Aureliano Linares Rivas
Aureliano Linares Rivas, nado en Santiago de Compostela o 1 de xuño de 1841 e finado en Madrid o 31 de marzo de 1903[1], foi un avogado, xornalista e político galego. Foi ministro de Graza e Xustiza durante o reinado de Afonso XII e de Fomento durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en 1864 en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, iniciou a súa carreira política como deputado pola Coruña nas eleccións de 1872. Coa proclamación da I República afastouse da política e non retornou a ela ata a restauración monárquica. Obtivo novamente un escano pola Coruña nas eleccións de 1876 que repetiu nos sucesivos procesos electorais ata as eleccións de 1899, pasando en 1901 a ser nomeado senador por "Dereito Propio".
Foi ministro de Graza e Xustiza entre o 31 de outubro de 1883 e o 18 de xaneiro de 1884 no goberno que presidiu José Posada Herrera. Así mesmo foi Ministro de Fomento entre o 23 de novembro de 1891 e o 11 de febreiro de 1892 e entre o 14 de decembro de 1895 e o 4 de outubro de 1897 en senllos gobernos presididos por Antonio Cánovas del Castillo.
Tamén foi presidente do Consello de Estado e autor da obra La primera Cámara de la Restauración. Retratos y semblanzas (1878).
Predecesor: Vicente Romero Girón |
Ministro de Graza e Xustiza 1883 - 1884 |
Sucesor: Francisco Silvela |
Predecesor: Santos Isasa y Valseca Alberto Bosch y Fustegueras |
Ministro de Fomento 1891 - 1892 1895 - 1897 |
Sucesor: Segismundo Moret Prendergast José Álvarez de Toledo y Acuña |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Era irmán do tamén político Maximiliano Linares Rivas. Foi pai de Manuel Linares Rivas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Retrato en La Ilustración Gallega y Asturiana, 1880.
-
Monumento na Coruña.
-
Retrato en La Correspondencia de España, 1903.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1952). "Linares Rivas, Aureliano". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 287-288.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aureliano Linares Rivas |