Conxunción (gramática)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Conxunción é un vocábulo ou locución que enlaza oracións, sintagmas ou palabras, como a súa etimoloxía de orixe latino explica: cum, "con", e iungo, "xuntar"; polo tanto, "que enlaza ou une con". Constitúe unha das clases de nexos. Non debe confundirse cos marcadores do discurso.
Forma
[editar | editar a fonte]A conxunción é unha parte invariable da lingua que se utiliza para enlazar oracións e establecer relacións entre elas: Luísa vai traballar e Pedro queda en casa.
A conxunción só ten valor gramatical, non ten valor semántico. O seu significado adquíreo nas relacións oracionais que pode presentar. Valor aditivo: Luísa compra e vende obxectos. Valor de oposición: Carme traballa, e non tódolos días etc...
Hai outros moitos nexos, na súa orixe preposicións, que encabezan oracións e que adquiren valor de conxunción, aínda que non teñan forma conxuntiva. A estas construcións chámaselles xiros conxuntivos. Por exemplo:
- Ao inf. = Cando verbo conxugado: Ao cantar o galo, San Pedro chorou = Cando cantou o galo...
- Por inf. = Porque verbo conxugado: Por vir tarde, non entrou = Porque veu tarde...
- Con inf. = Aínda que verbo conxugado: Con ser tan listo, non aprobou = Aínda que era tan listo...
- De inf. = Se verbo conxugado: De chover hoxe, refuxiarémonos no quiosco = Se chove hoxe, refuxiarémonos...
- Para inf. = Para que verbo conxugado: viñemos para cantar = viñemos para que cantemos
Igualmente, existen algúns adverbios e pronomes que poden funcionar como conxuncións. Se son adverbios, denomínanse adverbios conxuntivos, por exemplo cando, mentres, onde, como, así etc... Entre os pronomes, están os chamados pronomes relativos (que, quen, o-a-os-as cal-é, cuxo etc...) e pronomes que poden funcionar en correlacións distributivas, como un... outro etc...
Por outra banda, existen determinadas construcións que agrupan preposicións, substantivos, conxuncións e outros elementos a fin de formar as chamadas locucións conxuntivas, equivalentes a nexos ou conxuncións; forman un vasto repertorio que expresa os máis curiosos matices: de maneira que, así que, a fin de inf, por máis que, pese a que, antes de que, despois de que etc...
Existe ademais un grupo de conxuncións correlativas que aparecen en dúas partes, de forma correlativa, unha parte na primeira proposición unida e outra parte polo xeral encabezando a segunda: "Ata tal punto tíñalle antipatía, que veu para matalo".
En galego, as conxuncións clasifícanse en propias e impropias.
- Conxuncións propias son as que unen oracións ou elementos do mesmo nivel sintáctico, grupo nominal ou adxectivo, como son as conxuncións coordinantes ou coordinativas: e, nin, pero, senón...: Luís camiñaba triste e pensativo.
- Conxuncións impropias son as que enlazan oracións dependentes, como son as locucións ou partículas subordinantes: como, cando, que, porque, para que... As conxuncións subordinantes degradan a oración en que se insiren e a transpoñen funcionalmente a unha unidade de rango inferior que cumpre algunha das funcións propias do substantivo, do adxectivo ou do adverbio: Dixo que viría. Fíxoo porque quixo.
As conxuncións, segundo os distintos tipos de relacións ou enlaces oracionais que presentan, poden adquirir valores significativos diversos, e clasifícanse en dous tipos: coordinantes ou subordinantes.
Conxuncións coordinantes ou coordinativas
[editar | editar a fonte]As conxuncións coordinantes son copulativas, adversativas, disxuntivas, explicativas ou distributivas.
Conxuncións copulativas
As conxuncións copulativas serven para reunir nunha soa unidade funcional dous ou máis elementos homoxéneos e indican a súa adición. Son: e, e, nin, que. E é a conxunción máis usada na lingua coloquial: Xurxo e Daniel pasean; repítese frecuentemente na linguaxe infantil, como expresión sucesiva de enunciados: O can é o meu amigo e quérolle moito e xoga comigo. Este uso pleonástico mantense na lingua popular das narracións, e como recurso expresivo intensificador. A conxunción nin equivale a e non e sinala a adición de dous termos, pero implica que sexan negativos: Non fixo os traballos nin estudou. A fin de marcar a expresividade, anteponse ás veces a tódolos termos unidos: Nin teño traballo nin diñeiro. A conxunción copulativa que é de uso arcaizante, aínda que tamén figura en locucións con valor intensificador: E ti chora que chora. O mesmo dá que dá o mesmo.
Conxuncións adversativas
As conxuncións adversativas son as que contrapoñen dúas oracións ou termos sintácticos. A contrariedade pode ser parcial ou total; a parcial expresa unha corrección ou restrición no xuízo da primeira oración, de modo que a coordinación é restritiva: mais, pero, aínda que. Existe unha serie de conxuncións que proceden de formas lingüísticas máis extensas e que se gramaticaron total ou parcialmente que se usan como nexos adversativos: así a todo, emporiso, así a todo, malia, no entanto, máis ben, agás, salvo, menos...
