1903
Aparencia
1903 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1903 MCMIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2656 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1352 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4599 – 4600 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5663 – 5664 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1958 – 1959 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1825 – 1826 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5004 – 5005 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1281 – 1282 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1321 – 1322 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2153 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
- 22 de xaneiro - O Senado dos Estados Unidos ratifica o Tratado Hay-Herran, que garante o dereito de construír o Canal de Panamá. A Colombia rexeita o tratado.
- 18 de xullo - Estréase A Ponte, primeiro drama galego en prosa, da autoría de Lugrís Freire.
- 28 de agosto - Fúndase a Harley-Davidson Motor Company.
- 3 de novembro - Panamá independízase de Colombia.
- 6 de novembro - Arxentina: o perito Francisco Pascasio Moreno dona para a fundación do primeiro parque nacional tres leguas do terreo da Patagonia que lle foron adxudicadas polos seus traballos na fronteira con Chile.
- 17 de decembro - En Kitty Hawk, Carolina do Norte (Estados Unidos), Orville Wright efectúa o primeiro voo controlado dun avión autopropulsado, o Flyer I, construído xunto co seu irmán Wilbur.
- 21 de decembro - O Senado holandés adopta unha lei para protexer ós traballadores dos accidentes laborais.
Nacementos
- 27 de xaneiro - John Carew Eccles, neuropsicólogo australiano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1997)
- 13 de febreiro - Georges Simenon, escritor belga (m. 1989)
- 21 de febreiro - Anaïs Nin, escritora francesa (m. 1977).
- 21 de febreiro - Raymond Queneau, escritor francés (m. 1976).
- 26 de febreiro - Giulio Natta, químico italiano, Premio Nobel de Química (m. 1979)
- 24 de abril - José Antonio Primo de Rivera, político español.
- 25 de abril - Andrei Nikolaievich Kolmogorov, matemático ruso.
- 3 de maio - Bing Crosby, cantante e actor estadounidense (m. 1977).
- 26 de maio - Álvaro Cebreiro, debuxante galego (m. 1956).
- 6 de xuño - Hernán Poza Juncal, mestre e pedagogo galego.
- 7 de xuño - Alexandre Bóveda, intelectual galeguista.
- 21 de xuño - José Almoina, escritor e político galego (m. 1960).
- 25 de xuño - George Orwell, escritor británico (m. 1950).
- 6 de xullo - Hugo Theorell, científico sueco, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1982)
- 11 de agosto - Ánxel Fole, escritor galego.
- 27 de agosto - Florencio Delgado Gurriarán escritor galego.
- 11 de setembro - Theodor Adorno, filósofo e musicólogo alemán (m. 1969).
- 24 de setembro - Lino Novás Calvo, escritor galego en castelán (m. 1983).
- 18 de outubro - Silvio Santiago, escritor galego.
- 20 de outubro - Victoriano Marcos Alonso, político e militar galego (m. 1958).
- 23 de outubro - José Barral Souto, economista, estatístico e actuario galego nacionalizado arxentino (m. 1976
- 27 de outubro - Antonio Ramos Varela, escritor e político galego (m. 1945).
- 7 de novembro - Konrad Lorenz, zoólogo austríaco, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1989).
- 13 de novembro - Emilio González López, historiador e político galego (m. 1991).
- 27 de novembro - Lars Onsager, químico noruegués, Premio Nobel de Química (m. 1976)
- 5 de decembro - Cecil Frank Powell, físico británico, Premio Nobel (m. 1969).
- 12 de decembro - Yasujiro Ozu, cineasta xaponés (m. 1963).
- 19 de decembro - George Davis Snell, xeneticista estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1996).
- 22 de decembro - Haldan Keffer Hartline, fisioloxista estadounidense, Premio Nobel (m. 1983).
- 28 de decembro - John von Neumann, físico e matemático húngaro-estadounidense (m. 1957).
- 29 de decembro - Candido Portinari, pintor brasileiro (m. 1962).
Mortes
- 5 de xaneiro - Práxedes Mateo Sagasta, presidente do Goberno español.
- 22 de febreiro - Victor Meirelles, pintor brasileiro (n. 1832).
- 31 de marzo - Aureliano Linares Rivas, xornalista e político galego (n. 1841).
- 8 de maio - Paul Gauguin, pintor francés (n. 1848).
- 20 de maio - Marcial Valladares Núñez, novelista e lexicógrafo galego (n. 1821).
- 20 de xullo - León XIII, Papa (n. 1810).
- 11 de agosto - Eugenio María de Hostos, escritor e educador portorriqueño.
- 1 de novembro - Theodor Mommsen, premio Nobel de Literatura en 1902.
- 12 de novembro - Camille Pisarro, pintor francés (n.1830).
Premios Nobel
- Física - Antoine Henri Becquerel, Pierre Curie e Marie Curie.
- Química - Svante Arrhenius.
- Medicina - Niels Ryberg Finsen.
- Literatura - Bjørnstjerne Bjørnson.
- Paz - William Randal Cremer.
Outros
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1903 |