[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Relativo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O relativo é unha clase de palabra que se define pola súa natureza pronominal, é dicir, por substituír sintagmas ós cales representa na oración, desenvolvendo asemade dúas funcións, unha suboracional (no interior da cláusula subordinada) e outra oracional (no interior da oración complexa). Ademais, o relativo transpón a oración que encabeza á categoría substantiva, adxectiva, ou adverbial.

As diferenzas entre os distintos relativos

[editar | editar a fonte]

Atendendo ó trazo léxico que achegan, canto é cuantificador, quen é persoal; como, modal; cando, temporal; onde, é local; e que carece de trazo léxico sinalable.

Atendendo a como actúan, canto é cuantificador, quen é substantivo; como, cando e onde, adverbios. Que carece non ten función clasificable.

Atendendo á transposición, canto e quen nominalizan a secuencia posterior, como, cando e onde, adverbializan; que, adxectiva, inda que, segundo Serafina García García, que é tamén aquí un disidente pois é a única unidade que admite ser incrementado cun artigo para cambia-la súa capacidade transpositiva. Con artigo transpón a cláusula á categoría substantiva; sen el, a cláusula pode cubri-lo papel do adxectivo: Xoán dixo o que quería –> Xoán dixo cousas.

Desde outro punto de vista, poderiamos agrupar-los relativos en tres tipos segundo como fagan funcionar a cláusula:

  • Como adxacente verbal: canto.
  • Como adxacente nominal: que, cal.
  • Quen, onde, cando e como, teñen ámbalas dúas posibilidades de construción.

As diferenzas entre os relativos débense a que estes fan referencia ó texto lingüístico (forese) ou ó contexto. Algúns teñen como única posible referencia o texto (que, cal).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • García Cancela, X.(1984). "Formas para o relativo". Lingua e Administración,1
  • García García, S. (1993). "Las fronteras de los pronombres relativos" en Verba. Vol 20 páx. 355-368
  • Hernández Alonso, C. (1967). "El que español". En R.F.E. t. L, pp. 335–337
  • VV.AA. (1982). Gramática galega. Galaxia.
  • VV.AA. (1988). Nova gramática para a aprendizaxe da lingua. Vía Láctea