[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Haldan Keffer Hartline

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHaldan Keffer Hartline

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1903 Editar o valor en Wikidata
Bloomsburg, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte17 de marzo de 1983 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Fallston, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónLafayette College (en) Traducir
Johns Hopkins School of Medicine (en) Traducir
Universidade Johns Hopkins Editar o valor en Wikidata
Director de teseAugust Herman Pfund (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFisioloxía, Neurobioloxía, bioloxía, neurociencia, medicina e neuroloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfisiólogo, neurólogo, médico, neurocientífico, biólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Cornell
Universidade Rockefeller
Universidade Johns Hopkins
Johns Hopkins School of Medicine (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoCharles F. Stevens (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElizabeth K. Hartline Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хартлайн Холден Кеффер) Editar o valor en Wikidata

Haldan Keffer Hartline, nado o 22 de decembro de 1903 en Bloomsburg (Pensilvania) e finado o 17 de marzo de 1983 en Fallston (Maryland), foi un fisiólogo estadounidense, cogañador canda George Wald e Ragnar Granit, en 1967 do Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina polo seu traballo de análise dos mecanismos neurofisiolóxicos da visión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Hartline empezou os seus estudos sobre electrofisioloxía da retina como un bolseiro do "National Research Council Fellow" na Universidade Johns Hopkins de Baltimore. Despois de asistir ás universidades de Leipzig e de Múnic como investigador estudante de Eldridge Johnson, alcanzou o cargo de profesor de biofísica e presidente do Departamento de Johns Hopkins en 1949. Un dos estudantes graduados de Hartline na Johns Hopkins, Paul Greengard, tamén gañaría despois o Premio Nobel. Hartline uniuse ao staff da Universidade Rockefeller de Nova York en 1953, como profesor de neurofisioloxía.

Hartline investigou as respostas eléctricas da retina de certos artrópodos, vertebrados, e moluscos, debido a que os seus sistemas visuais son moito máis simples que os dos humanos e é máis fácil estudalos. Concentrou os seus estudos no ollo do cangarexo ferradura (Limulus polyphemus). Usando eléctrodos de minute nos seus experimentos, obtivo o primeiro rexistro dos impulsos eléctricos enviados por unha simple fibra de nervio óptico cando os receptores conectados a esta son estimulados por luz.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]