Se hai incompatibilidade entre as dúas oracións coordinadas de maneira que a afirmativa exclúa totalmente á negativa, a coordinación é exclusiva: senón, senón que, así a todo, ao contrario: Non o fixo Xoán ?senón? Pedro.
As conxuncións adversativas máis utilizadas son pero e senón: Iría contigo pero non podo; mais está reducida á lingua escrita e principalmente á lingua literaria e expresa unha corrección máis lene que pero: Fixo un xuramento, mais en balde; emporiso pertence ao estilo literario afectado; pero e mais, poden encabezar unha cláusula con sentido enfático. ¡Pero, Xoán, se ti non estabas!
Conxuncións disxuntivas
As conxuncións disxuntivas indican alternancia exclusiva ou excluente: ou, ou, colócanse entre os termos que indican a alternancia ou antepostas a cada un deles: Chamou Pedro ou Xoán. Outras veces, ou indica que os termos unidos son equivalentes e serven para designar unha mesma realidade: Todo ocorreu ?ou? sucedeu nun momento.
Conxuncións explicativas
Son aquelas que unen proposicións que expresan o mesmo, pero de distinta forma, a fin de explicarse mutuamente. Son polo xeral xiros illados entre comas como ou sexa, isto é, é dicir, ide est, é máis: Foise ao outro mundo, é dicir, morreu.
Conxuncións distributivas
As conxuncións distributivas indican distribución ou alternancia; repiten os termos: ou... ou; empréganse ás veces unidades de tipo adverbial: ben... ben, xa... xa, ora... ora tamén se usa a forma verbal inmobilizada sexa, cando os termos unidos expresan equivalencia: Xa vés, xa a guindaches demasiado lonxe.
Conxuncións subordinantes ou subordinativas
[editar | editar a fonte]As conxuncións subordinantes divídense en tres grandes grupos:
- as que introducen subordinadas substantivas.
- as que introducen subordinadas adxectivas, tamén chamadas de relativo (que no canto de conxuncións son en realidade pronomes relativos)
- as que introducen subordinadas adverbiais, tanto se introducen proposicións circunstanciais coma proposicións lóxicas.
As conxuncións subordinantes ou subordinativas que introducen subordinadas substantivas introducen oracións que desempeñan as funcións propias dun sintagma nominal (suxeito, atributo, complemento directo, complemento indirecto, suplemento, complemento do nome). As conxuncións substantivas clasifícanse segundo a función que a oración substantiva desempeñe dentro da oración principal. Utilízase que, conxunción completiva, para a función de suxeito e de complemento directo: Amoloume que non mo dixeses; Dixo que o faría. Ás veces, emprégase que con algunha preposición, por exemplo en función de suplemento: El convenceuse de que era importante. Tamén se emprega "se" para as interrogativas indirectas: Pregúntome se virá. Tamén poden utilizarse pronomes e adverbios interrogativos: Preguntoume como virían. Preguntoume cantos virían.
As proposicións subordinadas adxectivas van introducidas por pronomes relativos (que, quen, o cal, cuxo e as súas variantes), que desempeñan ao mesmo tempo unha función sintáctica dentro da proposición subordinada que introducen. Estes pronomes relativos poden ir precedidos de preposición ou non. "O libro que me prestaches era moi bo. O libro de que me falabas era bo."
Dentro das adverbiais existen xeralmente dous grupos de conxuncións que introducen proposicións subordinadas: as que introducen proposicións circunstanciais de tempo, modo, lugar e comparación, e as que indican operacións ou relacións lóxicas entre a proposición subordinada e a proposición principal como son a causa, a consecuencia, a consecuencia inesperada ou non desexada chamada concesión, a finalidade e a condición.
As que introducen proposicións subordinadas adverbiais circunstanciais poden ser simples conxuncións, adverbios conxuntivos, xiros conxuntivos ou locucións conxuntivas e poden indicar
- Tempo (cando, ao inf., mentres, despois de que, antes de que).
- Lugar (onde, onde, por onde, onde, dende onde...)
- Modo (como, segundo, conforme, coma se, da forma, xeito, modo que).
- Comparación (tan... como; máis... que; menos... que). Neste último caso utilízanse nexos descontinuos ou correlativos.
As que introducen proposicións subordinadas adverbiais lóxicas poden indicar:
- Causa (porque, xa que, por inf. etc...)
- Consecuencia, isto é, implicación ou seguimento lóxico (así que, xa que logo, pois, conque, así pois, de forma, xeito, modo ou sorte que)
- Concesión, isto é, consecuencia inesperada ou non desexada, isto é, complicación (aínda que, por máis que, malia que, con inf., pese a que etc...)
- Finalidade, aplicación (para que, a fin de que, co cometido, intención ou propósito de que, a fin de inf. etc...).
- Condición (se, caso que, no caso de que, de inf., como etc...)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Nexo
- Marcadores do discurso
- Nexos comparativos no Curso de lingua galega (Wikibooks)