[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Océano Ártico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía físicaOcéano Ártico
Imaxe
Tipoocéano
mar interior Editar o valor en Wikidata
Epónimonorte Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Atlántico
Océano mundial Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaRusia, Noruega, Islandia, Groenlandia, Canadá e Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
División administrativamar a fóra Editar o valor en Wikidata
Mapa
 90°N 0°L / 90, 0
Composto por
Afluentes
Conca hidrográficaconca hidrográfica do océano Ártico Editar o valor en Wikidata
Características
Profundidademáximo: 5.550 m
Media: 1.038 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMolloy Deep (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (−5.550 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie14.056.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico18.750.000 km³ Editar o valor en Wikidata
BNE: XX457434

O océano Ártico,[1] tamén coñecido como océano Glacial Ártico,[2] é a menor das cinco grandes divisións oceánicas do planeta Terra.

Está situado no hemisferio norte, na súa gran maioría na rexión polar ártica. A Organización Hidrográfica Internacional recoñece o Ártico como un océano, se ben é chamado por parte da oceanografía mar Ártico Mediterráneo ou simplemente mar Ártico, clasificándoo como un dos mares mediterráneos do océano Atlántico.[3] Por outro lado, o océano Ártico pode ser visto como o lobo norte do océano Mundial.

Case completamente envolvida por Eurasia e por América do Norte, o océano Ártico está parcialmente cuberto por xeo durante todo o ano: case por completo no inverno, se ben no comezo do século XXI a superficie cuberta por xeo é de só entre 1/3 e 1/2 a finais do verán. A temperatura e a salinidade do océano Ártico varían segundo esta cobertura de xeo se derrete e conxela;[4] a media de salinidade é a máis baixa en comparación cos cinco grandes océanos, debido á baixa evaporación, ao fluxo pesado de auga doce de ríos e correntes, e a conexión limitada con augas oceánicas de salinidade máis elevada. No verán o nivel do xeo diminúe nun 50 %.[5] O National Snow and Ice Data Center (NSIDC) usa datos de satélite para fornecer un rexistro diario da cobertura de xeo do Ártico e a taxa de fusión, en comparación cun período medio dos últimos anos.

Características

[editar | editar a fonte]
A rexión ártica. A fronteira sur da rexión neste mapa está representada por unha isoterma vermella, con temperaturas medias inferiores aos 10 °C en xullo ao norte da mesma.
Batimetría e topografía do océano Ártico e as terras veciñas.

O océano Ártico ocupa unha bacía aproximadamente circular e cobre unha área de cerca de 14 056 000 km², case do tamaño da Federación Rusa,[6][7] cun litoral de 45 390 km.[6][8]

Está limitado polas masas terrestres da Eurasia, América do Norte, Groenlandia, e por varias illas.

Abrangue a baía de Baffin, os mares de Barents, de Beaufort, de Chukchi, de Siberia Oriental, o Groenlandia, a baía de Hudson, o estreito de Hudson, os mares de Kara, de Laptev, o mar Branco e outros corpos de auga tributarios.[5]

Está ligado ao océano Pacífico a través do estreito de Bering e ao océano Atlántico a través do mar de Groenlandia e do mar do Labrador.[5]

Os bordos do océano Glacial Ártico están repartidos entre diversos mares secundarios, separados por arquipélagos costeiros; de Escandinavia a Rusia e América do Norte sucédense o mar de Barents, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar de Siberia Oriental, o mar de Chukchi, o mar de Beaufort e o mar de Lincoln, ao norte da América. Limitado por soleira de pequena profundidade, o océano Ártico realiza pouquísimos intercambios con augas dos outros océanos.

A capa de xeo que cobre o océano ten unha superficie caótica por mor dos movementos que a animan, e ten un espesor de dous a catro metros. Vese afectada por unha deriva, desde a illa de Wrangel até o polo Norte e o arquipélago de Svalbard. Os límites da capa, variables segundo as estacións do ano, permiten en verán unha certa circulación marítima do mar de Barents ao cabo Tcheliuskin.

