[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ácido graxo omega-3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ácido graxo omega 3»)
Aínda que os ácidos graxos omega-3 se atopan no peixe azul, ás veces tómanse en forma de suplemento dietético.
No mundo vexetal e cunha porcentaxe do 58-65 % en omega-3, as sementes de chía posúen a concentración máis alta de omega-3 coñecida até o momento.

Os ácidos graxos omega-3 (ω-3) son un grupo de ácidos graxos poliinsaturados de cadea longa e de cadea moi longa que se atopan en alta proporción nos tecidos de certos peixes e mariscos; e nalgunhas fontes vexetais tales como o aceite de soia, o aceite de colza, as noces e as sementes de liñaza. Caracterízanse por ter un dobre enlace entre os carbonos 3 e 4 contando desde o final da molécula.

Características dietéticas

[editar | editar a fonte]

Demostrouse experimentalmente que o consumo de grandes cantidades de omega-3 aumenta considerablemente o tempo de coagulación do sangue, o cal explica por que en comunidades que consomen moitos alimentos con omega-3 (inuit, xaponeses, etc.) a incidencia de doenzas cardiovasculares é sumamente baixa.[1][2][3][4] Outro estudo concluíu que a inxesta dietética de ácidos graxos ω-3 reduce modestamente o curso da arteriosclerose coronaria en humanos.[5]

Algunhas experiencias suxiren que o consumo de omega-3 ten efectos beneficiosos sobre o cerebro. Tamén hai estudos que suxiren que o consumo de omega 3 durante do embarazo pode ter unha boa influencia no bebé. Altas cantidades poderían diminuír os efectos da depresión, e mesmo grupos de nenos en idade escolar aumentaron notablemente o seu rendemento despois de inxerir pastillas con aceite de peixe rico en omega 3.

O omega-3 é un compoñente engadido a certos alimentos funcionais que son enriquecidos artificialmente con omega-3 como pode ser o leite, o leite de soia, os ovos, etc.[6]

Lista de ácidos graxos omega−3

[editar | editar a fonte]

Nesta táboa aparecen os ácidos graxos omega−3 máis comúns atopados na natureza.

Nome común Número lipídico Nome químico
Ácido hexadecatrienoico (HTA) 16:3 (n−3) Ácido todo-cis-7,10,13-hexadecatrienoico
Ácido α-linolénico (ALA) 18:3 (n−3) Ácido todo-cis-9,12,15-octadecatrienoico
Ácido estearidónico (SDA) 18:4 (n−3) Ácido todo-cis-6,9,12,15-octadecatetraenoico
Ácido eicosatrienoico (ETE) 20:3 (n−3) Ácido todo-cis-11,14,17-eicosatrienoico
Ácido eicosatetraenoico (ETA) 20:4 (n−3) Ácido todo-cis-8,11,14,17-eicosatetraenoico
Ácido eicosapentaenoico (EPA) 20:5 (n−3) Ácido todo-cis-5,8,11,14,17-eicosapentaenoico
Ácido heneicosapentaenoico (HPA) 21:5 (n−3) Ácido todo-cis-6,9,12,15,18-heneicosapentaenoico
Ácido docosapentaenoico (DPA)
(ácido clupanodónico)
22:5 (n−3) Ácido todo-cis-7,10,13,16,19-docosapentaenoico
Ácido docosahexaenoico (DHA) 22:6 (n−3) Ácido todo-cis-4,7,10,13,16,19-docosahexaenoico
Ácido tetracosapentaenoico 24:5 (n−3) Ácido todo-cis-9,12,15,18,21-tetracosapentaenoico
Ácido tetracosahexaenoico
(ácido nisínico)
24:6 (n−3) Ácido todo-cis-6,9,12,15,18,21-tetracosahexaenoico
  1. Actualidad Salud. Actualidad Salud, ed. "El engaño de los suplementos de omega 3". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 13 de xullo de 2018.  Arquivado 02 de outubro de 2018 en Wayback Machine.
  2. " Marine oils as a source of omega-3 fatty acids in the diet: how to optimize the health benefits", Uauy DaVAGINOIDEgach, R: Valenzuela, A. Prog-Food-Nutr-Sci. 1992; 16(3): 199-243
  3. "Fish Consumption, Fish Oil, Omega-3 Fatty Acids, and Cardiovascular Disease", Penny M. Kris-Etherton, PhD, RD; William S. Harris, PhD; Lawrence J. Appel, MD, MPH, for the Nutrition Committee, Circulation. 2002;106:2747-2757
  4. "The Effect of Dietary {omega}-3 Fatty Acids on Coronary Atherosclerosis", Clemens von Schacky, MD; Peter Angerer, MD; Wolfgang Kothny, MD; Karl Theisen, MD; and Harald Mudra, MD, Annals of Internal Medicine, 6 de abril de 1999 | Volume 130 Issue 7 | Pages 554-562
  5. "The Effect of Dietary ω-3 Fatty Acids on Coronary Atherosclerosis" (7). ISSN 0003-4819. doi:10.7326/0003-4819-130-7-199904060-00003. 
  6. " Egg yolk as a source of long-chain polyunsaturated fatty acids in infant feeding", Simopoulos, A P: Salem, N. Am-J-Clin-Nutr. 1992 Feb; 55(2): 411-4