[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Georges Simenon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorges Simenon

(1965) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(mul) Georges Joseph Christian Simenon Editar o valor en Wikidata
13 de febreiro de 1903 Editar o valor en Wikidata
Liexa (Bélxica) Editar o valor en Wikidata
Morte4 de setembro de 1989 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Lausana (Suíza) Editar o valor en Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Marcel AchardJean Giono → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMarsilly (1932–1934)
Épalinges (pt) Traducir
Lakeville (pt) Traducir
Place des Vosges (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo L'Ostrogoth (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, xornalista, novelista, fotógrafo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1919 Editar o valor en Wikidata - 1981 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoFicción detectivesca Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeRégine Renchon
Denyse Ouimet Editar o valor en Wikidata
FillosMarc Simenon
 () Régine Renchon
Marie-Jo Simenon, neno
Pierre Simenon
 () Editar o valor en Wikidata
IrmánsChristian Simenon Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Сименон Жорж)
Den Store Danske Encyklopædi (pt) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0799442 Allocine: 35756 Allmovie: p198871 IBDB: 108420
BNE: XX1014079 Bitraga: 442 Musicbrainz: 3fa7ef2d-0301-49b5-8c61-c9280e590f2b Discogs: 659574 WikiTree: Simenon-1 Find a Grave: 7253064 Editar o valor en Wikidata

Georges Joseph Christian Simenon, nado en Liexa o 13 de febreiro de 1903 e finado en Lausana o 4 de setembro de 1989, foi un escritor belga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Simenon procedía dunha familia acomodada limburguesa asentada en Liexa. En 1918 deixa os estudos e en 1919 comeza a traballar par o xornal conservador La Gazette de Liège. Logo da morte do seu pai estableceuse en París (1922). Entre 1945 e 1955 viviu nos Estados Unidos e dende 1957 residiu en Suíza.

Simenon foi un dos escritores máis prolíficos do século XX, escribía entre 60 e 80 páxinas ao día, e durante a súa vida publicou 368 novelas e máis de 200 relatos, aínda que é coñecido sobre todo polas 75 novelas 28 relatos do Comisario Maigret; a primeira novela da serie, Pietr-Le-Letton apareceu en 1931 e a última, Maigret et M. Charles en 1972. As novelas de Maigret traducíronse a 55 linguas e moitas convertéronse en filmes. Unha delas foi traducida ao galego, Maigret na escola.

Simenon tamén escribiu gran número de novelas psicolóxicas como La neige était sale (1948) ou Le fils (1957).