[go: up one dir, main page]

Jeju (Jeju-do en coreano) é a provincia máis pequena de Corea do Sur. O seu territorio coincide co da illa de maior tamaño do país, a illa de Jeju, e atópase no estreito de Corea, ao suroeste da provincia de Jeolla do Sur, da cal formou parte ata 1946. A súa capital é Jeju (en coreano, Jeju-se).

Modelo:Xeografía políticaJeju
제주도 (ko) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 33°22′00″N 126°32′00″L / 33.366666666667, 126.53333333333
EstadoCorea do Sur Editar o valor en Wikidata
CapitalJeju Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación670.837 (2024) Editar o valor en Wikidata (363,01 hab./km²)
Lingua usadaLingua jeju
lingua coreana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.848 km² Editar o valor en Wikidata
Medición31 (ancho) × 73 (lonxitude) km
Altitude1.950 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoHalla-san (1.947,06 m) Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivogoberno provincial de Jeju Editar o valor en Wikidata
• Gobernador Editar o valor en WikidataOh Young-hun (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoconcello de Jeju Circunscrición: 30, (Escano: 36) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2KR-49 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webjeju.go.kr Editar o valor en Wikidata
Facebook: happyjejudo Twitter: happyjejudo Instagram: special_jejudo Youtube: UCK2JegInDWoDtwEpjh4HzLg Editar o valor en Wikidata

Ao longo da historia, a illa recibiu diferentes nomes, como:

  • Doi (島夷).
  • Dongyeongju (東瀛州).
  • Juho (州胡).
  • Tammora (耽牟羅).
  • Seopra (羅).
  • Takra (竣羅).
  • Tamra (耽羅).

Historia natural

editar

A illa de Jeju, coñecida antigamente en Occidente como illa de Quelpart, é unha illa volcánica, dominada polo monte Halla, un volcán extinguido de 1950 m de altura, que é o pico máis alto de Corea do Sur.

A illa formouse fai centos de millóns de anos, como consecuencia de erupciones volcánicas, e componse fundamentalmente de basalto e de lava. Ten un clima subtropical, máis cálido que o do resto de Corea, no que se distinguen catro estacións; parte do verán é chuviosa, e o inverno é moi seco.

Historia

editar
 
Fervenza en Jeju

Este territorio foi un país independente, coñecido como Tamna, ata o ano 662, no que pasou a formar parte do protectorado de Silla. En 938, logo da caída de Silla, Tamna convértese nun protectorado de Goryeo. En 1105, Tamna perde a súa autonomía, e convértese en provincia de Goryeo. O rei Euijong de Goryeo cambiou o nome da illa de Tamna por Jeju.

En 1271, Jeju foi a base da rebelión de Sambyeolcho contra os mongois; Sambyeolcho foi derrotado en 1273, e Jeju non volveu ser parte de Goryeo ata 1367.

Cando Corea foi colonizada polo Xapón en 1910, Jeju denominouse Saishu, que é a forma de ler en xaponés os caracteres hanja da palabra Jeju. Logo da derrota dos xaponeses, Jeju converteuse oficialmente en parte da nova República de Corea, formando parte da provincia de Jeolla do Sur ata 1946, en que se transformou nunha nova provincia.

No período entre o 3 de abril de 1948 e o 21 de setembro de 1954, estando o goberno de Corea do Sur baixo supervisión estadounidense, producíronse unha serie de revoltas, pola actuación do exército rebelde e a represión gobernamental, que deron lugar á morte de varias decenas de miles de persoas. Estes sucesos coñécense como a Insurrección de Jeju.

Sociedade e cultura

editar

Na illa de Jeju, existen características culturais que distinguen á súa poboación do resto de Corea, probablemente debidas ao illamento xeográfico. Así, existen miles de lendas locais. Os harubang ("avós de pedra") son o distintivo cultural máis claro; trátase de esculturas en bloques de lava.

 
Harubang
 
Paisaxe de Jeju
 
Lagos en cráteres en Jeju

Outro aspecto distintivo da provincia de Jeju é a estrutura matriarcal das familias, sobre todo en Udo e en Mara, aínda que tamén presente no resto da provincia. O mellor exemplo que se coñece é o das haenyo, (??, literalmente mulleres do mar), quen se gañan a vida mergullando a pulmón para pescar moluscos, como os abulones (familia Hallotidae, da clase Gasterópoda) e as cunchas (familia Strombidae), entre outros produtos.

División administrativa

editar

Jeju divídese en 2 cidades (Se ou Shi) e en 2 condados (Gun). Á súa vez, as dúas cidades divídense en 31 barrios (Dong) e os dous condados divídense en sete vilas (Eup) e en cinco distritos (Myeon). Ademais, as vilas e distritos están divididos en 551 pobos (Ri). A continuación, enuméranse os nomes en alfabeto latino, Hangul e Hanja.

Cidades

editar
  • Jeju 濟州市-a capital da provincia).
  • Seogwipo (西歸浦市).

Condados

editar

En 2005, os residentes de Jeju aprobaron por referendo unha proposta para unir todas estas entidades nunha soa, que sería directamente administrada polo goberno provincial, como parte do plan para crear a Cidade Internacional Libre de Jeju.

Símbolos

editar

Economía

editar

O orzamento para 2006 é de 1,11 billóns de dólares (1,11 trillóns de won), o que supón un 10% máis que o do ano anterior. Estímase que o produto interior bruto para 2006 será de 8,48 billóns de dólares (8,48 trillóns de won), cunha renda per cápita duns 15000 dólares.

Provincias irmandadas

editar

Jeju atópase irmandada con outras provincias insulares: