Bahamas
Commonwealth of the Bahamas (en) | |||||
Himno | March On, Bahamaland | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Forward, Upward, Onward, Together» «Напред, нагоре, нататък, заедно» «Ymlaen, ymlaen, gyda'n gilydd!» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Nassau | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 399.440 (2023) (28,78 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Relixión | cristianismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 13.878 km² | ||||
Auga | 27,9 % | ||||
Punto máis alto | Monte Alvernia (pt) (63 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 10 de xullo de 1973 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional | ||||
• Monarca das Bahamas | Carlos III do Reino Unido (2022–) | ||||
• Primeiro ministro das Bahamas | Hubert Ingraham (1992–2002) Perry Christie (2002–2007) Hubert Ingraham (2007–2012) Perry Christie (2012–2017) Hubert Minnis (2017–2021) Philip Edward Davis (pt) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of The Bahamas (en) , (Escano: 54) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 11.527.600.000 $ (2021) | ||||
Moeda | Dólar bahamés | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .bs | ||||
Prefixo telefónico | +1242 | ||||
Teléfono de emerxencia | 919 (pt) | ||||
Código de país | BS | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | bahamas.gov.bs | ||||
As Bahamas (i/bəˈhɑːməz/), oficialmente a Commonwealth das Bahamas (Mancomunidade das Bahamas[1]), é un país independente dentro do Arquipélago das Lucaias das Indias Occidentais no Atlántico. Ocupa o 97% da superficie terrestre do arquipélago Lucayan e alberga o 88% da poboación do arquipélago. O estado arquipeláxico está formado por máis de 3.000 illas, caios e illotes (24 illas habitadas, 600 deshabitadas e máis de 2.000 penedas e escollos) no océano Atlántico, está situado ao norte de Cuba e ao noroeste da illa de Hispaniola (dividida entre Haití e a República Dominicana) e as Illas Turcas e Caicos, ao sueste do Estado norteamericano de Florida, e ao leste dos Caios de Florida. A capital é Nassau na illa de New Providence. A Forza de Defensa Real das Bahamas describe o territorio das Bahamas como que abarca 470 000 km2 (180 000 sq mi) de espazo oceánico. A lingua oficial é o inglés, mais tamén está moi estendido o crioulo das Bahamas.[2]
As illas Bahamas estiveron habitadas polos lucayos, unha rama do taíno de fala arauaca, durante moitos séculos.[3] Cristobo Colón foi o primeiro europeo en ver as illas, tocando terra por primeira vez no "Novo Mundo" en 1492 cando desembarcou na illa de San Salvador. Máis tarde, os españois enviaron aos lucayos nativos e escravizáronos na Hispaniola, despois do cal as illas Bahamas quedaron na súa maioría desertas principalmente desde 1513 ata 1648 debido a case todos os bahameses nativos foron expulsados pola forza a través da escravitude ou morreron debido a enfermidades traídas ás illas polos europeos. En 1649,[4] Colonos Ingleses cdas Bermudas, coñecidos como os Eleutheran Adventurers, establecéronse na illa de Eleuthera.
As Bahamas convertéronse nunha colonia da coroa británica en 1718, cando os británicos reprimiron a piratería. Despois da Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América, a Coroa reinstalou a miles de Lealistas Americanos nas Bahamas, levaron consigo aos seuss escravos e estableceron plantacións nas concesións de terras. Os africanos escravos e os seus descendentes constituíron a maioría da poboación a partir deste período. O comercio de escravos aboliuse polos británicos en 1807. A escravitude nas Bahamas aboliuse en 1834. Posteriormente, as Bahamas convertéronse nun refuxio para os escravos africanos liberados. Os africanos liberados de barcos de escravos ilegais foron reasentados nas illas pola Mariña Real, mentres que algúns escravos norteamericanos e seminole escaparon ás Bahamas desde Florida. Incluso se sabía que os bahameses recoñecían a liberdade dos escravos transportados polos barcos doutras nacións que chegaban ás Bahamas. Hoxe os negros bahameses representan o 90% da poboación de 400.516 habitantes.[3]
O país gañou a independencia gobernamental en 1973, liderado por Sir Lynden O. Pindling, con Carlos III como o seu Rei.[3] En termos de produto interior bruto per cápita, as Bahamas é un dos países independentes máis ricos das Américas (seguindo os Estados Unidos e o Canadá), cunha economía baseada no turismo e financiamento offshore.[5]
Nome e etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Bahamas deriva do nome lucaio nome Bahama ('grande illa media superior'), usada polos indíxenas Taínos para a illa de Gran Bahama.[6][7] As guías turísticas adoitan afirmar que nome provén do castelán baja mar xa que gran parte das illas deste arquipélago só son avistables durante a marea baixa ou "baixamar". Existe outra teoría, segundo a cal pode proceder de Guanahani, un nome local de significado incerto.[8]
Testemuñado por primeira vez no c. Mapa de Turín de 1523, Bahama orixinalmente referíase só a Gran Bahama, pero utilizouse inclusive en inglés en 1670.[9] O toponimista Isaac Taylor argumenta que o nome deriva de Bimani (Bimini), que os españois en Haití identificaron con Palombe, un lugar lendario onde as Viaxes de John Mandeville dicían que había unha fonte da xuventude.[10]
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira terra na que desembarcou Cristovo Colón no Novo Mundo en 1492 crese que foi na illa de San Salvador, chamada orixinalmente polos arauacos Guanahani, e posteriormente Watling polos británicos, localizada ao sur do arquipélago das Bahamas. Alí, Colón atopou aos amigables arauacos (tamén coñecidos como «lucayos») e intercambiou agasallos con eles. A posterior desaparición dos arauacos e doutros pobos debeuse en gran medida a esta e a posteriores expedicións europeas á rexión.
