Karatsu
| |||
Mapa | |||
---|---|---|---|
Localización de Karatsu na prefectura de Saga | |||
Localización da prefectura de Saga no Xapón | |||
Información | |||
País | Xapón | ||
Illa | Kyūshū | ||
Rexión | Rexión de Kyūshū | ||
Prefectura | Prefectura de Saga | ||
Superficie | 487,47 km2 | ||
Poboación | 128.353 (2009) | ||
Densidade | 263 h/km² | ||
Alcalde | Toshiyuki Sakai |
Karatsu (唐津市, からつし; Karatsu-shi) é un concello da prefectura de Saga no Xapón. Está situado ao noroeste da rexión de Kyūshū e ao norte da prefectura, na illa de Kyūshū. Ten 487,47 km² de superficie e unha poboación de 128.353 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 263 h/km².
O concello de Karatsu limita pola terra cos concellos de Genkai, de Imari, de Takeo, de Taku, de Saga (son da prefectura de Saga); de Nijō, de Maebaru (son da prefectura de Fukuoka); e pola mar co concello de Matsuura (da prefectura de Nagasaki).
Cultura
- Festa de Karatsu Kunchi (唐津くんち, 2 - 4 de novembro)
Cidades irmandadas
- Yeosu, Jeolla do Sur, Corea do Sur (1982)
- Seogwipo, Jeju, Corea do Sur (1994)
- Reihoku-machi, Prefectura de Kumamoto, Xapón (1994)
Galería de imaxes
-
Karatsu Kunchi
-
Karatsu Kunchi