Prehistoria

[editar | editar a fonte]

Segundo estudos realizados por especialistas da Universidade de Oxford (Inglaterra) e o Instituto Real de Holanda para a Investigación Mariña o océano Ártico hai uns setenta millóns de anos gozaba de temperaturas similares ás que hoxe en día se viven no mar Mediterráneo, con temperaturas duns 20 °C hai vinte millóns de anos.

Chegaron a estas conclusións mediante o estudo de materiais orgánicos atopados en lodo de illotes de xeo do ártico. Aínda non se sabe porque se daban estas temperaturas naqueles tempo pero crese que puido ser o efecto invernadoiro derivado dunha forte concentración de dióxido de carbono na atmosfera.

O océano está situado na zona de clima polar, en que as temperaturas mínimas poden baixar de -50 °C, existindo frío permanente e pouca variabilidade zonal. Os invernos son caracterizados por escuridade continua por mor da noite polar, e por condicións estables co ceo limpo. En verán hai sol de medianoite, ceos nubrado e ciclóns con neve ou choiva, aínda que de baixa intensidade. Ten lugar o fenómeno da aurora boreal.

A temperatura da superficie do océano Ártico é practicamente constante, próxima do punto de conxelación da auga do mar, pouco superior aos 0 °C. No inverno o mar exerce unha influencia moderadora, aínda que estea cuberto por xeo, polo que no Ártico nunca se verifican os extremos de temperatura que teñen lugar na Antártida.

O océano ten unha boa parte de zona sólida, con numerosos icebergs.

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Cheo de xeo e neve, só sobreviven algunhas algas, liques, briófitas e fungos. Entre os animais encóntranse o oso polar, focas, leóns mariños, raposo ártico, lebre ártica, krill e algúns peixes e baleas.

O desxeo do Ártico é principalmente causado polo efecto invernadoiro e o quecemento global, que provocan o desxeo rápido de vastas reservas de auga doce.[9]

En setembro de 2007 o ENVISAT, satélite da ESA, rexistrou o maior desxeo do océano Ártico,[10] abrindo á navegación a Paso do Noroeste.

Os cinco océanos

Atlántico

Ártico

Índico

Pacífico

Antártico
  1. ártico no Dicionario da RAG.
  2. glacial 1 adx XEOG 1 Aplícase ás terras e mares das zonas polares. Dicionaro de galego. Vigo: Ir Indo Edicións, 2004, ISBN 84-7680-7.
  3. Tomczak, Matthias e J. Stuart, Godfrey (2003): Regional Oceanography: an Introduction Arquivado 30 de xuño de 2007 en Wayback Machine.. Delhi, Daya Publishing House (en inglés).
  4. Some Thoughts on the Freezing and Melting of Sea Ice and Their Effects on the Ocean K. Aagaard and R. A. Woodgate, Polar Science Center, Applied Physics Laboratory, University of Washington, January 2001. Retrieved 7 December 2006.
  5. 5,0 5,1 5,2 Michael Pidwirny (2006). "Introduction to the Oceans". www.physicalgeography.net. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2006. Consultado o 7 de decembro de 2006. 
  6. 6,0 6,1 Wright, John W. (ed.); Editors and reporters of The New York Times (2006). The New York Times Almanac (2007 ed.). New York, New York: Penguin Books. p. 455. ISBN 0-14-303820-6. 
  7. "Oceans of the World" (PDF). rst2.edu. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xullo de 2011. Consultado o 28 de outubro de 2010. 
  8. "Arctic Ocean Fast Facts". wwf.pandora.org (World Wildlife Foundation). Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2010. Consultado o 28 de outubro de 2010. 
  9. Revista Veja (23 de setembro de 2009): "Um atalho no gelo" Arquivado 17 de decembro de 2012 en Wayback Machine.
  10. [1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]