Desde final do século XV ata o século XVII, España controlou as Bahamas, aínda que as illas, pola súa situación estratéxica na "Ruta do Galeón" (e por formar o arquipélago un auténtico labirinto insular) , paulatinamente foron transformándose en agochos e niños de piratas, bucaneiros, filibusteiros especialmente ingleses. Así no século XVIII, os lealistas británicos que deixaran Nova Inglaterra por mor dos sentimentos anti-británicos trasladáronse ás illas. Debido ao gran número de colonos británicos nas illas, a soberanía do arquipélago traspasouse de España a Reino Unido, e as Bahamas foron declaradas colonia británica en 1783.
En plena segunda guerra mundial, o Duque de Windsor (anteriormente o rei do Reino Unido, Eduardo VIII) é nomeado Gobernador Xeral das Bahamas e viaxou a esas illas en compañía da súa esposa, a duquesa de Windsor, Wallis Simpson en 1940 para exercer ese cargo de Gobernador Xeral ata 1945.
En 1973, os habitantes das Bahamas votaron a favor da independencia e declaráronse independentes do Reino Unido, aínda que permaneceron dentro da Mancomunidade Británica de Nacións (Commonwealth). Desde a súa independencia, as Bahamas prosperaron notablemente grazas ao turismo, á banca internacional e a xestión de investimentos.
Política
[editar | editar a fonte]O monarca británico, Carlos III, é tamén o xefe de estado das Bahamas, pois o país é membro da Commonwealth de Nacións. Está representado nas Bahamas, por un gobernador xeral, designado por el mesmo. O xefe do goberno é o primeiro ministro, polo xeral o líder do partido que gaña as eleccións no parlamento. O parlamento de Bahamas comprende dúas cámaras, o Senado (con 16 membros) e a Asemblea (con 40 membros). As eleccións celébranse cada cinco anos.
Organización territorial
[editar | editar a fonte]As Bahamas son un grupo de preto de 700 atois e caios que se atopan no océano Atlántico occidental fronte ás costas da Florida. A illa máis grande é a illa Andros, situada a uns 240 km ao sueste da Florida. As illas Bimini están ao noroeste. Ao norte sitúase a illa de Gran Bahama, onde se atopa a segunda cidade máis grande do país, Freeport. A illa de Grande Ábaco está á beira, ao leste. A segunda illa máis grande, Gran Inagua, está na parte máis meridional. Nassau é a capital e a cidade máis grande, localizada en Nova Providencia.
As principais illas son:
Nome | Superficie km² |
Habitantes |
---|---|---|
Ábaco | 1 681 | 13 170 |
Acklins | 497 | 428 |
Andros | 5 957 | 7 686 |
Illas Berry | 31 | 709 |
Bimini | 23 | 1 717 |
Cat Island | 388 | 1 647 |
Crooked Island e Long Cay | 241 | 350 |
Eleuthera | 484 | 7 999 |
Exuma | 290 | 3 571 |
Gran Bahama | 1 373 | 46 994 |
Illa Harbour | 8 | 1 639 |
Inagua | 1 551 | 969 |
Long Island | 596 | 2 992 |
Mayaguana | 285 | 259 |
Nova Providencia | 207 | 210 832 |
Illa Ragged | 36 | 72 |
Rum Cay | 78 | 80 |
San Salvador | 163 | 970 |
Spanish Wells | 26 | 1 527 |
A maioría do país é plano aínda que as illas teñen unha costa moi irregular. O punto máis alto do país é o monte Alvernia, de 63 metros, situado na illa de Alvernia.
Os distritos das Bahamas proporcionan un sistema de goberno local en todas os lugares de Bahamas agás Nova Providencia (que ten o 70 por cento da poboación nacional), cuxos asuntos son xestionados directamente polo goberno central. En 1996, o Parlamento das Bahamas aprobou a "Lei do goberno local" para facilitar o establecemento de administradores das illas familiares, distritos de goberno local, conselleiros locais de distrito e comités locais das cidades para as distintas comunidades insulares. O obxectivo xeral deste acto é permitir aos distintos líderes electos gobernar e supervisar os asuntos dos seus respectivos distritos sen a interferencia do goberno central. En total, hai 32 distritos, con eleccións cada cinco anos. Hai 110 concelleiros e 281 membros do comité municipal elixidos para representar os distintos distritos.
