa "oleoso, aceitoso".[1] Disque o estado mexicano de Chiapas podería ter a orixe do seu nome tamén a partir da lingua náuatle, que significa "auga de chía" ou "río de chía".

É unha das dúas plantas coñecidas como chía, sendo a outra Salvia columbariae, esta tamén denominada chía dourada.

Semente de chía

[editar | editar a fonte]

A semente da chía posúe formato oval e "diámetro" de aproximadamente 2 mm.[11] É visibelmente a principal parte da planta nos ámbitos comercial e gastronómico.

Características nutricionais

[editar | editar a fonte]

A semente da chía é, ás veces, considerada un alimento funcional dadas as súas características compositivas. O seu efecto mucilaxinoso (o de absorber e reter unha cantidade significativa de auga, como un emulsificante), debido á alta concentración de fibras, fai da chía interesante para quen busca enmagrecer, posto que pode intensificar a sensación de saciedade.[9]

A importancia nutricional da semente de chía óllase na seguinte lista:

Aplicación culinaria

[editar | editar a fonte]

A semente de chía, cando se utiliza de maneira integral, pode ter diversos usos culinarios. Úsase coma emulsificante, tornando os líquidos máis próximos dun xel; tamén liga as masas.

Receitas que poden incluír a semente de chía son os pudins, pans, tortas, quiches, mousses, cremas, patés, rissottos, ensaladas de froitas, zumes etc.

  1. 1,0 1,1 "Salvia hispanica L.". GRIN Taxonomy for Plants (en inglés). Departamento de Agricultura dos Estados Unidos. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2014. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mundo Verde (9 de novembro de 2011). "Chia: uma verdadeira aliada da saúde". Blog Mundo Verde. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Nutricionista fala sobre nutrientes e benefícios da semente de chia". G1 MG, g1.globo.com. 15 de outubro de 2011. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  4. CAHILL, Joseph P. (2003) Ethnobotany of Chia, Salvia hispanica L. (Lamiaceae) Economic Botany. Volume 57. Edición 4. 604-618 DOI:10.1663/0013-0001(2003)057[0604:EOCSHL]2.0.CO;2
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Isabell Shipard (6 de abril de 2009). "Chia: Crop Potential and Uses" (en inglés). The Permaculture Research Institute of Australia. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  6. Thaís Manarini (2011). "Chia, o grão pró-saúde". Revista Saúde (343). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  7. Giselli Souza; Merie Gervásio (22 de febreiro de 2012). "R7 testa a chia, a semente que elimina gordura". entretenimento.r7.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  8. Chris Bertelli (16 de setembro de 2011). "Chia é a nova promessa para emagrecer". iG Saúde. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Fernanda Reis (15 de febreiro de 2012). "Semente de chia é a nova aposta para perder peso". Folha.com. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  10. Leopoldo Rosalino (2 de novembro de 2011). "Chia é a semente que elimina gordura". MdeMulher. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  11. "Sementes de Chia (Salvia hispânica)". alquimiaalimentar.com. 9 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2011. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  12. João Carlos Labruna (11 de julho de 2007). "Magnésio, nutriente essencial ao organismo". Copacabana Runners. Consultado o 23 de marzo de 2012. 
  13. Oliveira, Por Dafne (2011-08-23). "Os benefícios do brócolis e sugestões de pratos". Comida e Receitas (en portugués). Consultado o 2020-02-03. 
  14. 14,0 14,1 "Nutrition facts - Seeds, chia seeds, dried". USDA SR-21 (en inglés). Condé Nast Publications. Consultado o 23 de marzo de 2012. 
  15. REYES-CAUDILLO, E; TECANTE, M.A. VALDIVIA-LÓPEZ. (31 de agosto de 2007). "Dietary fibre content and antioxidant activity of phenolic compounds present in Mexican chia (Salvia hispanica L.) seeds". Science Direct (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]