[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ceboliño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre unha hortaliza, para a parroquia ourensá véxase artigo Ceboliño, Ourense. Para a semente de cebola, ou cebola nova (cebolo), véxase artigo cebola.

Ceboliño
Valor nutricional por 100 g
Enerxía126 kJ (30 kcal)
4.35 g
Azucres1.85 g
Fibra alimentaria2.5 g
0.73 g
3.27 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
27%
218 μg
24%
2612 μg
323 μg
Tiamina (B1)
7%
0.078 mg
Riboflavina (B2)
10%
0.115 mg
Niacina (B3)
4%
0.647 mg
Ácido pantoteico (B5)
6%
0.324 mg
Vitamina B6
11%
0.138 mg
Ácido fólico (B9)
26%
105 μg
Vitamina C
70%
58.1 mg
Vitamina E
1%
0.21 mg
Vitamina K
203%
212.7 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
9%
92 mg
Ferro
12%
1.6 mg
Magnesio
12%
42 mg
Manganeso
18%
0.373 mg
Fósforo
8%
58 mg
Potasio
6%
296 mg
Cinc
6%
0.56 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

O ceboliño[1] Allium schoenoprasum, tamén coñecido polo seu nome francés ciboulette, é unha herba da familia das aliáceas, da que se utilizan só as follas picadas como herba aromática; o seu bulbo, ten un sabor moi semellante ao da cebola común mais de menores dimensións e que non se consome (Diferéciase da cebola chinesa que é de maior dimensión, incluso chegando a duplicala en tamaño, da que se utiliza o bulbo mais non a folla).

Distribución e variedades

[editar | editar a fonte]
Flor
Sementes

O ceboliño é orixinario do extremo norte, as terras que hoxe forman parte do Canadá e Siberia. Introduciuse ao resto de Europa como herba de cociña e aromática, mais só raramente se naturalizou. Onde medra de xeito bravo pode acharse nos beirís dos camiños ou nas vías do camiño de ferro; acostuma atoparse deste xeito na variedade: A. schoenoprasum var. sibiricum, variedade máis robusta e alta.

O ceboliño prefire localizacións asolladas e solos húmidos, lixeiramente arxilosos. Medra dende o nivel do mar até os 2.500 msnm. É resistente ás xeadas, e resulta pouco afectado polas pestes e predadores animais, aos que repele a alicina.

Pode verse afectado por fungos fitopatóxenos como roias (Puccinia allii, Puccinia porri), Botrytis sp, e algunhas especies de fusarium, outras pragas inclúen algunhas especies de trips e larvas de coleópteros nas raíces.

Pode cultivarse a partir de semente de xeito doado, ou pola división do bulbo coas raíces logo da súa extracción. Comercialízanse só as súas follas agás no norte da Arxentina que, por mor á súa facilidade de produción, se consegue a planta completa.

Composición

[editar | editar a fonte]

O ceboliño é rico en vitamina A, B e C (da que contén até 130,5 mg por 100 gramos de herba fresca). A súa achega proteica e lipídica é escasa, de só 27 kCal/100 g.

A alicina que contén é un potente axente antibacteriano, e pode usarse topicamente coma desinfectante e funxicida, aínda que resulta menos efectiva có allo e a cebola pola súa inferior concentración.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Allium schoenoprasum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 301. 1753.[2][3][4]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Allium: nome xenérico moi antigo. As plantas deste xénero eran coñecidas tanto polos romanos coma polos gregos. Porén, parece que o termo ten unha orixe celta e significa "queimar", en referencia ao forte fedor adre da planta.[5] Un dos primeiros en utilizar este nome para fins botánicos foi o naturalista francés Joseph Pitton de Tournefort (1656-1708).

schoenoprasum: epíteto

Variedades

[editar | editar a fonte]

Sinonimia

[editar | editar a fonte]
Allium acutum Spreng.
Allium alpinum Hegetschw.
Allium buhseanum Regel
Allium coloratum Dulac
Allium foliosum Clarion
Allium gredense Riv.Mateos
Allium montanum Schrank in Schrank & K.Moll
Allium palustre Pourr. ex Lag. nom. illeg.
Allium purpurascens Losa
Allium raddeanum Regel
Allium reticulatum Wallr. nom. illeg.
Allium riparium Opiz
Allium schoenoprasum subsp. alpinum (Hegetschw.) Nyman
Allium schoenoprasum subsp. alpinum Celak.
Allium schoenoprasum subsp. pumilum (Bunge) K.Richt.
Allium schoenoprasum subsp. riparium Celak.
Allium schoenoprasum subsp. sibiricum (L.) K.Richt.
Allium schoenoprasum subsp. sibiricum Hayek & Markgr.
Allium schoenoprasum var. alpinum Cariot & St.-Lag.
Allium schoenoprasum var. pumilum Bunge
Allium schoenoprasum var. riparium Celak.
Allium schoenoprasum var. schoenoprasoides Briq. nom. illeg.
Allium tenuifolium Salisb. nom. illeg.
Ascalonicum schoenoprasum (L.) Renault nom. inval.
Cepa schoenoprasum (L.) Moench
Cepa tenuifolia Gray nom. illeg.
Porrum schoenoprasum (L.) Rchb.
Schoenissa rosea Salisb.
Schoenissa schoenoprasum (L.) Salisb.
Schoenoprasum vulgare Fourr.
  1. Nome vulgar galego en "Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C), A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004
  2. "Allium schoenoprasum L". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 4 de novembro de 2012. 
  3. "Allium schoenoprasum L., Sp. Pl.: 301 (1753).". World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2013. 
  4. Allium schoenoprasum L. en PlantList
  5. Giacomo Nicolini, Enciclopedia Botanica Motta. Volume primo, Milano, Federico Motta Editore, 1960, pag. 76.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Flora of China Editorial Committee. 2000. Fl. China 24: 1–431. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  • Flora of North America Editorial Committee, e. 2002. Magnoliophyta: Liliidae: Liliales and Orchidales. 26: i–xxvi, 1–723. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
  • Grayum, M. H. 2003. Alliaceae. In: Manual de Plantas de Costa Rica, B.E. Hammel, M.H. Grayum, C. Herrera & N. Zamora (eds.). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 92: 43–45.
  • Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]