Cada concelleiro ou membro da comisión municipal é responsable da correcta utilización dos fondos públicos para o mantemento e desenvolvemento da súa circunscrición.
Os distritos distintos de Nova Providencia son os seguintes:
Clima
[editar | editar a fonte]O clima das Bahamas é entre tropical e subtropical, estando moderado polo influxo das augas da corrente do Golfo, sobre todo no inverno. Estas illas, como todo o Caribe, sofren o azoute dos furacáns, cuxa tempada dura desde final do verán ata últimos do outono. O furacán «Andrew» golpeou as illas setentrionais en 1992, o «Floyd» case todas en 1999, e o «Frances», en 2004, é considerado como un dos peores.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía das Bahamas.
Bahamas é unha das nacións máis estables e economicamente desenvolvidas do Caribe. A súa economía baséase sobre todo no turismo e no sector financeiro, que se benefician da súa condición de paraíso fiscal. O turismo representa algo máis da metade da súa economía. A industria e a agricultura, doutra banda, só representan un dez por cento.
A renda per cápita estímase para o ano 2006 en US$ 21 300. A unidade monetaria do país é o dólar das Bahamas.
Demografía
[editar | editar a fonte]A maioría dos bahameses son negros (85%), sendo os brancos a principal minoría (10%). O idioma oficial é o inglés, falado por case todo a poboación, aínda que popularmente fálase o «patois». Un número pequeno de inmigrantes haitianos falan crioulo (creole). O castelán, é falado na súa maioría por inmigrantes cubanos e estadounidenses de orixe hispana.
Bahamas é un país moi relixioso. O cristianismo é a principal relixión, predominando as confesións protestantes como os baptistas, seguidos dos anglicanos. Os católicos son o 19% da poboación. Cultos sincréticos como o obeah, parecido ao vodú, son practicados por algunhas persoas.
Cultura
[editar | editar a fonte]Datas | Nome en galego | Nome local (inglés) |
---|---|---|
1 de xaneiro | Novo Ano | New Year's Day |
Primeiro venres en xuño | Día do Traballo | Labour Day |
10 de xullo | Día da Independencia | Independence Day |
Primeiro luns en agosto | Día da Emancipación ou Kadooment | Emancipation or Kadooment Day |
12 de outubro | Día do Descubrimento de América | Discovery Day |
25 de decembro | Día de Nadal | Christmas Day |
26 de decembro | Día de San Esteban | Boxing Day |
Deporte
[editar | editar a fonte]En xullo realízase o torneo de pesca máis importante das illas, onde os habitantes máis destros neste deporte asombran aos turistas coa súa rapidez e precisión. Tamén en setembro se realizan torneos de música e baile, onde se pon a proba os magníficos golpes da música afro e os seus míticos bailes.
Bahamas fai parte da Federación Internacional do Fútbol Asociado (FIFA), participando o seu equipo en torneos internacionais a nivel mundial, aínda que non con moita sorte.
Coa beleza da paisaxe, e os seus marabillosos corais, o mergullo e o snorkell son os deportes máis practicados. Pero ademais realízanse toda clase de deportes náuticos. Para sentirse máis protexido e seguro, os nativos, préstanse como guías tanto nas profundidades como nas Illas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Official government website. "The Constitution". Consultado o 29 de maio de 2017.
- ↑ Ethnologue (ed.). "Bahamas".
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Modelo:Cite CIA World Factbook
- ↑ "History of The Bahamas". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2022. Consultado o 4 de xuño de 2022.
- ↑ Country Comparison :: GDP – per capita (PPP) Arquivado 23 de abril de 2015 en Wayback Machine.. CIA World Factbook.
- ↑ Ahrens, Wolfgang P. (2016). "Naming the Bahamas Islands: History and Folk Etymology". En Hough, Carole; Izdebska, Daria. 'Names and Their Environment': Proceedings of the 25th International Congress of Onomastic Sciences: Glasgow, 25–29 August 2014, Volume 1: Keynote Lectures: Toponomastics I (PDF). University of Glasgow. p. 47. ISBN 978-0-85261-947-6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 de abril de 2022. Consultado o 10 de xullo de 2022.
- ↑ Granberry, Julian; Vescelius, Gary (2004). Languages of the Pre-Columbian Antilles. University of Alabama Press. p. 85. ISBN 0-8173-1416-4.
- ↑ Harper, Douglas. "bahamas". Online Etymology Dictionary.
- ↑ Allsopp, Richard, ed. (2003). Dictionary of Caribbean English Usage. Kingston, Jamaica: University of the West Indies Press. p. 70. ISBN 976-640-145-4.
- ↑ Taylor, Isaac (1898). Names and Their Histories; a Handbook of Historical Geography and Topographical Nomenclature. London: Rivingtons. p. 58.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bahamas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Horne, Gerald (2012). Negro Comrades of the Crown: African Americans and the British Empire Fight the U.S. Before Emancipation. NYU Press. ISBN 978-0-8147-4463-5.
- Higham, Charles (1988). The Dutchess of Windsor: The Secret Life. McGraw Hill. ISBN 978-0471485230.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Goberno das Bahamas - páxina oficial en inglés